Inicio > Galiza Vaiven > A Ciencia

A Ciencia

domingo, 19 de octubre de 2014

Hai unhas cantas décadas o coñecemento estaba espallado entre as comunidades e era diverso como diversos eran os ecosistemas, os réximes políticos ou os modelos económicos onde fora concibido. Ese coñecemento transmitíase entre xeracións mediante a relación entre mestre ou titor e aprendiz. Tamén é certo que, ao menos entre nós, estaba compartimentado por xénero e clase social, con barreiras que impedían a súa libre circulación.

Hoxe a produción e distribución de coñecemento mudou drasticamente. Prodúcese a través dun único método acreditado, o hipotético – dedutivo. Toda alternativa é desprezada ou denunciada como ilexítima. Este novo coñecemento circula por instancias universitarias, institutos de investigación, departamentos de I+D e revistas especializadas, encriptado nunha xerga indescifrable para os legos e trazando a elipse dun circuíto pechado. Algunha pinga chega ao común da cidadanía, traducida por xornalistas e divulgadores, pero non deixa de ser unha fracción anecdótica. Por suposto o que se estuda vén condicionado polas prioridades dos financiadores, é dicir, por fins lucrativos (patentes), ou por intereses políticos.

Nas sociedades actuais a Ciencia (mal que lles pese aos bos científicos) ostenta o papel que antes se lle atribuía á relixión: o monopolio da verdade. O aparello da Ciencia é unha bela e formidable construción humana, e as súas conquistas, asombrosas. Pero ten os seus pecados orixinais. Non é desligable do contexto socioeconómico que a fixo (e fai) posible e opera a favor dunha uniformidade mundial do coñecemento que a todos nos empobrece.

Marcos Lorenzo

Galiza Vaiven

  1. Susana Lorenzo
    domingo, 19 de octubre de 2014 a las 23:54 | #1

    Sin embargo, y en mi experiencia, ya hay mentes, educadas en las universidades de mas prestigio del Reino Unido, donde, de forma personal, rechazan, por ejemplo, la idea de que algo que el pueblo crea ser verdad pero la ciencia no apoye, no significa en absoluto que no sea cierto en si, sino que es muy posible que la ciencia simplemente ‘aun no haya sido capaz de verificarlo’. E incluso que conocimientos adquiridos por la ciencia (sobre todo si tecnicas estadisticas habian sido usadas en su proceso) sean desmantelados tiempo mas tarde al reconocerse que ese ‘conocimiento’ era mas complejo de lo que se creia y al estudiarlos de nuevo llevan a conclusiones muy contradictorias o que simplemente niegan el ‘conocimiento adquirido anteriormente’ y la nueva verdad es, simplemente, totalmente diferente.

  2. Gonzalo
    lunes, 20 de octubre de 2014 a las 11:38 | #2

    Subscribo o último parágrafo! 😉

  3. Isabel
    lunes, 20 de octubre de 2014 a las 21:40 | #3

    Há certas coisas que som certas, e é que o que estuda a ciência está ligada a que a financiem. Mas todas as pessoas podem utiliçar o método científico para chegar ás suas conclussons. Como ex-cientista (nom ejerço) porque na Galiza nom há futuro na investigaçom, direi que nada tem a ver com a religiom. A ciência pode e deve ser reproducível e descifrável por numerosxs colegas, que escrutinam o teu trabalho. Nom tem nada a ver com a religiom porque qualquer pessoa (que saiba, claro) a pode reproduzir e rebater as tuas afirmaçons e porque a ciência nom se mete a discutir cousas que nom sejam experimentáveis para ser reproducíveis (é o que se di que seja falsável). É dizer, a ciência nunca estudará se existem unicórnios azuis porque nom existe maneira de fazer um experimento que prediga isso e que outra gente poida contrastar. Xs cientistas, se aplicamos o método científico (que há cientistas que nom o aplicam fóra do seu trabalho) fazemos o contrŕário a reproduzir dogmas, que é experimentar, debater e ver se os dados condordam com as nossas hipóteses. De nom darmos certo, mudamos. É dizer, a ciencia baseia-se na razom. Eis um exemplo da aplicaçom do método cientfíco. http://pt.slideshare.net/popecologia/fazendo-cincia… Outra cousa é que queiramos renunciar á razón e deixar-nos guiar por outras cousas que nom sejam a lógica. Mas essa é umha decissom pessoal que nada tem a ver com a ciência. Negar a vericidade á ciência porque nom se entende é como negar o conhescimento dos livros porque nom se sabe ler.

  4. Gonzalo
    martes, 21 de octubre de 2014 a las 17:04 | #4

    A idea central, de que existe unha tendencia a substituir o papel da relixión como autoridade moral, polo da ciencia paréceme correcta. Nos dous casos é un subterfuxio do poder para escamotear á cidadanía a capacidade de decidir. No caso do uso político da ciencia, se trata de reducir os problemas a problémas técnicos e que, consecuentemente, teñen unha solución obxectiva. Se nega así a vertente política e a soberanía da poboación.
    Outra cosa é o grado de xeralización que se acada no segundo parágrafo, ao meu xuizo, excesivo e aderezado con algunha licenzas notables.
    Existe, por exemplo, múltiples coñecementes con distinto nivel tácito, que se xeran na interacción entre os sistemas productivos e os socio-territoriais. Coñecementos ligados a especialización produtiva dos territorios que non son de orixe científica y aos que a “ciencia” recoñece o seu papel (por exemplo, a teoría evolutiva da innovación”) independentemente de que sexa difíciles de cuantificar.
    A diferencia entre unha elipse e unha espiral pode ser sutíl, pero moi relevante respecto á evolución.

  5. Inês
    martes, 17 de marzo de 2015 a las 23:26 | #5

    Desconfio de qualquer artigo que se início com um canto aos tempos passados, a essa Arcádia primigénia à que muitos ignorantes –talvez por comodidade– do método cientifico gostavam de voltar. Acaso «antes» nom era o latim, grego e árabe em que se transmitiam os conhecimentos apenas do domínio duns poucos? Acaso a própria técnica da escrita nom era um conhecimento restringido?

    Desde os manuais de artes do combate até os textos mais crípticos sobre alquimia, passando polos saberes mais populares acerca de onde se encontravam as melhores áreas de pesca ou a forma em que se torneava melhor o roncom duma gaita, sempre houve por parte das pessoas uma vontade de ocultar o conhecimento aos olhos de outras — a própria sociedade gremial pré-industrial assentou-se nisso.

    Nunca tanto conhecimento se partilhou como hoje em dia. Nunca tanto e de tantas cousas souberam tantas pessoas. Projectos como a Wikipédia superam amplamente os sonhos mais estremos de quaisquer enciclopedista do Iluminismo.

    Nom vou entrar na questom da valia do conhecimento científico porque a) há já pessoas que falaram mui bem nisso em outros comentários e b) porque acho, a dia de hoje, que está fora de todo debate entre pessoas bem formadas. Mas artigos como este dirigem erradamente a opiniom pública a uma desconfiança de essa forma de conhecimento, quando deveram de estar a exigir mais e melhor divulgaçom do mesmo.

  6. Inês
    martes, 17 de marzo de 2015 a las 23:54 | #6

    E falando na necessidade de conhecimento, comecemos pola nossa língua:

    – «por suposto» (=«com certeza», «claro», «sem dúvida») é um decalque do espanhol.
    – «ao menos» («polo menos», «tan sequera») é outro decalque de «al menos».
    – «é dicir» é mais um decalque: deve ser «isto é» ou «quer dizer».
    – «encriptar» é meter numa cripta. Embora ultimamente há tendencia a fazer esse uso, por influência do castelhano e do inglês, prefere-se dizer «cifrar» (converter numa «cifra», uma escrita secreta).

  1. miércoles, 18 de marzo de 2015 a las 00:02 | #1