Internet ó servizo da ética
Por NURIA LÓPEZ
Temos que falar do futuro do xornalismo, pero non podemos obviar o evidente e é que o xornalismo é un proceso de intercambio de información. Esta sempre estivo condicionada polos diferentes cambios tecnolóxicos que se foron dando na historia da humanidade. O xornalismo tamén e agora máis que nunca, con esta nova rede que domina as nosas vidas e que é Internet. Certamente, Internet cambiou e mellorou diversos procesos, logrou unir o mundo en canto á súa capacidade de conexión e representa sen dúbida unha oportunidade para novas creacións.
A nova etapa da historia humana que se caracteriza por termos como informático, dixital, electrónico, virtual e por suposto, as redes sociais, ten como protagonista unha Rede de Redes a libre disposición de todo individuo.Podemos preguntarnos entón, ¿Internet é un novo medio de comunicación de masas? Tecnicamente si, e convencerase todo o mundo diso en moi pouco tempo. Cando se fala de medios de comunicación de masas faise referencia a instrumentos que permiten a emisión dunha mensaxe ó mesmo tempo que unha gran cantidade de persoas a reciben. Pois Internet é moito máis que iso. O único medo que podemos ter ante este novo fenómeno é que non se respecten as normas básicas que definen o xornalismo como o que é: a veracidade, contar a verdade, non deixarse levar por influencias ou intereses que non nos deixen levar a cabo os nosos obxectivos. Se cumprimos isto, temos case solucionado o futuro desta incerteza chamada xornalismo.





RSS


aagxhwuz order 50mg viagra
untvfrqg buy viagra online
jmbsdxao payday loans
mvzjcymy payday loans online
Thanks for sharing such an interesting information.
Good information here. I will post these information to my facebook page. It is really very informative for others.
Thank you for taking the time and sharing this information with us. It was indeed very helpful and insightful while being straight forward and to the point
Hey! Someone in my Myspace group shared this website with us so I came to look it over. I’m definitely enjoying the information. cruise in maldives
I took my first mortgage loans when I was 20 and it supported my family a lot. However, I require the short term loan again.
O complicado è non deixarse mal influenciar, ¿verdade? Coido que isto dependerà do tipo de profesional que cada quen queira ser e ata canto tempo.
Entendo que a cuestión non é tanto adaptar as prácticas éticas que se desempeñan na profesión actual, como destilar unhas novas pensadas para o propio Internet. Pensar de facer un traxe único que quede igual a todo o mundo é irreal. Creo que Internet debe pensarse como a creación de moitas cousas, pero a destrución doutras tantas, é o que implica todo gran cambio, supoño. Comparto unha reflexión interesante sobre a maneira na que Internet afecta ao cerebro e de que maneira esta relación se pode aplicar ao xornalismo. http://blogs.elpais.com/periodismo-con-futuro/2011/10/internetcerebro.html
Está claro que Internet é a ferramenta do futuro, ou polo menos ata que apareza outra que o desbanque. O problema é como empregalo sen caer nos usos erróneos que nos leven a facer un xornalismo «peor» e como facer que esta nova ferramenta conviva co resto dos medios que non deben desaparecer.
http://www.qmdigital.org/archivos/55
Como comentas, o que máis nos debería preocupar é que o xornalismo manteña aqueles valores que lle son propios, e non que o soporte ou algunhas ferramentas estean a mudar. Se levamos a cabo o noso traballo de forma correcta, sempre haberá un oco para o xornalismo de calidade ó servizo da sociedade.
Como ben dis, o único medo que nos debería infundir a rede no futuro do xornalismo é que non se respecten os principios básicos que fundamentan a nosa profesión derivada do intrusismo e a capacidade de internet para que calqueira se poida convertir en informador. Pero iso depende de nós e só de nos. Por moita actividade informativa cidadá que haxa na rede e que as veces poida contaminar os valores do «verdadeiro xornalismo» depende de nós continuar con ese papel que nos diferencia e que nos sitúa como os seleccionadores e decodificadores da realidade. O seguinte blog, amosa un artigo sobre o intrusismo e sobre as diferencias entre os bloggers e os xornalistas na rede: http://www.elmosquitero.com/2011/10/del-intrusismo-bloguer-al-periodistico.html
Internet supón para unha cultura coma a nosa, que neste momento podan sobrevivir tres medios de comunicación no noso idioma: http://www.dioivo.eu http://www.praza.com e http://www.sermosgaliza.com
As dificultades de adaptación e o modelo de negocio incumben máis aos xerentes das grandes empresas da comunicación que aos xornalistas, ou así debera ser, se non fose polos despedimentos masivos. De feito, pode este medio ser unha vía de escape e un lugar libre onde poidamos expresarnos sen temor a ser reprendidos polos nosos superiores.
A internet é unha ferramenta, que usada con moderación, pode servirnos de gran axuda para o noso traballo. http://usuarios.multimania.es/dorcita/practica1/pagina2.htm
Pero o que hai que ter claro ante todo , é que debemos prácticar un xornalismo serio, de calidade… e sempre, na medida do posible, debemos respectar o noso código deontolóxico. Debemos loitar para volver a recuperar a nosa credibilidade ante á cidadanía e así poderemos gañar moito.
Coma ben dis, o xornalismo está suxeito dende sempre aos cambios tecnolóxicos, e a rede foi e é un dos máis importantes. Se a súa aparición serve para ser unha canle de información ou un medio en si non está aínda claro, pero o certo é que como sinalas, o importante e que prime en todo momento a veracidade e o xornalismo de calidade. Adxunto este artigo sobre o xornalismo na rede, moi interesante: http://www.yachay.com.pe/especiales/periodismo/1b.htm
Como apuntas a Internet abre novas posibilidades pero tamén novos perigos para o quefacer xornalístico. Segundo Javier Darío, profesor da FNPI (Fundación do Novo Periodismo Iberoamericano) e xornalista experto en ética periodística, “o ciberespacio crea unha inmunidade ante o ético e por ese motivo adquiren vixencia máis que nunca os dereitos de privacidade, información veraz, propiedade intelectual e o respecto do bo nome e da fama”. Estas e outras ideas sobre os retos plantexados pola Internet no que se refire á ética xornalística tratáronse na convención“O xornalismo na era dixital, o valor do inmutable”: http://www.fnpi.org/noticias/noticia/articulo/periodismo-en-la-era-digital-el-valor-de-lo-inmutable/
Eu tamén considero que en internet está o futuro, pero o futuro temos que sustentalo dalgunha maneira. Moitas veces pensamos só con chegar á xente, ser fieis á verdade e ter ética está todo resolto. Pero nós tamén temos que comer. Paréceme un pouco simplista pensar que só con veracidade, contando a verdade, e non deixándose levar por influencias ou intereses que non nos deixen levar a cabo os nosos obxectivo atoparemos o camiño. Creo que a reflexión ten que ser máis profunda. Como nos financiaremos? Como teremos a capacidade económica suficiente para poder levar a cabo un bo traballo sen ter que depender de peixes gordos. Como boa noticia podo destacar a que daba o mes oasado o xornal El Mundo o cal sinalaba que a publicidade na web está incrementándose e que actualmente supón xa máis do 13% dos ingresos dos xornais http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/16/comunicacion/1331905009.html. Sei que non podemos depender única e exclusivamente da publicidade pero considero que esta é unha boa nova para o xornalismo na rede.
Se ben é certo que grazas ás novas infraestruturas da información facilitouse o acceso á elaboración e difusión de contidos e se rachou co oligopolio dos medios de comunicación sobre o dereito a tomar a palabra, tamén é verdade que existe unha gran mitificación das bondades das novas tecnoloxías e Internet. Neste senso, lembro unha conferencia organizada polo Club Internacional de Prensa de Galicia á que asistín recén chegada á facultade (http://joaodealmeidasantos.blogspot.com.es/2009/06/medios-y-poder_26.html) na que o profesor portugués Joan Almeida Santos sinalaba que as profundas mutacións estruturais na democracia representativa convencional, provocadas pola “forte emerxencia política dos medios como corpo orgánico da opinión pública”, están a producir unha forte redución da influencia das institucións políticas electivas tradicionais. Os cidadáns teñen a posibilidade de acceder doadamente á información e ao espazo público grazas a Internet, controlando mellor o exercicio do poder e aumentando a súa capacidade de deliberación e de proposta política. Porén, o poder dos medios é tamén poder dos seus propietarios e das elites mediáticas, que non son controlables mediante eleccións. Así, cando o poder pasa das institucións electivas aos medios, quen perde peso é o cidadán, que non pode controlalos nin cambialos a través do voto. Por iso, creo que non son instrumentos os que cambiarán a natureza da información colectiva. Sen un esforzo de xornalistas e medios por interrelacionar e comunicar saberes para poder socializalos e contribuír, non só á democratización informativa, senón tamén á democratización cultural da sociedade, redúcese aos cidadáns a unha audiencia consumidora e se desvaloriza, parellamente, a identidade do xornalista como mediador e intérprete. Para perfeccionar ou simplemente sanear á comunicación masiva, hai que empezar por transformar á sociedade, por transformarnos a nós mesmos.
Internet en si mesma non é máis ca unha ferramenta de busca e transimisión da información, pero o seu uso pode derivar na comunicación masiva de «moitos a moitos» nun sistema interconectado e en tempo real no que non existen fronteiras nin límites, aparentemente. E digo aparentemente porque quero chegar ao punto no que falas da falta de respecto á verdade e da rede de influencias ás que está sometido o xornalismo como maiores perigos da comunicación electrónica. Ademais de concordar contigo en que estes son os máis baixos e viles vicios do xornalismo coido que non só son os perigos da Internet, senón que se trata xa dunha realidade na prensa en papel.
En fin, mirándoo por outro lado, sen a rede tampouco serían posibles iniciativas coma esta http://1001medios.es/blog/2012/05/30/el-periodismo-canalla-de-el-huffington-post/