A cama da noite

A cama da noite

A miña noite é escura, fría e bretemosa, mais ninguén o entende. Nestas noites de trinta grados de madrugada a xente fala de festas, orxías e sexo sen coñecemento. Eu non podo. Cada vez que chega a noite e déitome na cama sinto a soidade correndo e medrando polas miñas veas e polo meu sexo. E iso que cada noite cambio as sabas para que non ulan a ti. De nada serve. Cando entro en contacto con elas noto o teu  famento ulido físico, ese mesmo que me facía explotar de pracer. E quedo atrapado nel. Non podo esquecer que detrás de cada amorodo compartido había un bico de éxtase corporal. Mais a friaxe de tódalas miñas noites conxela calquera átomo de desfrute.
nocturno@nocturno.gal

Orgasmo nocturno

Orgasmo nocturno

Entrei na túa noite coma un adolescente inexperto bica a unha muller adulta. Cheo de ledicia, tremores e precipitacións. Quixen coñecer o sabor da túa pel e me dixeches que a miña lingua non sabía de praceres, que era como se levara anos sen sentir outro corpo. Eu insistín e collín a túa man para que notaras a forza do amor e soltaches unha palabra que agora son incapaz de lembrar. Quedei en silencio a túa beira mirando cheo de envexa o teu brincadeiro, vital e sensual peito. Quixen poñer a man sobre el e espertei empapado en suor. Daquela, entendín que os praceres senlleiros en noites de treboada rematan sempre na cama dun solitario de cinco dedos.
nocturno@nocturno.gal