Poética

| Sin comentarios

Nos latexos dos meus versos
defendo as miñas crenzas,
confeso a fe dos meus,
espallo o recendo da nosa terra,
e fago con eles unha trincheira
colmada de astros e de estrelas.

Nos latexos dos meus versos
sinto a vida sen medos nin cadeas,
sepultando os meus cipreses
nun tempo de brancas camelias,
e trazo, con pulso firme,
nunha beira sempre viva,
o perfil dunha espida letra.
(Verbas da terra)

filoso@filoso.gal

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.