Los kilos, en bits

Compostela Gastronómica… y educativa


Inmersos xa nun novo curso escolar, vouvos propoñer unha actividade para realizar cos máis cativos que pode ter un alto contido educativo para os máis cativos se a facemos en familia (ademáis de divertido). Moitos xa oiríades falar dela, trátase do I Festival de cociña Galega Compostela Grastronómica”.

Nesta primeria edición da “Compostela Gastronómica” ademais da ponencia de recoñecidos chefs nacionais, faise un claro guiño tamén á nosa gastronomía galega coa presenza de mais dunha ducia de profesionais que traballan e residen en Galicia. Realizaranse igualmente distintos talleres nos que poder seguir aprendendo e sorprendernos ca cociña.

Gustaríame destacar dentro deste encontro dúas actividades.

  • O mercado como punto de encontro -o chamado “Espacio Gastro”- onde nos atoparemos nos propios  postos do mercado de abastos, distintas ofertas gastronómicas feitas polos nosos restauradores. Anímovos a percorrer o mercado das mans dos vosos fillos e degustar algunhas das tapas que se prepararán para este evento. Descubrir o mercado pode ser unha gran experiencia para vós e para os mais peques da casa, divertida e chea de sorpresas…
  • A outra trátase duns talleres dirixidos especialmente para os cativos, no que dunha maneira atractiva e divertida tentarán fomentar a importancia dunha alimentación sana e saludábel aspecto este moi importante como se escribiu sempre dende a nosa sección. Faranse tres talleres distintos Brochetas de mar y tierra, Es tiempo de mermeladas, Canapés con nuestros quesos y tartaletas dulces 

Paréceme unha actividade moi atractiva que, ademáis, é de balde. Anímovos a que fagades as inscripcións. A continuación deixo o enlace da páxina oficial do festival, no que poderedes consultar o programa, horarios, días de tódalas actividades e descargar tamén as autorizacións para anotar os vosos fillos nos talleres.  Disfrutade na cociña, da comida  e coa familia.

 

http://www.compostelagastronomica.es/programa

 


Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *