Estudios y datos curiosos

Menos docentes, menos calidade?


Achámonos perante un problema de cantidade ou de calidade?

É axeitada a formación universitaria que reciben os futuros profes?

Nas facultades explícanse as bondades do “papelógrafo” como recurso educativo mentres os cativos manexan o iPhone de mamá antes de saber falar.

“O ensino público galego perdeu 1.168 docentes en cinco anos mentres aumenta o alumnado”

Baixo este titular, o Correo Gallego abre a súa edición dixital nestes mesmos intres. Na nova dáse a coñecer que, “segundo os datos do Ministerio de Educación, relacionados no seu sitio web no curso 2008-2009 había 29.846 docentes no ensino público, e na actualidade (2012-2013), a cifra baixou a 28.678, que significa que as aulas públicas galegas perderon 1.168 profesores e profesoras. (…) Paradoxalmente, o número de alumnos aumenta. Xa se comparamos as cifras dos dous últimos cursos vemos un incremento de 7.258 estudantes no total, ao pasaren de 281.869 a 289.127. Tamén se constata das cifras recollidas polo Ministerio, os aumentos de alumnos na Secundaria, moi especialmente na Formación Profesional. Só o Bacharelato rexistra un lixeiro descenso nas matrículas.”

A pesar destes datos, tal e como comenta un anónimo na nova publicada, o informe 2013 da OCDE subliña que a ratio de profesor/alumno en España (8,9 alumnos para cada profesor) é inferior á media (13,6) e incluso está por debaixo da da Unión Europea (11,8). Galicia sitúase, segundo os datos do xornal en peor situación que a media española pero mellor ca a Europea.

Creo, en calquera caso, que o debate das cantidades é un debate ficticio e a proba disto nola dan paises coma Finlandia, Alemaña ou Reino Unido, que oscilan entre os 12 e os 15 alumnos por docente. É, pois, o número de docentes por aula decisivo para que a calidade da docencia sexa superior? Qué ocorre no noso país para que o gasto en educación sexa superior e o fracaso escolar se manteña?

Descoñezo, dende logo, cal é a auténtica orixe do problema e, por ende, cal é a solución… mais considero que todo podía empezar por unha formación universitaria aos futuros mestres de maior calidade, que fuxa de arcaicas teorías e se achegue á realidade cotiá das aulas. Hai profesores universitarios aos que se lles enche a boca explicando as bondades dun “papelógrafo” como recurso educativo mentres os cativos manexan o “iPhone de mamá” antes de saber falar e debuxan a cotío na pizarra dixital da escola. Ten sentido que ensinen a ser docentes algúns catedráticos que non pisaron nunca un aula? Por aquí podía empezar o debate.


5 comments on “Menos docentes, menos calidade?

  1. Bravo!! Practicamente coincido plenamente coa túa exposición. Non sei se coñeces a John Hattie e os seus estudos pero dende logo creo que temos MOITO que mellorar! Comparto o enlace vía Facebook 🙂

  2. mlrs

    Una reflexión interesante. Ahora bien, como digo ya para cualquier otro ámbito, ojo con las estadísticas, a mí no me valen si no veo lo que hay dentro, el “cómo se hizo”. ¿Estamos mezclando maestros y profesores? ¿Somos conscientes de la dispersión de población que hay en Galicia, sin ir más lejos?. En las ciudades principales un profesor de ESO/Bachillerato tienen aulas de 20-25 alumnos, estas cifras bajan radicalmente en zonas del rural. El promedio es el que es, pero esa ratio promedio no se puede considerar como medida de casi nada.

  3. Pingback: Novedades en Magisterio | Gigas de Tiza

  4. Pedagogo 1

    Cierto lo que se comenta en este artículo, pero… comparar los datos con la media de la OCDE o la UE no debiera ser un referente para un país que pretenda ser de primer nivel mundial, ¿Por qué? pues porque en la OCDE están países como Estonia o México que hacen que hacen que la media de la ratio aumente, lo mismo sucede en la UE con países como Eslovenia, Malta… sin querer tener un tono déspota hacia ellos, ni mucho menos. Creo sinceramente que el referente en cuanto a comparativa debieran ser los países con mejores resultados en informe PISA, por ejemplo Finlandia y como bien dices en este artículo, este país tiene una media aproximada de 15 alumnos por aula. ¿Cuál es la media legal en España? (legal, es decir, que pueda haberlos en clase y en muchos casos hay): 25 en infantil y primaria, 30 en la ESO y 35 en bach. (los repetidores a mayores). Comparando esto con los 15 de Finlandia, podría ser que fuese un factor determinante de rendimiento académico, a mi juicio, lo es.

  5. Ensino púbico e de calidade

    Paréceme interesante esta última aprezazóm, mais considero que convén recordar que o máximo de alumnado en Finlandia por aula en Primaria é 24 alumnos, ou sexa case idéntico ca na Galiza. É dizer, que numhas aulas finlandesas haberá os mesmos alumnos ca aquí porque tampouco convén esquezer que na Galiza dase esa media porque os dous terzos da poboación é rural e pode haber un profe para 5 ou 7 cativos. Esa “media” de 25 alumnos por aula é irreal absolutamente. Soamente é frecuente para unha mente urbanita, sen ánimo de ofender. Asím pois, estou de acordo con que non é tanto o problema do número de profesores senón que se nos respecte dumha vez, que se nos emvalorize e que a formazóm universitaria recibida sexa de calidade e non a vergonza que temos aquí en Santiago.

Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *