29 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
2 Comentarios

Os meus comezos cos libros

Como lector consciente diso, resúltame moi difícil poñerlle data exacta aos meus primeiros pasos polo mundo da narrativa. Gustaríame, pero tampouco son capaz de lembrar os primeiros libros que lin con verdadeira fruición, pois hai unha sucesión de títulos, unha … Sigue leyendo

22 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

O encontro

Nunha das miñas últimas estadías en Compostela, hai un ano máis ou menos, no mes de maio, ocorreume unha pequena anécdota. Iso pensara nun principio; porque, en moitas ocasións, as anécdotas voan como paxariños ceibes, pero despois converteuse no xermolo … Sigue leyendo

19 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
1 Comentario

A folla

Caeu a folla das miñas mans nun chan cheo de soidades. Quixen collela, pero un raparigo de pelos louros saíu correndo con ela sen saber que era iso. Dende lonxe vin que facía un avión e que, cunha inxenua enerxía, … Sigue leyendo

16 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

A nosa lingua

Lingua viva e senlleira, achégome a ti cos ollos camiño dun ceo ateigado de limpas roseiras, e cun cantar arrolado no risco da túa estrela. Sei que aínda é cedo para falarche dun pucheiro ben feito, dunha fermosa lumieira; mais … Sigue leyendo

15 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Morreu o amor

Morreu o amor. Díxomo un cadáver andante que atopei nunha beirarrúa deste Madrid noxento e agarimoso á vez. Espido e cheo de feridas emocionais colleume a memoria e tiven un orgasmo engulloso e noxento. Despois dun pracer fantasmeiro, quixen bicalo, … Sigue leyendo

8 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

A ilusión no amor

A ilusión, no amor, é facermos real e perceptible ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstranos tanxible na súa … Sigue leyendo

1 junio, 2019
por José Mª Máiz Togores
0 comentarios

Podes pasar

Pódese pasar?, como dicía unha lonxeva cociñeira fai xa moitos anos naquela familiar Peregrina cando anunciaba, coa sabedoría popular dunha guisandeira, o menú que o seu facedora mente ideara para o día seguinte. Cando lean vostedes esta presentación, proferirán mil … Sigue leyendo