Home > Curso 2012, Xornalismo no futuro > O xornalismo debe mudar ó ritmo da sociedade pero non a súa esencia

O xornalismo debe mudar ó ritmo da sociedade pero non a súa esencia

Marzo 14th, 2012

Por LAURA MOURE MIGUÉLEZ

A sociedade está en continuo cambio e o mesmo acontece co xornalismo. Esta é unha disciplina que está ó servizo da humanidade e ambas deben mudar en paralelo. O xornalismo do futuro será moi tecnificado. Algo que xa se pode aprezar no presente. Isto significa que as tecnoloxías serán as ferramentas máis útiles coas que traballará o xornalista do futuro. Internet facilitará o traballo xornalístico sempre e cando se saiba usar con moderación e correción. Porén, niso xorde unha situación contradictoria.Por un lado, Internet favorece o xornalismo, pero pola contra, pode convertirse nun perigo para a súa existencia. A través da rede, calquera, sexa licenciado ou non, pode acadar o papel de informador. Isto pódese ver nas redes sociais e nos blogs, onde se publican a miúdo informacións. O problema do xornalismo do futuro é a calidade e a credibilidade. Antes o xornalismo era considerado o cuarto poder, non obstante, agora hai unha visión negativa del. Isto débese ás novas tecnoloxías e á creación de información por calquera. Isto fai que se considere xornalismo todo texto sexa ou non elaborado por un xornalista, e o máis importante, pase ou non un control de calidade. Na actualidade, a teoría de varios é que calquera pode ser xornalista. Isto provocará a desaparición do xornalismo coñecido como tal. Ante isto, os novos xornalistas debemos ter claro que os principios éticos e a esencia do xornalismo non deben desaparecer. É o que nos diferenciará dos demais. Hai que engadir que o noso procedemento de contraste e as rutinas que seguimos cargan de calidade e de estilo propio o noso traballo, polo que será un punto a favor nosa.En conclusión, a supervivencia do xornalismo está en perigo e os únicos que o poden salvar son os xornalistas. Só facendo algo de calidade, o noso traballo será valorado positivamente, e desta forma, o xornalismo e os xornalistas seremos unha peza clave na vida de toda persoa que  necesita informarse.

LAURAMOURE2

Debemos practicar un xornalismo de calidade

Curso 2012, Xornalismo no futuro

  1. Decembro 5th, 2012 at 04:02 | #1

    Nevertheless, seal to at the tushy of, superfluous to remark another Wholesale Sports Jerseys firearm maintained on stabbing because of the expenses created nigh python, momentarily relating to fingernail the gun Nike NFL Jerseys trellis through a few Oriental cunning remainings within these carpet, and the convey on and straightforward of a stiletto give??ed their extraordinary peg of the python to pick out. Dig this wonderful python greater than to settled, our stable wood blares serving wolf properly and as a terminate braids earnest gift.While both China NFL Jerseys of these wolves see fit continually captivating this method python, may rather marvellously most reasonable from problems with a long-lived wounds, they’re continues to be think to at to reasonably nfl jerseys tower well-rounded reptile crisis of most, are not capable to the tenseness injure however.And so, rapid wisdom . plainly provide for Wholesale Sports Jerseys which experts phase python, serve it be proper no longer undertaking to take to one’s heels coupled with and thus. wood constituents to at the end of the day blare significantly and ones own overthrow
    last minute deals

  2. Outubro 30th, 2012 at 18:54 | #2

    Here’s the latest on the conference’s top players who are projected to go from playing on Saturdays to starring on Sundays.

    1. LB Jarvis Jones, 6-3, 241, Georgia

    Why he has the top spot: Jones’ battle with an ankle injury hasn’t changed his status as the top overall draft prospect in the SEC. He missed his second full game due to the

    injury in the Bulldogs’ 29-24 win over Kentucky on Saturday. Still, Jones remains a versatile defender who can rush the pass or drop into coverage. He’ll need a strong second

    half of the season to maintain his lofty draft status.

    Season stats (five games): 36 tackles, 5.5 sacks, 9.5 TFLs, 3 forced fumbles, 15 QB hurries, INT.

    Player ranking: Jones remains fifth overall, and he is the second-highest outside linebacker in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Bulldogs’ next game is against Florida. Jones returned to practice on Monday and is expected to play. Georgia will need him against a Florida team that averages 213

    yards per game on the ground.

    2. QB Tyler Wilson, 6-3, 220, Arkansas

    Why he has the second spot: After a slow start for Wilson and the Razorbacks, the senior QB has turned it around in the last few weeks before having a bye last weekend. He’ll

    have a chance to solidify his status as a first-round pick with games against Mississippi State, LSU and South Carolina still on the schedule.

    Season stats (six games): 124 of 205 (60.5 percent) for 1,957 yards, 14 TDs, 5 INTs.

    Player ranking: Wilson is ranked as the No. 12 overall prospect and is the third-highest ranked QB in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Razorbacks play Ole Miss this weekend. The Rebels are ranked No. 65 nationally in scoring defense, so Wilson should have a chance to put some good numbers up.
    NBA JERSEYS

  3. Outubro 25th, 2012 at 19:33 | #3

    Here’s the latest on the conference’s top players who are projected to go from playing on Saturdays to starring on Sundays.

    1. LB Jarvis Jones, 6-3, 241, Georgia

    Why he has the top spot: Jones’ battle with an ankle injury hasn’t changed his status as the top overall draft prospect in the SEC. He missed his second full game due to the

    injury in the Bulldogs’ 29-24 win over Kentucky on Saturday. Still, Jones remains a versatile defender who can rush the pass or drop into coverage. He’ll need a strong second

    half of the season to maintain his lofty draft status.

    Season stats (five games): 36 tackles, 5.5 sacks, 9.5 TFLs, 3 forced fumbles, 15 QB hurries, INT.

    Player ranking: Jones remains fifth overall, and he is the second-highest outside linebacker in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Bulldogs’ next game is against Florida. Jones returned to practice on Monday and is expected to play. Georgia will need him against a Florida team that averages 213

    yards per game on the ground.

    2. QB Tyler Wilson, 6-3, 220, Arkansas

    Why he has the second spot: After a slow start for Wilson and the Razorbacks, the senior QB has turned it around in the last few weeks before having a bye last weekend. He’ll

    have a chance to solidify his status as a first-round pick with games against Mississippi State, LSU and South Carolina still on the schedule.

    Season stats (six games): 124 of 205 (60.5 percent) for 1,957 yards, 14 TDs, 5 INTs.

    Player ranking: Wilson is ranked as the No. 12 overall prospect and is the third-highest ranked QB in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Razorbacks play Ole Miss this weekend. The Rebels are ranked No. 65 nationally in scoring defense, so Wilson should have a chance to put some good numbers up.
    MLB

  4. Alexandre Vázquez Lorenzo
    Maio 24th, 2012 at 18:10 | #4

    Dacordo contigo. Temos que saber que os xornalistas somos profesionais, mediadores e gatekeepers. Todo aquel que acompañe a información contribuirá coa súa experiencia,pero a información veraz e independente só a pode cnseguir un xornalista.

  5. Laura Ouviña
    Abril 30th, 2012 at 15:27 | #5

    Eu non considero que a visión negativa do xornalismo veña dada pola intromisión de axentes externos na nosa actividade. Creo que é un problema que creamos os propios xornalistas ó traizoar a veracidade, a honestidade e obxectividade polo sensacionalismo, o poder ou os bens económicos. As novas tecnoloxías ábrennos un sen fin de posibilidades de redimirnos, traballando man a man cos cidadáns que buscan unha información de calidade. Debemos recuperar as bases do xornalismo tradicional co obxectivo de devolverlle a esta disciplina a grandeza que a caracterizaba.

  6. Andrea Núñez-Torrón Stock
    Abril 14th, 2012 at 11:51 | #6

    A forza de traballo máis importante en calqueira sector ou ámbito debe seguir sendo o capital humano, as persoas; e non as máquinas. As tecnoloxías son, in crescendo, novos recursos e instrumentos para facilitar ,acelerar e aumentar a produción de información. A consideración destas mesmas como un lastre, un obstáculo ou un impedimento para que o xornalismo sexa un vehículo de expresión da realidade e dos nosos problemas é un enorme erro. Coma en calquer momento de transición histórica, ou de aparición dun novo descubrimento científico ou industrial, o máis importante é a capacidade de adaptación humana para explotar e atopar o máximo rendemento do potencial tecnolóxico. As máquinas non son nada sen o noso talento e creatividade para escarbar usos imaxinativos e constantemente en renovación; e as formas ou soportes, ben sexa un papel, un ordenador, unha televisión ou un aparato de radio son cáscaras vacias sen historias e referentes interesantes como contido.

  7. Raquel Martínez
    Abril 2nd, 2012 at 11:45 | #7

    Que a forma de facer xornalismo está mudando é unha realidade, e que este cambio é inseparable das novas tecnoloxías tamén. Pero non debemos tomar esta revolución tecnolóxica como algo negativo. Temos que darnos conta de que sacando partido de todo o bo que nos ofrece internet temos moitas mais posibilidades de facer un xornalismo de calidade. O feito de que cambien as técnicas e os medios nos que se desenvolve non significa que teñan que mudar as bases do xornalismo tradicional e no caso de que o fagan, cómo o fagan dependerá do saber facer ou non dos xornalistas

  8. Alba Otero García
    Marzo 23rd, 2012 at 01:21 | #8

    Certo é que a sociedade está en continuo cambio e certo é tamén que ó xornalismo ocórrelle o mesmo. Pero se hai algo que perdura na sociedade a pesar das mutacións que soporta, iso son as persoas. A súa esencia. Por iso, e seguindo co paralelismo, o que ten que perdurar no xornalismo, o que ten que seguir inmune a pesar dos cambios que se lle incorporen (sobre todo ós que ó formato se refiren ) é a súa esencia. Cada una das súas vértebras de honestidade, exactitude e de contraste. Unha columna de calidade. Só así seguirá sendo xornalismo.

  9. Sara Pradera
    Marzo 21st, 2012 at 12:57 | #9

    Estou dacordo có artigo, e na miña opnión, internet é un arma de dobre fío que hai que apredender a utlizala ben. Calquera pode comunicar información na rede, pero a calidade da información é o que diferencia os xornalistas.

  10. Paula Martínez Gestoso
    Marzo 21st, 2012 at 12:44 | #10

    A internet é un risco para un xornalismo de calidade? Podería ser. Mais non penso que esa deba de ser a nosa principal preocupación. Sempre existirán fontes alternativas de información como os blogs ou os foros, fontes que os verdadeiros deberán contrastar e investigar. Mentres ese labor non se perda a internet non representa un risco serio.

  11. Rafa Silva
    Marzo 21st, 2012 at 12:40 | #11

    Concordo contigo en que coa democratización da Internet calquera se pode convertir en informador, sen embargo, non penso que iso supoña unha eiva para os xornalistas no futuro, todo o contrario, creo que isto abre un novo campo de traballo para os profesionais da información, donde os xornalistas marcarán a diferencia, con material de primeira man e como verificadores de toda a info que corre pola rede. Eu, persoalmente, desconfío máis dos intereses económicos e políticos dos propietaros dos medios que dos cidadáns que difunden información online.

  12. Álvaro Abuín
    Marzo 21st, 2012 at 12:40 | #12

    Non penso que o Xornalismo esté en serio risco de desaparecer ou de precarizarse máis aínda debido á rede e a cultura dos blogs. Non penso que a xente que realmente busca información de calidade e está informada busque dita información en blogs ou páxinas de pouca credibilidade. Non hai que ser tremendistas o xornalismo sobrevivirá por riba de blogs e outras cousas.

  13. Vanesa Bran
    Marzo 21st, 2012 at 12:28 | #13

    Claro está que a sociedade, ó igual que o xornalismo, está avanzando e evolucionando ó par das novas tecnoloxías. Deste xeito Internet pode facilitar o traballo xornalístico sempre e cando se empregue con moderación e correción. Sen embargo, é vital que a nosa profesión non perda a súa esencia é que os profesionais actuemos con ética e calidade.

  14. Lucía González
    Marzo 19th, 2012 at 20:31 | #14

    Como profesionais, os xornalistas deben poñer o punto de diferencia entre informar de calquera maneira (caso das redes sociais e blogs) e informar con calidade e rigor atendendo a unha serie de criterios e de boas formas. Sen embargo, o fenómeno de informarse vía Facebook ou similares, é un feito que cada día crece máis e máis. Informarse de primeira man polo que unha persoa conta ou confiar nos medios, no que eles nos contan, confianza que se ve minguada e que forma parte dunha longa lista de factores polo que o xornalismo se atopa nun profundo pozo.

  15. Paulo García
    Marzo 16th, 2012 at 21:20 | #15

    Témoslle demasiado respeto (por non dicir case que medo) ás novas tecnoloxías e a Internet. E o que non debemos esquecer é que non deixan de ser soportes, e que o verdadeiramente importante deste oficio, deste mundo, non son os soportes. Non debemos temelos, só dominalos, pero o fundamental é non perder a esencia do xornalismo, a de transmitir información de calidade, contrastada e verificada, do xeito máis adecuado.

  16. Lucía Domínguez
    Marzo 16th, 2012 at 16:25 | #16

    Está claro que o xornalismo está a cambiar sobre todo pola influencia que internet ten na forma de crear noticias e difundir a información. Pero o que non debemos esquecer, é que internet non é máis que una ferramenta, por moito que ás veces sexa boa e outras mala.

  17. Raquel Ríos
    Marzo 16th, 2012 at 11:10 | #17

    Hai que ter moi presente que a rede non é xornalismo, senón unha ferramenta moi útil da que podemos tirar proveito para desempeñar o noso oficio con máis garantías. Quen puido imaxinar fai tres décadas, recordemos que as tres uves dobres naceron nos noventa, que unha mensaxe podería chegar en tempo real dende Fisterra a Pekín? Pois grazas á Internet pódese facer. E non só iso, senón que se pode profundizar no coñecemento e xerar conversa de moitos a moitos. Non hai que preocuparse porque calquera persoa poida converterse en emisor de información hoxe en día. Estas persoas non son xornalistas e os usuarios non lle atribúen a mesma credibilidade ós seus escritos cós elaborados por un profesional que se identifica como tal na rede.

  18. Marta Pita
    Marzo 15th, 2012 at 19:52 | #18

    Como ben sinalas, internet vai ser crucial no futuro xornalístico e está a modificar moitas pautas dentro no modelo informativo, pero é importante deixar de lado esa visión tan tremendista sobre a súa influencia. Non creo que a falta de credibilidade e a opinión negativa que se ten dos xornalistas teña tanto que ver coa aparición das novas tecnoloxías, senón máis ben coa perda de valores e principios que padecen precisamente aqueles que se fan chamar xornalistas e saen cun bonito diploma de licenciados da facultade. Ó meu entender iso é o verdadeiramente preocupante e non tanto os contidos que poida verter calquera usuario na rede. Internet non é o inimigo.

  19. Sara Alonso
    Marzo 15th, 2012 at 13:25 | #19

    Internet condiciona pero non determina. Máis que das tecnoloxías, que non deixan de ser caxatos nos que apoiar o noso traballo, as ameazas da profesión agroman dos que divinizan as súas posibilidades e renuncian a desconfiar. Dos que se acomodan.

    Escribía onte Ramón Lobo no seu blog(http://www.ramonlobo.com/2012/03/14/un-buen-periodista-no-tira-la-toalla/) que a profesión está en crise porque renunciamos a pensar,a arriscarnos nos enfoques, a saír á rúa en busca de voces reais, silenciadas. E a pasividade é servilismo. É máis precariade, máis desilusión e menos futuro.

  20. Marta Álvarez
    Marzo 15th, 2012 at 13:21 | #20

    Concordo contigo en que o xornalismo debe adaptarse á sociedade, sempre que se manteñan o rigor e a corrección. Aínda que, na miña opinión, o perigo non procede das novas tecnoloxías. O que merma a credibilidade dos xornalistas son as malas prácticas (asociadas á tecnoloxía ou non).

  21. Iria Ameixeiras
    Marzo 15th, 2012 at 13:19 | #21

    A credibilidade está moi mermada cando a maioría dos cidadáns confían máis na televisión que na prensa escrita, segundo di o último estudo de APM. Sobre todo, se temos en conta que a marxe de actuación dun xornal para contrastar fontes e verificar datos é maior ca nunha televisión. David Jiménez, xornalista de El Mundo, fala das noticias que parasitan nas portadas, non só coma un resultado da censura, senón tamén coma un resultado da desidia. http://davidjimenezblog.com/2012/01/04/el-suicidio-del-periodico/#more-395. Penso que a responsabilidade do xornalista tamén está limitada polas posibilidades de acceso á información e a espazo no xornal. Pero en época de vacas fracas o tempo é o ouro máis que nunca.

  22. Casimiro Vàzquez Gens
    Marzo 15th, 2012 at 13:05 | #22

    Comenta a influencia de internet na labor xornalìstica. Hai que saber ver que nesta època de cambio tecnolòxico-informativa hai novas vìas e influencias para exercer o traballo.
    O intrusismo profesional tamèn è un factor que leva ocorrendo ò longo da vida en tòdolos sectores, non sò no xornalìstico. Deberìamos contar con èl para informar diferenciando un traballo profesional do que non o è.

  23. Calíope Cambeiro
    Marzo 15th, 2012 at 12:55 | #23

    Aínda que estou de acordo coa maior parte do artigo, creo que hai que sinalar que, o feito de que hoxe en día todo o mundo teña a posibilidade de exercer como “xornalista” coas novas tecnoloxías, non é o único que fai que a profesión perda credibilidade e sexa mal vista pola sociedade. En moitos casos, son os propios xornalistas ou os grandes medios de comunicación os que renuncian a ética e a calidade coa escusa da necesidade de rapidez e de gañar público.
    Polo demais, concordo totalmente coa túa conclusión.

  24. Paula Martínez Casares
    Marzo 15th, 2012 at 12:49 | #24

    O xornalismo non desaparecerá. O dereito a unha información digna é algo polo que ten que loitar a sociedade no seu conxunto. Independentemente de que nos invadan as tecnoloxías ou as informacións en blogues ou redes sociais as nosas armas axudarannos a enfrontarnos a todas as calamidades. Con veracidade por escudo e riqueza lingüística e de contidos por pistola combatiremos para facer desta unha profesión moito máis noble.

  25. Zoraida Rial Barroso
    Marzo 15th, 2012 at 12:49 | #25

    Concordo contigo no senso de que internet abre moitas posibilidades aos novos xornalistas. Non obstante, a rede tamén ten algúns dos non menos relevantes perigos que tamén apuntas como o feito de darlle veracidade a todo o que lemos na pantalla ou a posibilidade de calquera para elaborar unha noticia mesmo sen ter claros os criterios xornalísticos. Cómpre pois que exista un filtro no torrente de información que supón á rede para alcanzar ese obxectivo de informar.

  26. Eva Rivas Martínez
    Marzo 15th, 2012 at 12:47 | #26

    As novas tecnoloxías están ao alcance de todos e cada vez son máis as persoas que publican información a través da rede. A diferencia desta xente cos xornalistas está tanto no proceso de elaboración de contidos coma na veracidade dos mesmos, sempre sen renunciar á calidade e á ética características dos xornalistas. Estes aspectos son os que permiten que o xornalismo sobreviva na era tecnolóxica actual.

  27. Lorenzo Chedas Redondo
    Marzo 15th, 2012 at 12:45 | #27

    Un dos grandes males do xornalismo moderno é o seu intrusismo. Ben é certo que o problema ben de lonxe: dende os seus comezos, ao non contar con estudos para a formación de xornalistas, as redaccións enchéronse de letrados, economistas ou empresarios. Nembargantes, o certo é que exercían o seu traballo con calidade. Isto non ocorre hoxe en día, debido a que o intrusismo é totalmente negativo: na actualidade persoas que posúen de todo menos cultura fanse chamar xornalistas, deturpando o traballo de quenes fan un traballo digno. Por iso, estou totalmente dacordo coa compañeira Laura, xa que a única vía de que o xornalismo susbista é facer o noso traballo ofrencendo a nosas mellores dotes.

  28. Sara Torreiro
    Marzo 15th, 2012 at 12:44 | #28

    Evidentemente a única salvación do xornalismo é que permaneza o inmutable, con independencia do que avance a tecnoloxía. O inmutable é a verificación, o contraste, a ética e a deontoloxía. Valores que non existen no tan de moda xornalismo cívico. Obviamente somos os xornalistas os que os temos que poñer en valor.

  29. Yolanda Vidal
    Marzo 15th, 2012 at 12:43 | #29

    Pois eu non estou de todo de acordo. O problema do xornalismo e a ameaza de Internet non é que calquera poda falar e se lle considere xornalista. O verdadeiro problema radica nos medios. Á xente de a pé resúltalle máis sinxelo crer o que di “calquera” (como sempre se lles apoda) na rede que o que din os xornais electrónicos. Porque o lector sinte que ese “calquera” ten coñecementos para falar do tema, e que os xornalistas, moitas veces, non. Que só transmiten o que lles din ou o que lle interesa ó seu medio. O que falla, polo tanto, no xornalismo non é que os “outros” lle resten credibilidade. É que son precisamente os medios os que cada vez teñen menos.

  30. Alba Prada
    Marzo 15th, 2012 at 12:40 | #30

    Que a rede e a tecnoloxía acarrearon cambios na actual práctica do Xornalismo é unha realidade máis que evidente. As redes sociais e os blogs permiten que o cidadán de a pe tamén seleccione novas e as comente. Deste xeito crean toda unha cadea interactiva que logra recrear un dos principios que é básico no Xornalismo: a reciprocidade e o feito de dar voz á sociedade.
    Pese a todo debe sempre quedar claro que isto non significa que a profesión de comunicador sexa unha actividade que pode exercer calquera no sentido máis estrictamente profesional. A capacidade para verificar, investigar, contrastar… en definitiva o rigor que require unha información ben traballada, só pode outorgallo o xornalista profesional.
    Non debemos permitir que Internet nos substitúa senón que debemos velo como unah ferramenta de axuda a nosa labor.

  31. María Fernández Romero
    Marzo 15th, 2012 at 12:40 | #31

    Coma todo na vida, a clave do futuro do xornalismo estará seguramente e como ben apuntas, no equilibrio. Estará pois, na arte dos profesionais para aproveitar as ventaxas que a rede proporciona, ser perder o norte. Para que a voz levantada polas audiecias nos blogs e nas redes sociais sexa escoitada, valorada e tida en conta, pasando así a enriquecer o traballo xornalístico. Deste xeito este traballo poderá afianzarse no seu carácter interactivo e bidireccional de diálogo cos espectadores. Pero sempre atentos aos perigos posibles para que o prestixio e a credibiliade dos profesionais non se vexan danados.

  32. Aitor Pereira Rodríguez
    Marzo 15th, 2012 at 12:38 | #32

    Que cambien os medios e as técincas non quere dicir que teña que mudar o xornalismo, e se o fai é posible que non sexa excluusivamente por estos aspectos tecnolóxicos. Se ben a nova era da información na que estamos entrando ten cousas positivas tamén terá outras negativas, e será labor do xornalista valorar cales debe empregar e interiorizar e cales descartar.

  33. Nora Ibazeta
    Marzo 15th, 2012 at 12:37 | #33

    Estoy totalmente de acuerdo contigo. Internet puede ser beneficioso y perjudicial a la vez para el periodismo. Por eso, en la calidad y en la credibilidad están las claves.
    Por parte de periodistas, es necesario ofrecer una informacion de calidad, que se diferencie de las informaciones ofrecidas por los que nos son profesionales. Por parte del público, es necesario buscar esa credibilidad que solo nos pueden ofrecer las informaciones verificadas.
    De todo este cambio nos habla Ignacio Ramonet, en su libro “La explosión del periodismo”. http://www.entrelectores.com/libro/29279.la-explosion-del-periodismo-ignacio-ramonet/

  34. Cristina Terceiro
    Marzo 15th, 2012 at 12:36 | #34

    Realmente estou moi dacordo coa túa visión do futuro ou da evolución que pode sufrir o xornalismo, e tamén coa importantísima función que teñen os profesionais do xornalismo para conseguir que este perdure mantendo a súa gran calidade e sobre todo diferenciandoo de simples opinións ou textos sen ningunha validez en canto a fontes, contido e demais, que farán caer ós cidadáns en falsas crenzas no caso de deixarse levar polo que se publique sen mais. Internet facilitará o traballo en gran medida pero tamén será unha gran fonte de basura cibernética susceptible de ser empregada.

  35. Raúl Ríos
    Marzo 15th, 2012 at 12:35 | #35

    Está claro que o xornalismo se diferenciará pola calidade e rigorosidade na súa metodoloxía de traballo. Calquera licenciado pode facer un copia-pega e hai moito xornalista non licenciado que, a base de aprender teórica e practicamente, emprega unha metodoloxía profesional que o convirte en auténtico xornalista. As tecnoloxías non son máis que ferramentas, co xornalismo pode pasar o mesmo que pasou coa fotografía, calquera persoa com dous dedos na man pode “expoñer” as súas fotos en internet, e chegar mesmo a obter gran difusión, sen que por iso se lles requira ningunha calidade.

  36. María Pedre Piñón
    Marzo 15th, 2012 at 12:35 | #36

    Actualmente calquera persoa que publica información na rede pode considerarse un informador. Neste contexto, o que debemos facer os xornalistas é buscar o que nos diferencie dos demais, pero non só no estilo, senón nos procesos de busca, elaboración e presentación dos contidos, para así revalorizar o noso papel como mediadores.
    Concordo contigo tamén na importancia da ética; sen honestidade non se pode facer un xornalismo de calidade.

  37. Carla Nimo
    Marzo 15th, 2012 at 12:34 | #37

    A miña postura é totalmente coincidente coa túa. Os usos que se están a facer de Internet por parte dos cidadáns están restando, posiblemente, valor ó xornalismo. Sen embargo, creo que iso é algo que está nas mans dos xornalistas. Nos dispoñemos de técnicas profesionais, dun saber facer xornalismo de calidade, e de contactos ós que non poden chegar quizais a xente de a pé. Debemos aproveitar todo iso para facer un xornalismo diferenciador e de calidade, evolucionando e adaptándonos, eso si, ás novas tecnoloxías.

  38. Nuria López González
    Marzo 15th, 2012 at 12:34 | #38

    O xornalismo está mudando, e non é malo que o faga xa que ten que evolucionar coa sociedade e co mundo ó que como di Laura, serve. Polo tanto non é negativo o feito de que os medios teñan presenza na rede ou noutros medios electrónicos, o que hai que conseguir é que esta evolución se faga manteñendo as bases sólidas do xornalismo que é a información veraz e o compromiso dos xornalistas en desenvolver ben o seu traballo.

  39. Lucía López Castro
    Marzo 15th, 2012 at 12:33 | #39

    Estou de acordo contigo nese cambio que se está a producir na forma de facer xornalismo cara unha vertente mais técnica. De feito é de agradecer que xa nas facultades se nos esteña a formar para tal cambio, centrando as materias no chamado xornalismo electrónico. Xa que ós profesionais se nos está formando para o cambio, o que fai falta agora, e como xa se comentou neste blog, é un cambio social que saiba discernir e valora-lo bo xornalismo en internet e que así, sexa a parte positiva que ofrece a rede a que se aproveite.

  40. Fátima Fernández Fernández
    Marzo 15th, 2012 at 12:30 | #40

    Concordo contigo en que non se debe renunciar á calidade e a ética, que son, de feito, as únicas que poden xerar a credibilidade que o xornalismo precisa para recuperar, ademais, o prestixio como profesión.

  41. Alba Felípez
    Marzo 15th, 2012 at 12:29 | #41

    Totalmente de acordo co artigo. Se nalgo nos podemos diferenciar os xornalistas de toda a xente que aporta información a través de blogs, redes sociais etc que non son profesionais é a calidade da nosa información. Marcar a diferencia, concienciar da necesidade de verificar a información e de informarse do xeito máis verz posible.

*