Non hai mal que cen anos dure
Por MARÍA LUCÍA GONZÁLEZ BARBOSA
Dentro do xornalismo estamos a vivir unha mala época, tempos escuros están por chegar, un futuro incerto no que exercer a profesión para a que estudamos é un feito que se ve efémero. Mentres tanto a opción é seguir preparándose, seguir estudando e ampliando coñecementos para afrontar o mundo profesional en primeira liña. Un mundo profesional que polo momento vemos lonxe, pero que tarde ou cedo chegará, sexa dentro ou fóra das nosas expectativas xeográficas. Pode ser que o futuro estea lonxe, que aquilo que máis ansías facer se atope noutras fronteiras e que sacrificar cousas como familia e amigos sexan o prezo a pagar por ter unha oportunidade laboral á altura do que queremos (e podemos) chegar a ser. O camiño ata aí será duro, traballo e máis traballo, cousas que serán un deleite para nós facer e outras que non suporán un pracer, pero se ten unha boa meta clara todo o que se adiante polo camiño non será en van. Porque ese será o noso futuro, un mundo no que canto máis poidas abarcar máis lonxe chegarás, máis preparado estarás e máis opcións poderás ter. Un obxectivo claro é o punto de partida para comezar a etapa que nos agarda unha vez a facultade quede no pasado das nosas vidas, un obxectivo a conseguir e polo que loitar coa preparación por bandeira.





RSS


436680 985685I believe this internet web site has some rattling great information for everybody : D. 282699
783178 68655Some really interesting info , well written and loosely user genial . 305425
989952 888125I adore your wp format, where did you get a hold of it? 202041
617660 731067This kind of publish appears to get yourself plenty of visitors. How will you acquire traffic to that? It provides a fantastic special twist upon issues. I guess having something traditional or maybe substantial to give information on may be the central aspect. 571853
767043 115587Ich kenne einige Leute, die aus Kanadakommen. Eines Tages werde ich auch dorthin reisen Lg Daniela 452806
347787 810312Quite intriguing topic , appreciate it for putting up. 29792
314184 223731Couldn?t be produced any far better. Reading this post reminds me of my old room mate! He always kept talking about this. I will forward this report to him. Pretty certain he will possess a excellent read. Thanks for sharing! 598999
657302 914941the most common table lamp these days nonetheless use incandescent lamp but some of them use compact fluorescent lamps which are cool to touch.. 160751
154204 945200I undoubtedly did not realize that. Learnt something new nowadays! Thanks for that. 922601
970228 825921This internet internet site is my breathing in, quite wonderful pattern and perfect content material . 827076
636629 632677Its amazing what supplementing can do for your body and your weight lifting goals! 205381
417885 127496Ill do this if want to as significantly as I hope that is not too far off the track. 154705
501068 683349Thanks for the blog loaded with so many information. Stopping by your blog helped me to get what I was looking for. 439639
77067 650375Soon after study some with the content material within your internet site now, we genuinely such as your technique of blogging. I bookmarked it to my bookmark internet internet site list and will also be checking back soon. Pls look at my web-site likewise and make me aware what you believe. 583060
159925 531732You ought to join in a contest for starters of the highest quality blogs online. I will recommend this page! 380956
372263 929452if this post was likened to a flavor of yogurt, what flavor would it be? Banana, I believe. 393315
553430 527528Spot on with this write-up, I really suppose this website needs much more consideration. probably be once more to learn way more, thanks for that info. 213009
164118 543000There is noticeably a bundle comprehend this. I suppose you created specific good points in functions also. 921404
488366 345856hi there, your site is discount. Me thank you for do the job 198862
214654 926970I admire your function , regards for all of the beneficial weblog posts. 69817
526214 157712hello I was very impressed with the setup you used with this blog. I use blogs my self so congrats. definatly adding to favorites. 594416
255461 307631Just added this blog to my favorites. I enjoy reading your blogs and hope you keep them coming! 202526
359227 161892Hey! Very good stuff, do tell us when you lastly post something like this! 904133
633622 559834We guarantee authentic brands avoiding inferior commercial imitations, or even dangerous counterfeits. 26006
262540 75896Thank you for sharing with us, I believe this site truly stands out : D. 128939
Here’s the latest on the conference’s top players who are projected to go from playing on Saturdays to starring on Sundays.
1. LB Jarvis Jones, 6-3, 241, Georgia
Why he has the top spot: Jones’ battle with an ankle injury hasn’t changed his status as the top overall draft prospect in the SEC. He missed his second full game due to the
injury in the Bulldogs’ 29-24 win over Kentucky on Saturday. Still, Jones remains a versatile defender who can rush the pass or drop into coverage. He’ll need a strong second
half of the season to maintain his lofty draft status.
Season stats (five games): 36 tackles, 5.5 sacks, 9.5 TFLs, 3 forced fumbles, 15 QB hurries, INT.
Player ranking: Jones remains fifth overall, and he is the second-highest outside linebacker in CBSSports.com’s latest player rankings.
Up next: The Bulldogs’ next game is against Florida. Jones returned to practice on Monday and is expected to play. Georgia will need him against a Florida team that averages 213
yards per game on the ground.
2. QB Tyler Wilson, 6-3, 220, Arkansas
Why he has the second spot: After a slow start for Wilson and the Razorbacks, the senior QB has turned it around in the last few weeks before having a bye last weekend. He’ll
have a chance to solidify his status as a first-round pick with games against Mississippi State, LSU and South Carolina still on the schedule.
Season stats (six games): 124 of 205 (60.5 percent) for 1,957 yards, 14 TDs, 5 INTs.
Player ranking: Wilson is ranked as the No. 12 overall prospect and is the third-highest ranked QB in CBSSports.com’s latest player rankings.
Up next: The Razorbacks play Ole Miss this weekend. The Rebels are ranked No. 65 nationally in scoring defense, so Wilson should have a chance to put some good numbers up.
NBA JERSEYS
Concordo en que cos tempos que corren o mellor que podemos facer é estudar e prepararnos para formarnos como bos xornalistas, pois canto mellor cualificados esteamos maior probabilidade teremos de acceder ó mercado laboral con éxito.
A fulminante velocidade cá que o noso mundo estase a transformar require, dende logo, unha formación constante para estar a altura das circunstancias e poder describilas e analizalas para soportes novos cara á novos públicos. E coa ampliación non só nos referimos a educación tecnolóxica senón en moitas máis parcelas; culturais, sociolóxicas, políticas, económicas, de ocio… A especialización é un facotr fundamental a ter en conta.
Estou dacordo contigo, cos tempos que corren o mellor que podemos facer é formarnos canto máis mellor. Temos que loitar polos nosos obxectivos e para iso, ademais da formación, teremos ademais que estar dispostos a voar fóra das nosas fronteiras. Pero insisto na importancia dunha formación completa. Para min tamén vai ser a nosa mellor arma.
Si que parece que, tal e como están as cousas, vémonos un pouco obrigados a seguir formándonos unha vez remate a carreira. Pero o que agora vemos como una saída para a difícil situación que atravesamos, no futuro pode resultar unha vantaxe. Iso si, non podemos esperar que simplemente por ter a Licenciatura en Xornalismo, o máster en non sei que e o Grao en vai ti saber que outra cousa, vaiamos estar preparadísimos. A formación tem que comezar na nosa propia mentalidade e non só no papel do currículo.
Unha formación continua é importantísima para calquera profesión e mais aínda para o xornalismo. Nos tempos que corren e nesta situación de alta competitividade pola escasez de traballo, a especialización do xornalismo marcará a diferenza. É mais, cando a situación mellore no futuro (que o fará) incluso pode que nos beneficie ternos “obrigado” agora a seguir estudando.
Todo éxito na vida depende de viaxar cara unha meta, aquel que non sabe o que quere, pouco ha de conseguir, e o que consiga será seguramente froito do azar. Antes de emprender calquera empresa por sinxela que sexa, hai que ter claro de onde se parte e cara onde se quere chegar se non estará destinada ao fracaso. E moito máis se toca poñerse en marcha nunha época de incertidume coma nos cadrou a nós.Por iso, o que se esixe de nós é valentía para poder romper as barreiras xeográficas e para afrontar o futuro veña como veña.
Pero como di Àngels Barceló nesta entrevista: http://www.kane3.es/radio/angels-barcelo-los-profesionales-de-la-tele-estamos-refugiandonos-en-la-radio.php, sen olvidarse nunca de vivir o presente.
http://elpais.com/diario/2010/09/19/domingo/1284868353_850215.html
Está claro que hai que seguir formándose, se algunha vez mudan as políticas neoliberais, se cambia de sistema e volve haber traballo, ese traballo será para as fornadas de estudantes recén saídos das facultades nese momento, non para os que xa rematamos dez anos atrás. A non ser que nos sigamos preparando e sigamos gañando en capital humano.
Admiro moito a túa capacidade de superación así como a actitude postiva en canto ó noso futuro. Non sei o que poderá pasar, tendo en conta que os xornalistas somos un dos gremios en España con máis índice de paro. Do que si que estou segura e de que o que gusta e o que queres facer tes que loitar por conseguilo, e seguro que neso non desistimos. Un comentario moi alentador!
Aínda que non é o único necesario, está claro que unha boa formación é imprescindible en case calquera campo, máis aínda no xornalismo. Ademais, como sinalas, nos tempos que corren unha boa educación pode marcar a diferenza, sobre todo se se escolle algún ámbito de especialización , como sinala a profesora de xornalismo Idoia Camacho no libro escrito conxuntamente con outros xornalistas “ La especialización en el periodismo. Formarse para informar”
http://www.anisalud.com/es/actualidad/noticias-anis/el-periodismo-especializado-una-para-salir-de-la-crisis
Claro que a situación actual non nolo pon fácil, pero non deberíamos tampouco caer na comodidade de pensar que a culpa non é nosa, que nós non temos nada que ver no asunto. Moitas veces crese que a preparación é algo que se adquire logo de catro anos, tras sentarmos día tras día nunha cadeira da Aula 1, logo de memorizar a maior cantidade posible de apuntamentos. Pero non nos enganemos. A preparación é algo máis. Non é pasividade, senón actitude activa máis aló da facultade. E iso implica interesarse polo que alí non nos din, -que tamén existe!-. Pola nosa parte, deberiamos autoesixirnos máis. Polo outra, non hai que desesperar. Nunca choveu que non escampara.
Paréceme a mellor alternativa dado o contexto laboral na actualidade, aínda que a formación tamén debe ir acompañada de iniciativa e vontade para cambiar a situación actual. Dame a impresión de que estamos todos á espera de que pasen estes tempos difíciles, pero non deberiamos esquecer que tamén somos nós os que temos a chave do cambio.
A mi me pasa lo contrario que a ti, y veo mi futuro laboral tan cercano como incierto. Ante eso, he decidido seguir formándo para adaptarme a un mercado laboral cada vez más exigente con los conocimientos de sus obreros. Pero llegados a este punto vuelven las dudas sobre la posible emigración…y apesar de los miedos y riesgos que, como ien dices, eso supondrían, en los tiempos que corren es la mejor alternativa que veo.
O futuro está negro, é certo, as oportunidades escasean, máis como di o vello dito: a río revolto…
Non podemos ficar parados vendo como licenciados en Xornalismo, unha inversión de catro anos e máis aínda de ilusións, quedamos relegados a postos de escasa cualificación para os que non se necesita unha carreira, temos que movernos e apostar por unha renovación do xornalismo
A preparación sobra. O que falta son ganas de arriscar e afrontar un futuro que por incerto non deixa de ser prometedor a pesar da situación económica actual. Iso é o que penso, podemos seguir chorando e dicindo que o sistema non ofrece oportunidades ós xornalistas cualificadísimos ou podemos movernos. En carreiras de letras a formación está sobrevalorada, non hai alta cualificación por ter un master en calquera trapallada das que inventan agora, ás veces vale máis ter un master en supervivencia que en Relacións internacionais pra sobrevivir na guerra.
Son tempos difíciles para entrar no mundo laboral, e probablemente sexamos unha xeración de estudantes que pese a estar máis que cualificados, de ter uns currículos probablemente envexables, etc. tocaranos afrontar difíciles decisións se queremos lograr cumprir os nosos obxectivos e non rematar traballando nun McDonals, nun bar de copas ou en algo parecido, que pese a seren moi respetables, non teñen nada que ver co que un día as nosas ilusións inocentes elixiron fai anos; unha carreira que nos acompañase polo resto das nosas vidas, da cal desfrutásemos e puidésemos vivir.
Son os propios medios de comunicación os que colaboran a agrandar o pánico xerado polo contexto actual. Seccións como #nimileuristas do xornal El País http://elpais.com/tag/nimis/a/1 axudan a amedrentar á sociedade co historias persoais que contan penalidades como que a pesar dunha boa formación, experiencias no extranxeiro e linguas é imposible atopar un traballo. A sittuación ten solución. Mellorar para medrar.
A preparación parece un ben cada vez máis escaso. Nas aulas de xornalismo pídesenos renunciar aos principios para ser obxectivos, en lugar de renunciar aos prexuizos para dar información contrastada. Se desde os axentes xeradores da opinión pública desatendemos a formación para xestar un pensamento social crítico co recurrido «copia e pega», a sociedade vai funcionar de espello. E a un político corrupto cómprenlle máis este tipo de actitudes:
http://www.lavanguardia.com/lacontra/20111121/54239150008/un-politico-corrupto-prefiere-blogueros-a-periodistas.html
@Sara Alonso
Totalmente de acordo con Sara Alonso. Despois de catro anos de facultade podo afirmar que desarrollei máis capacidades debatindo con compañeiros de clase sobre temas de actualidade (ou non) que nas propias clases, donde moitas veces me pregunto se non estarei nun taller de copistas máis que nunha aula con futuros xornalistas.
Agora que acabamos a carreira asáltannos as preocupacións polo que virá. Sabemos que son malos tempos para licenciarse e que non vai ser doado facerse un oco como profesionais da comunicación. Pero sempre fai máis o que quere que o que pode; e con ganas, ilusión e moita forza de vontade todo pode chegar. Non cerrarse a nada, estar disposto a irse ao estranxeiro é unha boa maneira de comezar esta loita, porque todo sacrificio remata tendo a súa recompensa.
Aínda que non é o único necesario, está claro que unha boa formación é imprescindible en case calquera campo, máis aínda no xornalismo. Ademais, como sinalas, nos tempos que corren unha boa educación pode marcar a diferenza, sobre todo se se escolle algún ámbito de especialización , como sinala a profesora de xornalismo Idoia Camacho no libro escrito conxuntamente con outros xornalistas “ La especialización en el periodismo. Formarse para informar” http://www.comunicacionsocial.es/cs/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=78&BUSQUEDA=NO&MODO=CATALOGO&CB=0&CADENA=Camacho%20Markina%%20Idoia
http://www.anisalud.com/es/actualidad/noticias-anis/el-periodismo-especializado-una-para-salir-de-la-crisis
La situación es difícil, pero hay que confiar en que dentro de un tiempo cambiará. Formarse es importante, y cuanto mayor preparados estemos, mayores opciones tendremos de encontrar un mejor empleo. Los tiempos ahora mismo son difíciles, pero con esfuerzo y un poco de suerte, todo se puede conseguir.
A crise da profesión tamén obriga a reflexionar sobre o modelo de formación xornalística dominante. Como e para que se ensina xornalismo neste país? Realmente estamos preparados para exercer con responsabilidade moral e ética a tarefa que se nos supón encomendada? As rutinas tamén se adquiren nas aulas porque as propias facultades asumen, voluntaria ou inconscientemente, a taylorización do oficio. Durante catro anos demonizamos o xornalismo de axencias, de pupitre, de declaracións, pero baseamos os nosos expedientes máis na memorización e a teoría que na creatividade e a práctica. Bótanse de menos aulas con máis debates, máis reflexión. Máis aulas nas que se nos oriente con ideas e optimismo (por favor!) sobre como afrontar estes tempos de emigración forzosa.
Non cabe duda de que a formación é algo esencial; canto máis se esforce un e máis forza de vontade amose, máis aptitudes desenvolverá e maiores serán as súas posibilidades de rematar por demostrar a súa valía e traballar no que quere. Na actualidade non corren os mellores tempos para quen aspira a ser xornalista, pero iso non debe ser unha traba para quen desexa traballar neste mundo. O primeiro é formarse e non tirar a toalla antes de tempo, pois as cousas con traballo e confianza rematan por saír tarde ou cedo. Ninguén pode garantir que nuns anos a situación do xornalismo dea un volco e pase a vivir unha época dourada; todo é posible. E por iso mesmo hai que confiar no que un vai aprendendo, e aproveitar as oportunidades que xorden.
Está claro que malia que a cousa esté difícil, non podemos «tirar a toalla» e seguir preocupándonos por conseguir chegar ao noso obxectivo, é dicir, converternos en xornalistas. é por suposto, a formación é moi importante para chegar a ese punto. Iso si, formarnos para aprender, non porque «quede bonito» no currículo.
É importante ver oportunidades tamén nas situacións adversas, e o certo é que a esta profesión non lle vén nada mal que lle dediquemos uns anos máis a formarnos para interpretar e comunicar con propiedade en calquera dos ámbitos que finalmente escollamos -ou nos escollan- para desenvolver a nosa actividade.
O mellor do xornalismo está por chegar. Estamos inmersos nunha crise estrutural, e poida que existencial, da profesión pero está nas nosas mans saír reforzados dela. Podemos comezar por poñerlle un pouco de cor a tanta escuridade.
La situación actual que estamos viviendo, no es fácil. Por eso, estoy de acuerdo contigo en que la formación será la base para poder enfrentarnos a la profesión en un futuro no muy lejano.
El camino será duro, pero no por eso nos vamos a echar para atrás.
O futuro é complicado pero somos nós quen o temos que escribir e non cabe dúbida de que canto máis formados con mellor letra escribiremos.
Está claro que neste mundo tan competitivo, a formación é a nosa millor arma. Aprender e aprendero, eso sí, deixando de lado o feito de aprender só para conseguir un título. A chamada «titulitis» é un vicio que temos que rexeitar. Só así poderemos aprender con toda a nosa forza e ilusión.
Obviamente semella que agora máis ca nunca pintan bastos para o noso oficio. Malia todo, nós somos o futuro e na medida que nos afecta somos parte importante para cambiar esta tendencia unha vez fóra da facultade.
É unha postura moi razoable e que están a adoptar a maioría dos recentes licenciados. Á vista dun futuro inmediato con poucas ofertas de emprego nos medios, o único que pode abrirnos camiños é a formación; unha vez máis a diferenciacion dos outros polos nosos coñecementos, experiencias e prácticas.
Está claro que o futuro para os xornalistas, e en xeral, para todos está difícil, e o único que nos queda é ser positivos en todo momento e non deixarnos levar pola desesperación. E como se di por aí, o que algo quere, algo lle costa!