28 marzo, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Os teus seos

Os teus brincadeiros, acesos e rodados seos, na miña pel seca e endereitada, son o venoso azoute dunha vixilia que se presenta ante min incorpórea e intanxíbel. (Noites)

21 marzo, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O afiador

Lembro que cando neno se oía cada certo tempo na distancia a música dun chifre, sempre acompañada dunhas asonadas verbas que anunciaban a presencia dun afiador. Viña nunha bicicleta perfectamente adaptada para arranxar calquera instrumento, incluso paraugas. Recordo que era … Sigue leyendo

14 marzo, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Decátate dunha vez

―Resúltame máis doado perdoarte que esquecerte, díxolle sen levantar os ollos do cinceiro que a modo de güija, situado entre os dous, pretendía manter en contacto os seus espíritos. Tes tal poder sobre min que non son capaz doutra cousa … Sigue leyendo

7 marzo, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Aquel curso do…

Aquel curso deixou en min un sabor agridoce. Academicamente non foi nada do outro mundo. Mellor corramos un tupido veo. No persoal, unha serra escarpada e montuosa. Puxo ao descuberto, sen contar coa miña iniciativa, unha inmaturez procaz. Es moi … Sigue leyendo