A coroa de Flora (especial niñ@s) #quedateencasa

| Sin comentarios

Para todos esos niñ@as valientes que se quedan en casa

Disque a primavera chega
Cando Flora a súa coroa leva.
De froitos e flores do bosque
É quen mellor as loce.
Mais esta primavera non foi coma outra calquera
Un becho agochado no bosque
Quere facerse con ela.
Páxaros e bolboretas
Pediron consello a unha anciana sabia
Que lles dixo: ¡Non ousedes tocala!
Aquel becho coronado está a facer meigallos.
Dicídelle á filla da primavera,
Que veña a verme antes de que o día peche.
Nas súas mans debuxou unha bolboreta azul,
Máxica e chea de luz.
Até que desapareza, lava as mans con frecuencia.
Non teñades medo, amigos e amigas
Agardade nos vosos niños e madrigueras
Que a natureza ten os seus ciclos e todo chega.
Chegarán días de sol e area,
O sorriso e o abrazo da nai terra.
Outros ventos virán
Que mellores nos farán,
Se respectamos o equilibrio
E coidamos daquel que o poida precisar,
Só entón a primavera ficará en nós.

Autor: Arantxa Serantes

Humanista digital y Doctora por la USC

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.