Circuncisión

| 1 comentario

Unha circuncidada máscara inmóbil amósame, como nun xénese perpetuo, segundo a segundo, o pulo dun instinto lucente; e anúnciame (afumado do teu abismo de cereixas) un último retallo de pel que nas miñas mans gardo desbocado e luxuriante para ti. Xa non podo máis. Aquilo que ti me dixeches con verbas recendentes hai varios séculos da miña soidade hoxe é un espello ferinte que me amosa un ser senlleiro e promiscuo en recunchos espidos de calor humano.
(Noites)

filoso@filoso.gal

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Un comentario

  1. Me cuesta más comprender la poesía. Pero se ve tú carácter melancólico gallego.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.