De novo, o espello

| Sin comentarios

Volveu a min ese coro de turbadores anxos negros que obstinadamente escruta o meu calcinado perfil e balancea unha infinidade de cinguidas miserias no recordo dun amor que nin sequera fun quen de vivilo. E mira que eu quero esquecelo, soterralo e prenderlle lume, para que eu poda renacer das miñas cinzas cunha faciana nova, sen sentimentos pendentes, sen famélicas dúbidas, e cunha man disposta a poñela no teu colo para que o teu peito palpite na miña memoria. Pero todo se precipita, cunha vertixinosa velocidade, polo precipicio do eterno sufrimento.
(Noites)

www.elblogdejosemariamaiztogores.net

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.