Proposta

| 1 comentario

Noite de tebras,
de negrume densa e testuda,
choiva nas entrañas
e no corazón unha queimura.
Silente lembranza
daquela serodia feitura,
quixen bicala,
pero perdeume a súa tenrura.
Queredes coñecela?
Adentrádevos comigo
na fraga desta voz hoxe murcha
e poderedes ver,
en col do seu latexante corpo,
a impotencia da miña negrura.
(Cinzas ó serán)

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Un comentario

  1. Muchas gracias por escribir. Te sigo.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.