POEMA EN PROSA

| 0 comments

Morreu o amor. Díxomo un cadáver andante que atopei nunha beirarrúa deste Madrid noxento e agarimoso á vez. Espido e cheo de feridas emocionais colleume a memoria e tiven un orgasmo engulloso e noxento. Despois dun pracer fantasmeiro, quixen bicalo, pero non me deixou. Díxome que iso era para os homes de verdade, non para estes aprendices eternos que choran os sete mares cando falan da morte. Quixen convencelo de que eu levo anos sen chorar e botou uns risos que me ofenderon moitísimo. Para chegar a casa tiven que sortear unha morea de amortallados que botaban pola gorxa un sangue estamagado polo esforzo de facer o amor cunha sombra arrepiante. Non fagas nadiña, berroume na orella e sentín, outra vez, o mellor orgasmo da miña vida. Certo é que soamente sinto pracer cando a lembranza dunha muller se desenroupa entre os meus recordos.

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.