Gigas de tinta

Charla no IES de Teis


Os vindeiros 11 e 12 de febreiro terán lugar as XV Xornadas de Emprego no IES de TEIS (Vigo). Coordinadas por María Jesús Diéguez Machado, profesora de FOL do IES, as xornadas contarán con varias conferencias e, tal e como nos informou o propio centro, nunha delas un profesor da Escola de Negocios de Vigo explicaralles ós/as alumnos/as como crear e posicionar a súa marca persoal en internet.

Neste centro impártense ensinanzas de ensino secundario e ciclos de FP de imaxe persoal e informática e, pensando especialmente no almunado deste último ciclo, incluirase un monográfico acerca de blogs e marca persoal, no que terei o pracer de participar acompañado de varios compañeiros de Gigas de Tiza. Temos que manifestar que nos fai especial ilusión, asistir unha vez máis a un novo centro educativo para dar a coñecer a nosa experiencia e esperamos poder contribuir humildemente na súa formación.

No momento en que se ultime o programa con datas e horas, publicarémolo a través desta vía para que poidades coñecer esta interesante iniciativa.


Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *