Gigas de recursos

Apps, tablets e proxectos TIC para alumnado con NEAEs


Foto: captura de pantalla creappcuentos.com

 

  • A xornada ‘As tablets no ensino e na atención á diversidade’ serve para que os docentes presentes se familiaricen con emprego das tablets e coñezan novas apps.

 

Ao longo da tarde de hoxe, e tras o relatorio de apertura de Pere Marqués arredor do uso das tablets, os 200 asistentes asistirán á mesa redonda ‘Axudan as TICs’, que contará coa participación dunha alumna do CEE Nosa Señora de Lourdes, e de mestres especialistas en educación especial e en pedagoxía terapéutica, entre outros profesionais do eido.

Nos obradoiros da mañá do sábado poderán familiarizarse co uso das tablet desde o punto de vista docente, con formación específica sobre aspectos técnicos como a súa conexión a un proxector, configuración, emprego de antivirus, memorias USB ou aplicacións. En concreto, abordarase o uso de aplicación ‘Creappcuentos’ (www.creappcuentos.com) para a creación de contos ou historias de xeito sinxelo ou intuitivo, coa utilización de sons gravados polo creador, así como as opcións para imprimir ou compartir coa comunidade educativa o proxecto final. Ademais, presentarase a aplicación gratuíta ‘Sígueme’ (www.proyectosigueme.com), que ten como obxectivo potenciar a atención visual e adestrar a adquisición do significado en persoas con Trastorno do Espectro Autista e Discapacidade Intelectual.

Outro dos proxectos que se abordarán no programa será o ‘in-TIC’ (www.intic.udc.es), dirixido a facilitar ás persoas con diversidade funcional o acceso ao ordenador ou a dispositivos móbiles, á comunicación e á estruturación temporal, adaptándose ás capacidade, necesidade e intereses de cada persoa. De feito, entre outras posibilidades, este proxecto permite a creación de taboleiros personalizados ou entornos virtuais máis sinxelos. Cómpre salientar que In-TIC resultou finalista nos premios Eganet 2009 e nos premios Accesibilidade DFA.


Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *