A FOLLA

| 0 comments

Caeu a folla das miñas mans
nun chan cheo de soidades.
Quixen collela,
pero un raparigo de pelos louros
saíu correndo
con ela
sen saber que era iso.
Dende lonxe
vin que facía un avión
e que, cunha inxenua enerxía,
pelexaba porque voara
polo novo ceo da súa idade.
Imposíbel.
E botou a folla nunha papeleira
chea de encostrados relembros.
A xuventude
non entende que unha vida
chea de recordos
pesa máis
que calquera forza milagrenta.

filoso@filoso.gal

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.