Actualidad

Educación Primaria: que non se esquezan de nós


“Deste ano non pode pasar. A Especialidade de Educación Primaria está a ser, históricamente, a grande esquecida nas ofertas de emprego en Galicia”

“Por qué se seguen a ofertar case 500 prazas de Primaria ao ano no sistema universitario galego cando logo pasan varios anos sen convocarse?”

  • Ao contrario ca en Infantil, a Especialidade de Primaria leva catro anos sen convocarse.
  • Con máis de 400 prazas previstas, resultaría incomprensible unha oferta sen Primaria e moitos opositores esperamos que se faga unha distribución de prazas en todas as especialidades, incluindo tamén a Ed. Física e Musical.
  • Cando estudamos a carreira, dende a Universidade nos encauzaban a Infantil e Primaria por unha futura “extinción” das especialidades. Por iso, a pasada oferta de emprego en 2013 sen convocatoria para Primaria en Galicia pareceu moi incoherente.
  • A excepción de Galicia, en todas as demáis CCAA nas que houbo oposicións de mestres en 2013, houbo prazas para esta especialidade.

Este verán aos mestres opositores de Educación Primaria chegounos a boa nova de que a Consellería de Educación de Galicia pedía ao Ministerio de Facenda a elevación da taxa de reposición para poder convocar prazas para o ensino. Con isto, os docentes da especialidade de educación primaria consideramos que, tendo en conta a situación que levamos vivindo estes últimos anos este debería ser un bo ano para demostrar o noso traballo.

Dende a década dos 90 ata ben entrados os 2000 non houbo oferta de prazas para os mestres e mestras da nosa especialidade e dende o ano 2011 seguimos nesa mesma situación, ata este 2015 que parece se presenta cunha cara máis favorable. E faise aínda máis patente coa declaración por parte do conselleiro de educación de que a oferta para mestres será superior ás 400 prazas. Isto crea unha situación de esperanza de que este ten que ser o ano da especialidade de educación primaria, polo que demandamos que reciba un número o máis xusto posible de prazas.

A necesidade do incremento de docentes nos centros galegos é máis que evidente e todos somos conscientes disto, independentemente da profesión que desempeñemos porque todos buscamos o mellor porvir para os futuros e futuras doutoras, enfermeiros, empresarios, albaneis, xornalistas, camioneiras ou amos de casa. Atopamos ante nós a oportunidade de demostrar o moito que levamos aprendido e traballado estudando o noso temario, analizando a lexislación artigo por artigo, formando novas ideas creativas para resolver eses temidos casos prácticos e elaborando unha complexa e completa programación didáctica.

En conclusión, falando desde un amplo colectivo, a convocatoria de oposicións da especialidade de educación primaria debería ser ineludible, xa que non só somos a especialidade con maior número de mestres e mestras –e por tanto de xubilacións-, senón que ademais somos unha das máis esquecidas no último lustro. Confiamos en que sexa o sentido común o que guíe as decisións dos responsables do reparto de prazas por especialidade ofrecendo un bo número para a educación primaria.


3 comments on “Educación Primaria: que non se esquezan de nós

  1. Xoán M

    Non comprendo por qué a xente baralla outra posibilidade. Coñezo de boa fonte que haberá oposicións para todas as especialidades. E de Primaria en concreto, moitísimas.

  2. Raquel

    Totalmente de acuerdo!!! Vamos a por todas. Somos muchísima gente la que preparamos Primaria, así que tanta gente confundida no puede haber. Ni caso a los rumores!!!!

Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *