Tódolos días…

| Sin comentarios

Tódolos días,
ó serán,
cando abate a canseira,
recollo as miñas vivencias
-as reais,
as desexadas
e mailas esquecidas-
nunha pequena esmoleira;
e despois de pousaren,
coa axuda dunha menciñeira,
van tomando
o perfil e maila forma
dun nacente poema.
(Cinzas ó serán)

filoso@filoso.gal

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.