7HCoop & Cuarto Público

| Sin comentarios

7hcoop

Ya hace algún tiempo que Eva Agra y yo coincidimos en Cuarto Público. Era la primera vez que la Cooperativa Cultural 7HCoop participaba en el evento y, la verdad, fue una de las habitaciones más significativas para mí, entre todas las que visité. Tal vez, porque en ella había una creatividad emergente, aquella que nace de la ilusión, del trabajo bien hecho, y cómo no,  siempre en constante crecimiento, como la casita de muñecas, que alberga en su interior un misterioso halo artístico, con “habitantes” que tienen nombre e historias que contar.

Mantuvimos una interesante entrevista, pero el podcast se malogró por motivos técnicos y ella, muy amablemente, en representación de la cooperativa, ha tenido la amabilidad de concederme una segunda entrevista que os quiero transmitir a través de este post. No sólo para dar a conocer el potencial de esta iniciativa, sino para que podáis comprobar cómo cuando se tiene una buena idea, si se quiere, se puede.

1) ¿Cres que a vosa cooperativa naceu para dar visibilidade ás industrias culturais?¿De qué xeito axudades aos vosos membros?

7H naceu a partires dunha necesidade común propia que sentimos tras o éxito acadado en ‘Local Disponible’; unha iniciativa de ocupación artística impulsada pola comisaria Clara R. Cordeiro (socia promotora e presidenta de 7H) na que se ocupou en 2014 un local baleiro en desuso do centro comercial Área Central. Esa necesidade era a de traballar en conxunto con fin de pór en valor e implantar a creación artística contemporánea no seo do tecido social. Polo que sí pensamos que é moi importante impulsar a visibilización  das industrias creativas e culturais, igual que o facemos co traballo das nosas socias a través das redes e dos portfolios online da nosa web.

2) ¿Qué actividades estades a desenvolver actualmente?

Agora mesmo acabamos de pechar a exposición feminista ‘Círculo de Mulleres, A Cabaña Vermella’  na que se recollía o traballo de investigación e creaión artística do círculo de mulleres que a artista Reme Remedios creou en Ponferrada.

Actualmente estamos a desenvolver varios proxectos: o Taller de Análise de Obra (TAO) e Algo Máis de Cor. O Taller de Análise de Obra é un espazo privado de formación entre pares que busca fortalecer o intercambio entre artistas e axentes culturais, as prácticas e o circuito artístico galego. Así mesmo, procura atender a necesidade de fortalecer os procesos de maduración e colaboración entre os participantes.

Por outra banda, Algo Máis de Cor é un dos proxectos de Impacto Social da cooperativa. Tras recoller o testigo da investigación e publicación feita pola Asociación Cultural [Sen Marco] sobre a implicación da terapia de cor nas áreasde pediatría dos hospitais, 7H realizou no pasado mes de decembro unha subasta solidaria de ilustracións co fin de conseguir financiamento para transformar as habitacións grises de pediatría do CHUS de Santiago de Compostela. A segunda fase do proxecto consiste na búsqueda de apoio económico por parte de distintas entidades tanto públicas como privadas para finalmente neste mesmo ano se poida levar á realidade este proxecto.

Destacar tamén que se están a crear novos obraidoiros prácticos de creación artística como o impartido polo noso socio, o ilustrador Marcos Viso.

3) ¿A qué tipo de profesional lle recomendaríades asociarse a este proxecto?¿A quen vai destinado?

7H pretende ser un espazo no que os traballadores do eido cultural e artístico traballen en comunidade e desenvolvan proxectos colectivos, fomentando o emprego nas industrias culturais e creativas. No noso seo acollemos a profesionais que pertenzan ás diferentes disciplinas deste ámbito que decidan apostar pola nosa filosofía do traballo colectivo, economía social e código de boas prácticas.

4) ¿Por qué elixíchedes Cuarto Público para darvos máis a coñecer?¿Qué vos pareceu esta edición?

Pareceunos que Cuarto Público era un espazo interesante para a visibilización do noso traballo na que puidésemos achegar a creación artística a un público diferente e variado que decidiu visitar o hotel NH Collection de Santiago. É a primeira edición á que acudimos dende a cooperativa e o sentimento xeral foi satisfactorio no sentido en que puidemos establecer diferentes tipos de relacións co público e tamén coas entidades e artistas asistentes.

7h2

5)¿Qué segredos garda a casiña que podemos ver nesta imaxe?

A casiña que se observa na imaxe garda máis segredos dos que poida parecer. Adiñades qué pode conter? Arte contemporánea feita en Galicia! nin máis nin menos! A casiña chámase Micro-Bios e é o espazo expositivo portátil de 7H. Nela realizamos diferentes exposicións das pezas artísticas orixinais das nosas socias, creadas exclusivamente a escala para a casiña. En breves comezaremos coas residencias artísticas: como os artistas non collen, por tamaño, no interior de Micro-Bios, lévanse a galería portátil ás súas casas durante o proceso de creación artística. Posteriormente, tras cada residencia, realizarase unha exposición individual.

Autor: Arantxa Serantes

Humanista digital y Doctora por la USC

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.