Vuelve TEDx Galicia

| Sin comentarios

TED

El próximo 19 de septiembre regresa TEDx Galicia. En esta ocasión su sede será la Ciudad de la Cultura, que acogerá tanto a speakers como asistentes con mentes inquietas. Bajo el título “Realidades tras a percepción”, se defenderán nuevos puntos de vista desde disciplinas muy diferentes y no se descartan sorpresas. Para saber más, me he puesto en contacto con su responsable, Juan Marcos Pérez, presentador y CEO de la Fundación Galicia Sustentable para que me adelante algo más, desde el backstage. El resultado: esta entrevista. No os la perdáis (sobre todo si vais a asistir).

perez gulin (2)

Habéis elegido la Ciudad de la Cultura como centro neurálgico de este TEDX, ¿En qué se va a diferenciar de sus anteriores ediciones?¿Cada cuánto tiempo la celebráis y cómo seleccionáis a los ponentes?

O TEDxGalicia vense realizando con periodicidade anual desde o ano 2010. A diferenza fundamental desta edición do TEDxGalicia son as actividades que temos previstas para a mañá do sábado. Grazas á implicaión do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, nesta edición contamos cunha serie de actividades abertas e de balde para crear un espazo no que compartir unha mañá ao redor da ideas doutros que nos poden facer reflexionar.

 Ao respecto das intervencións, temos un proceso contínuo de selección no que nos achegamos a persoas con historias que poden ter algo que nos faga reflexionar. Non buscamos orientar o debate senon simplemente favorecer que este teña lugar. Moitas veces non estamos de acordo coas afirmacións realizadas desde o escenario do TEDxGalicia, a nosa intención é que se te aproximas ás charlas coa mente aberta, todas elas poden facernos pensar o que favorece ás nosas conviccións ben por reafirmalas ou por que nolas cuestionemos.

El título es muy sugerente “Realidades tras a percepción” ¿qué “percibirán” los asistentes? Porque me consta que un evento TED es una caja de sorpresas.

Traballamos por crear un ambiente no que as persoas que se acheguen ao TEDxGalicia reciban múltiples estímulos de xeito que ao rematar o evento queiran falar do que alí aconteceu pero que non saiban como facelo ou por onde empezar. Deste xeito, a pesares de que as charlas se distribúen gratuitamente e de forma íntegra na Internet, a única maneira de saber o que pasa nun TEDxGalicia é asisitir.

¿De qué forma se fomentará la interacción con los speakers? Me consta que no es algo frecuente pero ¿crees que así se da un paso más en la democratización de la cultura?

Temos deseñado varios momentos para o encontro desde a mañá do sábado as persoas que se acheguen á Cidade da Cultura poderán interactuar cos speakers que se atoparán entre o público do TEDxGaliciaU e nos desmáis espazos deseñados. Tamén a media tarde teremos un receso e, sobre todo, unha vez rematado o evento, poderemos tomar algo, non só cos speakers senon con toda a audiencia do TEDxGalicia que é tanto ou máis especial que as persoas que forman parte do propio panel de intervencións.

¿Qué aportarán los speakers de este año? Una de las contribuciones más simbólicas será la de Fátima Ezzhara, ¿cómo valoras este hecho tan singular como valiente?

Fátima é unha persoa encantadora e cunha tremenda forza argumental no seu discurso que parte da mestura de razoamentos que poñen en cuestión conceptos básicos sobre os que probablemente hai tempo que non pensamos. Básicamente esto é o que buscamos que aporten todas as intervencións, que nos saquen da indiferencia e nos provoquen unha reflexión que nos poida inducir a actuar.

¿Cómo ha sido tu experiencia a la hora de organizar un evento como éste?¿Te has encontrado con dificultades para gestionarlo o darlo a conocer cuando empezásteis?

As máis das dificultades veñen pola parte de dar a entender o que queremos facer. Aínda hoxe temos moito que explicar acerca dos motivos polos que precisamos varios días previos de montaxe de escenografía, iluminación, equipos de filmación, ensaios deas intervancións… O formato é moi diferente ao que nos teñen afeito e incluso moitos dos espazos nos que nos gustaría organizar o TEDxGalicia non están deseñados para acollelo pola pouca flexibilidade que permiten.

¿Contáis con algún partner?

A Fundación Galicia Sustentable ven aportando o apoio como partner institucional desde os inicios do TEDxGalicia e nesta edición temos que agradecer o apoio do Centro de Emprendemento de Galicia da Cidade da Cultura que apoia o evento e nos permite medrar a experiencia coas actividades matinais.

¿A partir de qué fecha estarán disponibles los vídeos de esta edición?

Durante o mes de Outubro comezaranse a publicar.

¿Qué le diríais al lector/a que todavía no conoce TED?

Diríalle que pense nunha temática que lle interese e que entre na páxina www.ted.com. Facendo unha procura simple lle dará como resultado unha oferta de videos de duración inferior aos 18 minutos con aproximacións interesantes e moitas veces curiosas a esa temática que é probable que lle fagan reflexionar con novos argumentos acerca desa cuestión.

Autor: Arantxa Serantes

Humanista digital y Doctora por la USC

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.