David Amor sobre ‘Esfínter’: “É un espectáculo para pechar o ano, a partir de ahí, que cada un entenda o que quera”
Javier Veiga, Roberto Bodegas e David Amor “vuelven a casa por Navidad”. ‘Esfínter: un espectáculo para pechar o ano’ é a proposta coa que os galegos buscan despedir este 2021 entre anécdotas e dobres sentidos. Para saber que aventuras poden xurdir en medio das restricións e confinamentos, non che queda outra que pasarte polo Auditorio ABANCA este 28 de decembro. Por sorte, David Amor traenos un aperitivo…
“Esfinter: un espectáculo para pechar o ano” non pode ter máis dobres sentidos, ¿de onde vén este título?
O título, aínda que sinto moitísimo decilo e una xenialidade de Javier Veiga. Cando pnesamos en facer un show, comezamos a pensar diferentes nomes e namoreime desta idea dende o principio. Xa lle declarei o meu odio eterno a Javier, porque ademáis creo que será o mellor chiste de todo o espectáculo. Estos espectaculos son coma unha xuntanza. O único que queremos e celebrar a vida e despedir o ano xuntos, entre nós e ca xente. É un espectáculo para pechar o ano, a partir de ahí que cada un entenda o que quera.
Como é subirse a un escenario con dous grandes humoristas e amigos como eles?
É unha alegría. Na nosa profesión, que somos moi de andar solos polo mundo como monologuistas, está ben poder xuntarse e velos. Moitas veces queres ir a ver a outros compañeiros e non podes porque estás actuando, esta é unha forma de compartir tempo con eles. Este é o luxo da nosa profesión, facer o que queres, cando queres. Non en todos os traballos podes escoller con quen traballas.
A idea xira en torno a contar as anécdotas que vós desparou este último ano. Que aventuras poden saír dunha época de restricións e confinamentos como esta?
Para saber eso hai que ir ó teatro, se cho conto para que vas vir? (risas). O espectáculo vai sobre todo o acontecido nesta época, cada un no seu estilo que é o bo destes espectáculos. Ó final situacións de comedia hainas en todos os momentos, hasta nun enterro hai algún momento no que botas unhas risas. O humor é coma a auga, sempre encontra o seu sitio.
Os tres sodes galegos, vai vir o espectáculo cargado de ese humor galego que nos caracteriza?
Cal é o humor galego Pauli che pregunto eu? Eso non existe. Existen temáticas que solo entendemos nós, como nunha familia; pero non hai un humor galego, eso é un invento, “son los padres”… A risa é unha emoción universal, como a tristeza ou a dor. Eso existe en todo o mundo. Despois, se falas de cousas da túa aldea, ou de cousas de aquí a xente entenderá mellor. Pero non é humor galego, o humor de aquí haino en todo o mundo e o de todo o mundo haino aquí. Al menos eso creo eu…
E o público galego? Pensas que é outra invención eso de que a xente do sur é máis “salada” ca nós?
Eu creo que non, que somo todos iguais. Tamén é verdade que eu que son de Santiago vou un día de agosto a Pontevedra e a xente ten máis ganas de falar e de estar por ahí. Se está chovendo non hai esas ganas, é normal. Non é cuestión de carácter, senón de climatoloxía. Aquí no norte o público é máis paciente, porque sempre houbo a tradición de contar contos na lareira os días de chuvia.
Despois destes meses de pandemia, pensas que o humor estase volvendo máis necesario que nunca? Foi complicado ter que intuír as sonrisas detrás das máscaras?
O humor sempre é importante, non hai un momento da vida no que non o sexa. Eu sempre digo que o humor é o motor da vida, se estás ben apetéceche rir e se non estás ben faiche ben que che fagan rir. O das máscaras si que foi complicado ó principio foi complicado, era raro non poder ver as caras. Despois te acostumbras e comezas a intuir outras cousas da xente, outros xestos. Pero é verdade que ó principio era complicado, porque non lle ves a cara e non sabes se está rindo, se está chorando…
Eres unha persoa moi activa nas redes socias, fai só unhas horas subiches unha nova foto. Pero, que che parece máis difícil? Facer humor enrriba dun escenario ou detrás da pantalla?
Detrás dunha pantalla. Admiro moito ós instagramers. Eu as uso tamén, pero téñoas como un hobby. Alucino ca xente que as ten como un traballo e é capaz de xerar contigo con tanta axilidade. É moi difícil xerar tanto contido. A xente que é orixinal, como Xurxo Carreño, parécenme uns fenómenos.
Últimamente, sobre todo co auxe das redes sociais, cada vez vemos máis temas sobre os que parece que non se pode bromear. Pensas que hai certa hipersensibilidade? Algunha vez dixeches “mellor non digo esto que se pode armar unha boa”?
Moitas veces, por medo. Non é que nos estemos volvendo sensibles, senón que hai certa hipocresía. Cosas que moita xente diría noutros contextos, se as di outro, xa lle silban por quedar ben. Casi poderíamos facer unha entrevista só de este tema, porque ten moito que mirar…
O tema da saúde mental xa ocupa as portados dos xornais, levades cómicos e actores a tristeza máis gardada do normal? Saltaches ó esceario algunha vez roto por dentro?
Como todo o mundo, ti no teu traballo haberá días nos que estés triste e non quererás que te vexan así. A nosa profesión é moi bonita y é verdade que non vale calquera, pero non é unha profesión especial. Non somos seres humanos especiales, levámolo para dentro cando estamos de cara ó público, pero logo cos compañeiros se estás triste pides axuda e non pasa nada. Igual que un profesor que lle morreu o pariente ou un dentista que pasou mala noite e ten que ir traballar, eu tamén salteu triste moitas veces. Ó final, vas e fas o teu traballo, non hai romanticismo posible.
Nos teus inicios na tele, bautizáronte como David Amor porque eras unha persoa moi cariñosa. Agora mesmo, sínteste representado por ese nome? Algunha vez pensaches en cambialo?
Eso foi en ‘Supermartes’, unha cousa de Piñeiro que decidiu que eu tiña que ter un nome artístico. A miña personaxe era moi cariñosa con todos os invitados, sobre todo con todas as invitadas que viñan e decidiron que o meu nome tiña que ser David Amor. En realidade non era tan cariñoso como quería hacer ver o nome naquel momento, pero depende do día. Trato de que a xente vexa esa parte, pero no meu día a día hai días que son máis cariñoso, e outros que menos. Tiven uns anos, cando fun para Madrid, que estaba moi pesado con separar as carreiras de humorista e ficción. Pensei en facerlle un homenaxe a miña nai e usar como nome artístico o apelido da miña nai, pero a xente xa me coñecía como David Amor, así que así quedou.
Este ano puidemos verte noutros espectáculos como ‘En la pista’, como foi esta experiencia? Tes algún proxecto especial gardado baixo a manga para este 2022?
‘En la pista’, era unha obra de teatro dun autor inglés, que é o terceiro máis representado, adaptada ó castellano. Fíxose alí no Teatro do Soho de Málaga, de Antonio Banderas. Banderas quería facer unha gran produción teatral e dedidiu facer esta montaxe. Eu tiven a sorte de participar nela, é unha obra moi interesante cun humor bastante negro. Para o 2022 hai moito do que vai xurdindo en cada momento, pero eu creo que xa me vai tocando unha película. É o que máis me apetece e ojalá o 2022 traía esa película tan desexada.