A ilusión no amor

| Sin comentarios

A ilusión, no amor, é facermos real e perceptible ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstranos tanxible na súa meigosa man a cinza dun escinteleante suspiro que xamais ardera en realidade. Todo é un bucle de fantasmagorías que gravitan espidas de realidade nunha nube de pel esvaída e xamais apalpada. E despois, cando todo sexa unha realidade incorpórea, ti a mais eu poderemos facer dese anhelado soño  algo real e pracenteiro.
(Noites)

jmmaiz@telefonica.net

Autor: José Mª Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.