SEGUNDA SESIÓN DE PARLAMENTO XOVE CO
MÁXIMO NIVEL DE PARTICIPACIÓN DAS SÚAS 5 EDICIÓNS
– Coas prazas agotadas e tralo éxito da pasada edición, a organización subdividiu aos 44 equipos en dúas xornadas.
– Trala primeira sesión no pazo de Mariñán, o venres celebraranse os debates na Deputación da Coruña.
– Convírtese nunha das actividades de debate de secundaria máis grandes de España.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2013. O venres dá inicio a segunda sesión do Parlamento Xove 2014 logo dunha extensa etapa de formación iniciada o pasado mes de novembro. O PX´14 trátase dunha competición de debate organizada pola DXXV, na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización. A raíz dun estudo oficial publicado en novembro, “o 28,8% das adolescentes recoñece ter sufrido un “control abusivo” por parte da súa parella e, ademáis, o 4% asegura que sufriu agresións físicas por parte do seu mozo”; por tal motivo, a temática elixida é o “sexismo” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?
Nunha aposta pola utilización da palabra e do razonamento argumentado como medio para defender as propias ideas a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fixou en 48 o número máximo de equipos participantes nesta edición tralo éxito do pasado ano. Dende hai un mes aproximadamente estas prazas agotáronse, superando así os 220 participantes.
Nesta fin de semana participarán a segunda metade dos equipos xa que actividade se desenvolve ao longo de dúas sesións: unha para alumnado de 3º e 4º da ESO e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato. A primeira delas celebrou os debates os días 7 e 8 de febreiro no Pazo de Mariñán e a segunda o 14 e 15 de febreiro no salón de Plenos da Deputación de Coruña.
A dificultade da actividade está en que tan só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se dá a coñecer se lles corresponde responder “a favor” ou “en contra” á cuestión formulada pola organización. Tódolos equipos (formados por un máximo de catro alumnos e un profesor) investigaron durante os pasados meses e agora contrapoñen as súas ideas e datos; dende un punto de vista educativo, traballan tódalas competencias lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) ao incluirse un premio especial de artigos e outro de dossieres de investigación.
Lo que me gustaría saber es qué decía el hombre de la foto al sostener una pintura de Frida Kahlo.
Pues seguro que algo muy interesante. Es un orador brillante!!! Gracias por tu participación, Hugo.
Nese debate tratábase o tema de se a sociedade nos valoraba polo que somos ou pola imaxe. O rapaz que coido lembrar que era de Foz puña o exemplo de Frida Kahlo que se a valoramos non é pola súa imaxe senón pola súa obra.