Entrevista a Marina Mayoral

| Sin comentarios

Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942), é profesora de literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Entre os seus traballos de investigación e crítica literaria destacan os estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como as análises de poesía e prosa contemporánea.

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=tNdvOkwBcRY[/youtube]

1) Na súa literatura, ¿busca  o encontro entre o lector e o escritor ou  ser o reflexo dunha xeración, dunha época?

Penso que non se pode separar unha cousa da outra.

2)      Coma profesora universitaria, ¿Cre que aos xoves lles interesa o mundo da verba escrita  ou  os efectos da postmodernidade acaban co espírito creativo?

O mundo da creación existirá sempre , e sempre haberá xoves que participen del e que o disfruten .

3)      Teño entendido que lle gustaba imitar a Rosalía cando escribía versos na súa xuventude ¿Qué significa Rosalía para vostede? ¿Cre que hai suficientes edicións críticas e investigacións sobre a súa obra ou que se pode facer máis?

Non pretendían imitala, pero faltábame orixinalidade para facer algo diferente. Considero a Rosalía unha das grandes figuras da literatura universal. Coido que hoxe está ben estudiada, aínda que sempre se poden añadir novos puntos de vista.

4)      ¿Gustaríalle ver algunha das súas novelas no cine? ¿Cree que faría xustiza á súa calidade literaria?

Sí gustaríame ver en imaxes unha das miñas novelas. Sería diferente, pero, se o director e os actores son bos, poden interpretar ben o mundo novelesco.

5)      ¿Cómo vé  o panorama editorial galego? ¿Abundan os bos creadores?

Pareceme que Galicia atravesa un bo momento polo que se refire a creación e a difusión das obras.

6)      A creación literaria ¿ten misterios para vostede a literatura ou sempre hai cousas novas que descubrir?

Sempre haberá cousas novas para descubrir e sempre haberá misterios na creación literaria.

Autor: Arantxa Serantes

Humanista digital y Doctora por la USC

Deja un comentario

Los campos requeridos estan marcados con *.


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.