18 enero, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O terreíño

—Vouche amosar, Mariquiña, un terreíño que posúo nos arredores da miña aldea, no val da Amaía, moi pretiño de onde vivira a súa infancia  a inesquecíbel Rosalía de Castro. Herdeino da miña familia hai uns poucos anos, cando finara o … Sigue leyendo

11 enero, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

A gaita galega

Lévote da miña man, Galicia, constante compañeira, ás veces en frugal intimidade coa paixón das túas leiras, a máis imaxinando a miña alma nunha preamar de ofrendas. Prendido no perfil da túa letra, decote sando as miñas feridas lembrando o … Sigue leyendo

4 enero, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Ti e máis eu

Eu, famento, godalleiro e immorrento. Ti, fermosa, frugal e voluptuosa. Eu, nunha burbulla de inmolados remuíños. Ti, nunha burbulla de turxentes soños. ¿Quen é máis quen? (Noites) www.elblogdejosemariamaiztogores.net filoso@filoso.gal

1 enero, 2020
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Macías o Namorado

O trobeiro galego é o grande e virtuoso mártir de Cupido. Simboliza o amor fiel e constante inmerso nunha paixón adúltera, mestura á vez de exaltación romántica e de exemplar castigo. Segundo unha antiga tradición, a Macías matouno  un marido … Sigue leyendo