16 octubre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Tódolos días…

Tódolos días, ó serán, cando abate a canseira, recollo as miñas vivencias -as reais, as desexadas e mailas esquecidas- nunha pequena esmoleira; e despois de pousaren, coa axuda dunha menciñeira, van tomando o perfil e maila forma dun nacente poema. … Sigue leyendo

5 octubre, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Contos de vello

Pola  noite, entre  fusco e lusco, tódolos nenos da familia sentan no chan compoñendo unha harmoniosa roda arredor do avó. As súas mans, antonte fortes e vigorosas, hoxe tremen coma sarmentos ó vento. A artrose deformounas hai uns cantos anos, … Sigue leyendo

28 septiembre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Busco o comezo e só atopo o final

Enlazando con aquela tarde na que ti me deixaches de falar por un motivo de xeito evidente caprichoso direiche que me encanta o brillo dos teus ollos cando che enfureces co meu torpe verbo. Busco o teu punto débil e … Sigue leyendo

22 septiembre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

As espiñas da rosa

Unha cidade calquera. Unha terraza calquera. Unha tarde calquera. Unha muller e un home e dúas cuncas de café sen consumiren. Ti e máis eu? Quizabes. Tal vez. Que máis dá! O caso é que dúas persoas sentan a unha … Sigue leyendo

14 septiembre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Dona Ernestina a Xenerala

Non hai familia que non presuma, se quere facelo, de que algún dos seus antepasados participase en determinados conflitos relixioso-políticos ou paraculturais. Todos, cando miramos cara aos nosos devanceiros, imaxinamos a algún deles, para iso están as lendas familiares, ben … Sigue leyendo

8 septiembre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Poética

Nos latexos dos meus versos defendo as miñas crenzas, confeso a fe dos meus, espallo o recendo da nosa terra, e fago con eles unha trincheira colmada de astros e de estrelas. Nos latexos dos meus versos sinto a vida … Sigue leyendo

1 septiembre, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Declaración de intencións

Trémeme o pulso. A miña fronte humedécese e un lixeiro comichón nos ollos faime palpebrexar de modo insistente. José María, deixa de teatralizar e ponche a escribir o que me dixeches onte que querías comunicar aos teus lectores. Se os … Sigue leyendo

30 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O Pico Sacro

─Atende, rapaz. Primeiro que vaiamos realizar ti e mais eu a ascensión ó Pico Sacro, quero que saibas algunhas cousiñas da súa historia. É un dos montes máis coñecidos de Galicia e a lenda sempre vai con el. Isto díxomo … Sigue leyendo

28 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Lembranzas

Lembro… Aquel recóndito recuncho na fría e frondía adega da nosa casa do Burgo (Vedra, A Coruña) onde nos ocultabamos para dar inocentes bicos ao viño de misa que os nosos maiores crían ter alí a recado dos nosos desexantes … Sigue leyendo

26 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O terreíño

A idea foi miña. Dúbidas na xestación. Iso é malo. O que nace con incerteza desenvólvese sempre con titubeos e suspicacias. Propúxenlle un sábado pola noite, despois dun tapeo frugal, ir un día para cear a Compostela. Encantoulle. Viuna como … Sigue leyendo

24 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Os ladridos da noite

(aos insomnes, homes e mulleres que buscan, e non atopan, o día na noite) Outra noite máis chegou, e con negra sabana abrigoume, e o meu soño novamente, abandonoume. Insomnio! Estas novamente aquí, non regalas tregua algunha, e tesme outra … Sigue leyendo

22 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O supositorio do cardeal

En todos os tempos da nosa historia hai inxentes exemplos que nos levan a afirmar que non hai servilismo sen interese. Os que estadean poder sempre teñen no seu redor a alguén que os louve de bo grao. Será porque … Sigue leyendo

20 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Ausencia

Ausencia é ver a escura neve azoutar en branco asaño un non rematado aloumiño, mentres o teu perfil entre mil sombras se esvaece. (Ausencia) filoso@filoso.gal

17 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Circuncisión

Unha circuncidada máscara inmóbil amósame, como nun xénese perpetuo, segundo a segundo, o pulo dun instinto lucente; e anúnciame (afumado do teu abismo de cereixas) un último retallo de pel que nas miñas mans gardo desbocado e luxuriante para ti. … Sigue leyendo

15 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Noutra ourela

Non quero que este texto sexa unha lambiscada. Alguén, noutro tempo, díxome que saíra liscando dela. E aquí estou. Perdón se é deste xeito. Ten xa uns poucos anos, inda que o sentimento é o mesmo. Quizabes maior. Non debemos … Sigue leyendo

13 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O bauprés ferrolán

Vivía nunha aldeíña perdida da comarca compostelá. Era o crego con máis sona que Deus puxo na terra. Arre, demo!!! Aí vén o Trespés, dicían os rapaces da parroquia cando o vían camiñar dun xeito moi desacompasado polas corredoiras da … Sigue leyendo

11 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Aquel día

Terminaba o outro día escribíndoche un mínimo esbozo do noso primeiro encontro alá por un agosto de xa fai cinco anos. Recordo por aquel entón un Madrid diúrno semideserto pola asfixiante calor, pero pleno de vida nocturna. Vou tentar ser … Sigue leyendo

9 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Vacacións nun 600

O sol cae en picado. Non se move nin unha folla das árbores. O día está a ser sufocante e tórrido. Poucos días no val da Maía con esta calor caldelenta no mes de agosto. Pero sempre veñen algúns; nin … Sigue leyendo

7 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A illa deserta

Habito unha illa deserta. Cascallos dun naufraxio testemuñan un pasado glorioso que comezou a se esvaer cando ti fixeches de min unha dorna sen ribeira. (A illa deserta) filoso@filoso.gal

5 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Performance

Os meus queixumes, entalecidos de soidade, e os meus feridos dedos soñan con posuír o teu corpo de avena, e non a súa sombra, nun xardín feito todo frenético paraíso. Pero todo convértese nunha performance obscena e emporcallada que nubra … Sigue leyendo

3 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Inventario caótico

Non me chistan os lectores dun único libro, os comentarios maledicentes, os bicos que deixan na meixela un húmido regueiro de pingas, as tendas con cheiro a ambientador de framboesa e kiwi, o café hiperestimulante das máquinas dalgúns ministerios, os … Sigue leyendo

31 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O teclado predictivo

Os que guasapeamos ou usamos o móbil para escribir diferentes cousas sabemos do que estou a falar. Ese maldito teclado que che corrixe o que escribes sen o menor pudor. A anécdota que vou relatar nesta entrada é verídica cento … Sigue leyendo

27 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A pantalla en branco

Profe, quero dedicarme a escribir, díxome nos derradeiros días do curso que acaba de morrer unha alumna nada máis saír dunha clase na que estivemos a departir sobre o oficio de escritor na Idade Media e no Renacemento. Eu pensei … Sigue leyendo

24 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
2 Comentarios

Non sei nadar

Se puidese lembrar que estou buscando pararía a descansar, se soubese en realidade que estou pensando xa podería respirar. (QUE SÓ ESTAS, Álvaro Urquijo / Enrique Urquijo) Non hai nostalxia peor que estrañar o que nunca xamais sucedeu. (COA FRONTE … Sigue leyendo

20 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Introdución

Quien puede olvidar de viejo los tiempos de feliz chaval, fumando de noche a escondidas, sabiendo que eso estaba mal, tirando la colilla, mi madre que me pilla, mi padre me castigará; y mi primera trompa sisando de la compra … Sigue leyendo

17 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Proposta

Noite de tebras, de negrume densa e testuda, choiva nas entrañas e no corazón unha queimura. Silente lembranza daquela serodia feitura, quixen bicala, pero perdeume a súa tenrura. Queredes coñecela? Adentrádevos comigo na fraga desta voz hoxe murcha e poderedes … Sigue leyendo

13 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A soidade nocturna

A soidade nocturna, xerme da miña belixerante ansiedade, é un sapo delirante que croa vidrosas imaxes arrolando as miñas cobizosas mans nunha descomposta amálgama de sedentos amenceres espidos. Endexamais o sapo converteuse nunha raíña. Sempre croou notas de vergoñenta sufrideira. … Sigue leyendo

10 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Dende mozo, tras da poesía…

…galega. Sinceramente, pouco interese tiña cando neno polo descoñecido mundo do verso. Xacando parecíame un dos tres xéneros básicos da literatura. Coñecía moi ben a teoría do colexio: O poeta, a partir dunha actitude íntima,  interpela a realidade do seu … Sigue leyendo

6 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Ti non es escritor

Onte estiven a falar co meu alter ego. Foi unha conversa moi dura, pois el comezara xa cunha frase ferinte: Ti non es escritor. E por que? Non hai escritor se non hai recoñecemento público. Mentira, dixen eu removéndome no … Sigue leyendo

3 julio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Ler o xornal

É un dos máis grandes dos meus pequenos praceres. Como dicía Cervantes, eu teño unha gran afección pola lectura, aínda que sexan papeis rotos. Semellante a saborear un bo viño da terra. Semellante a cultivar unha enriquecedora conversa. Semellante á … Sigue leyendo

29 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
2 Comentarios

Os meus comezos cos libros

Como lector consciente diso, resúltame moi difícil poñerlle data exacta aos meus primeiros pasos polo mundo da narrativa. Gustaríame, pero tampouco son capaz de lembrar os primeiros libros que lin con verdadeira fruición, pois hai unha sucesión de títulos, unha … Sigue leyendo

22 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O encontro

Nunha das miñas últimas estadías en Compostela, hai un ano máis ou menos, no mes de maio, ocorreume unha pequena anécdota. Iso pensara nun principio; porque, en moitas ocasións, as anécdotas voan como paxariños ceibes, pero despois converteuse no xermolo … Sigue leyendo

19 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A folla

Caeu a folla das miñas mans nun chan cheo de soidades. Quixen collela, pero un raparigo de pelos louros saíu correndo con ela sen saber que era iso. Dende lonxe vin que facía un avión e que, cunha inxenua enerxía, … Sigue leyendo

16 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

A nosa lingua

Lingua viva e senlleira, achégome a ti cos ollos camiño dun ceo ateigado de limpas roseiras, e cun cantar arrolado no risco da túa estrela. Sei que aínda é cedo para falarche dun pucheiro ben feito, dunha fermosa lumieira; mais … Sigue leyendo

15 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Morreu o amor

Morreu o amor. Díxomo un cadáver andante que atopei nunha beirarrúa deste Madrid noxento e agarimoso á vez. Espido e cheo de feridas emocionais colleume a memoria e tiven un orgasmo engulloso e noxento. Despois dun pracer fantasmeiro, quixen bicalo, … Sigue leyendo

8 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

A ilusión no amor

A ilusión, no amor, é facermos real e perceptible ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstranos tanxible na súa … Sigue leyendo

1 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Podes pasar

Pódese pasar?, como dicía unha lonxeva cociñeira fai xa moitos anos naquela familiar Peregrina cando anunciaba, coa sabedoría popular dunha guisandeira, o menú que o seu facedora mente ideara para o día seguinte. Cando lean vostedes esta presentación, proferirán mil … Sigue leyendo