Entrevista a Ledicia Costas

| Sin comentarios

Ledicia-Costas-Elcorreo2

Tirando de hemeroteca de El Correo, hace algún tiempo se publicaba esta pequeña semblanza sobre Ledicia Costas. Una autora con gran imaginación y  tantas cosas que contar a los más peques de la casa, que la hacen única en su género. Tras su participación en el Culturgal y teniendo en cuenta el más que notable éxito de Escarlatina, era obligado entrevistarla porque tal y como mi intuición aventuraba es una persona que merece la pena conocer, aunque sea 2.0 y  a través de un blog. Os invito a entrar en su pequeño gran microcosmos…Tal vez el futuro nos depare un encuentro en persona y en un café literario real ¡Quién sabe! Todo puede ocurrir en este 2016 en el que despunta el alba…

1) ¿Qué se sente ao recibir o Premio Nacional de Literatura Xuvenil e o Raíña Lupa por este libro? Realmente, os premios que recibín por “Escarlatina” foron o Nacional e mais o Premio Merlín. Estes premios foron para min unha recompensa moi grande a anos de traballo. Tamén me dan azos, para continuar traballando coa mesma entrega.

2) No libro Escarlatina, a cociñeira defunta, falas con grande habilidade da morte ¿É difícil desmitificala e facela sinxela de entender aos rapaces?¿É certo que haberá unha precuela? A chave é atopar o rexistro axeitado para dirixirte a un público infantil. É importante poñerte fronte a eles de igual a igual. Cando consigo iso, sinto que podo falarlles de calquera tema, incluso dun tan complexo como o da morte. A precuela xa está entregada na editorial. Agora mesmo está sendo ilustrada por Víctor Rivas. Titúlase Esmeraldina, a pequena defunta, e sairá en Xerais na vindeira primavera. 

3) No teu twitter descríbeste coma “inventora de mundos delirantes” ¿Así definirías o oficio de escritor?¿Non cres que ás veces a realidade supera á ficción? Para min, escribir é ser libre, non poñerlle trabas á imaxinación. De aí ven o de “inventora de mundos delirantes”. A realidade supera á ficción case sempre. Nunca unha frase feita foi máis certeira!
4) Como experta na literatura xuvenil ¿Qué é o que máis lles gusta aos nenos?¿Hai coincidencias cos teus gustos cando eras unha nena? Eu non me considero unha experta. Tan só son unha escritora que considera que as lecturas infantís e adolescentes son decisivas, que o que espertan os libros nesas idades é moi especial e difícil de recuperar na vida adulta. Aos nenos e ás nenas gústalle a franqueza, a sinceridade, o riso e a emoción. E que os respectes, que os trates de igual a igual. Eu intento escribir o que a min me gustaría ler se fose unha cativa. Non sei se acerto sempre, mais a miña intención é que gocen lendo como eu gozo escribindo.
5) Dí Agustín Fernández Paz en twitter que es “un auténtico ciclón literario” ¿Identifícaste coa visión que ten de tí? Agustín é unha persoa verdadeiramente xenerosa. Admíroo como escritor, como persoa e como amigo. Eu non sei se son un ciclón literario. O que che podo dicir é que a literatura move o meu mundo, axúdame a comprender e a reconciliarme coa vida. E, nese sentido, póñoo todo ao servizo da literatura.
6) ¿É un reto escribir poesía en galego?¿Cómo valoras a súa evolución? Para min non é un reto escribir poesía ou narrativa en galego. É un compromiso coa lingua na que me comunico, na que penso e na que soño. A poesía galega está vivindo un momento de eclosión, con novas voces agromando con forza. Como a de Gonzalo Hermo, que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía Moza pola súa obra Celebración, editada ademais nun selo editorial independente e de recente creación como é Apiario. Todo isto reflicte ese bo estado de saúde do que goza a poesía feita en galego.
7) ¿Lévanse ben a avogacía e a literatura? No meu caso lévanse fatal. Creo que por iso decidín deixar de exercer como avogada. O dereito non me deixaba as horas que eu precisaba para dedicarlle á literatura.
8) ¿En qué medida é positiva a colaboración do IBBY e a OEPLI en Gálix?¿Cales son as liñas de acción de Gálix actualmente?¿Estaredes no Cultugal? Gálix é unha sección da OEPLI, que á súa vez é unha sección do IBBY. Gálix sobrevive grazas ao traballo desinteresado das persoas que integran a súa directiva e tamén da súa secretaría técnica, Carmen, que ten un nivel de entrega digno de admiración. Hai un ano que entrou unha nova directiva dirixida por Xosé A. Perozo e da que eu xa non formo parte. Agora mesmo son unha socia máis. Iso si: o afecto que lle teño a esta asociación é moi grande. Aprendín moitas cousas no período que formei parte da directiva.

Autor: Arantxa Serantes

Humanista digital y Doctora por la USC

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.