30 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O Pico Sacro

─Atende, rapaz. Primeiro que vaiamos realizar ti e mais eu a ascensión ó Pico Sacro, quero que saibas algunhas cousiñas da súa historia. É un dos montes máis coñecidos de Galicia e a lenda sempre vai con el. Isto díxomo … Sigue leyendo

28 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Lembranzas

Lembro… Aquel recóndito recuncho na fría e frondía adega da nosa casa do Burgo (Vedra, A Coruña) onde nos ocultabamos para dar inocentes bicos ao viño de misa que os nosos maiores crían ter alí a recado dos nosos desexantes … Sigue leyendo

26 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O terreíño

A idea foi miña. Dúbidas na xestación. Iso é malo. O que nace con incerteza desenvólvese sempre con titubeos e suspicacias. Propúxenlle un sábado pola noite, despois dun tapeo frugal, ir un día para cear a Compostela. Encantoulle. Viuna como … Sigue leyendo

24 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Os ladridos da noite

(aos insomnes, homes e mulleres que buscan, e non atopan, o día na noite) Outra noite máis chegou, e con negra sabana abrigoume, e o meu soño novamente, abandonoume. Insomnio! Estas novamente aquí, non regalas tregua algunha, e tesme outra … Sigue leyendo

22 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O supositorio do cardeal

En todos os tempos da nosa historia hai inxentes exemplos que nos levan a afirmar que non hai servilismo sen interese. Os que estadean poder sempre teñen no seu redor a alguén que os louve de bo grao. Será porque … Sigue leyendo

20 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Ausencia

Ausencia é ver a escura neve azoutar en branco asaño un non rematado aloumiño, mentres o teu perfil entre mil sombras se esvaece. (Ausencia) filoso@filoso.gal

17 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Circuncisión

Unha circuncidada máscara inmóbil amósame, como nun xénese perpetuo, segundo a segundo, o pulo dun instinto lucente; e anúnciame (afumado do teu abismo de cereixas) un último retallo de pel que nas miñas mans gardo desbocado e luxuriante para ti. … Sigue leyendo

15 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Noutra ourela

Non quero que este texto sexa unha lambiscada. Alguén, noutro tempo, díxome que saíra liscando dela. E aquí estou. Perdón se é deste xeito. Ten xa uns poucos anos, inda que o sentimento é o mesmo. Quizabes maior. Non debemos … Sigue leyendo

13 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

O bauprés ferrolán

Vivía nunha aldeíña perdida da comarca compostelá. Era o crego con máis sona que Deus puxo na terra. Arre, demo!!! Aí vén o Trespés, dicían os rapaces da parroquia cando o vían camiñar dun xeito moi desacompasado polas corredoiras da … Sigue leyendo

11 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Aquel día

Terminaba o outro día escribíndoche un mínimo esbozo do noso primeiro encontro alá por un agosto de xa fai cinco anos. Recordo por aquel entón un Madrid diúrno semideserto pola asfixiante calor, pero pleno de vida nocturna. Vou tentar ser … Sigue leyendo

9 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Vacacións nun 600

O sol cae en picado. Non se move nin unha folla das árbores. O día está a ser sufocante e tórrido. Poucos días no val da Maía con esta calor caldelenta no mes de agosto. Pero sempre veñen algúns; nin … Sigue leyendo

7 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A illa deserta

Habito unha illa deserta. Cascallos dun naufraxio testemuñan un pasado glorioso que comezou a se esvaer cando ti fixeches de min unha dorna sen ribeira. (A illa deserta) filoso@filoso.gal

5 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Performance

Os meus queixumes, entalecidos de soidade, e os meus feridos dedos soñan con posuír o teu corpo de avena, e non a súa sombra, nun xardín feito todo frenético paraíso. Pero todo convértese nunha performance obscena e emporcallada que nubra … Sigue leyendo

3 agosto, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

Inventario caótico

Non me chistan os lectores dun único libro, os comentarios maledicentes, os bicos que deixan na meixela un húmido regueiro de pingas, as tendas con cheiro a ambientador de framboesa e kiwi, o café hiperestimulante das máquinas dalgúns ministerios, os … Sigue leyendo