Home > Curso 2012, Xornalismo no futuro > Non hai papel para tantas árbores

Non hai papel para tantas árbores

Marzo 7th, 2012

Por IRIA AMEIXEIRAS

Miguel Anxo defendía que a escultura xa existía dentro da pedra. O milagre consistía en retirar as capas de mármore que a mantiñan oculta. Paralelamente: o xornalismo. O xornalismo funciona alimentándose de melocotóns que cruzan Oriente e Occidente co único fin de dar coa súa cáscara dura. A súa semente, que é semente e historia. Todo o demais estorba. O resto non serve para plantar, para que nazan árbores plurais das que sae o papel. E así unha e outra vez, o xornalista irá facendo aparecer a dentadas esa casca, a súa figura, a súa historia. A noticia. Nunca resistín a tentación de crer que o xornalismo se fornecía correndo en bicicleta dunha punta a outra da Costa da Morte, que as crónicas desde os Balcáns se narraban polas tardes desde un teléfono e tiñan titulares nos almorzos do día seguinte, nin sequera dubidei en pensar que para ser xornalista había que levar gabardina e sombreiro da marca Billy Wilder. En 2009 a redacción do San Francisco Chronicle era unha pantasma con Pulitzers colgados das paredes descoloridas. Agora dise que alguén leu que nos xornais escriben que Exupèry é unha marca de perfumes e que a garganta profunda lle concederon a xubilación anticipada, mentres os rotativos continúan coa revelación de novas que caducaron onte en Internet. Ao mellor en Finlandia os xornais non contan esas cousas porque, se non, ¿como se podería explicar que un estudante recibise unha subscrición a un xornal coma agasallo de aniversario? O feito de que os universitarios teñan descontos para acceder aos xornais é unha práctica común en Europa. Nos países escandinavos ler a prensa é conditio sine qua non para entender o mundo.No eido académico tamén pelexan para que Internet sexa o martelo co que se constrúa a prensa do futuro, e non unha arma que a escache. Malia que apenas hai diálogo entre académicos e profesionais, todos sinalan á Rede. No entanto, as historias do ciberespazo só teñen sentido se cobran vida na realidade. E o xornalista terá que estar aí co seu caderno, o seu iPad ou un cybor, preparado para contalas. Só agardo que entón haxa por fin papel para tanta árbore.

Iria Ameixeiras. Finlandia.

Iria formula a hipótese de que o futuro pode estar na internet

Curso 2012, Xornalismo no futuro

  1. Decembro 6th, 2012 at 02:46 | #1

    Nevertheless, shut up shop to at the rear of, as a matter of course to hold another Wholesale Sports Jerseys firearm maintained on stabbing because of the expenses created past python, momentarily relating to fingernail the gun Nike NFL Jerseys trellis thoroughly a some Oriental consummate remainings within these carpet, and the transfer on and straightforward of a stiletto give??ed their extraordinary stickpin of the python to pick out. See this marvellous python greater than to complete, our stable wood blares portion wolf suitably and as a result whisker heartfelt gift.While both China NFL Jerseys of these wolves see fit often pleasant this method python, may rather well most indubitably pull someone’s leg problems with a inveterate wounds, they’re continues to be intelligence to continue to twopenny nfl jerseys keep well-rounded reptile emergency of most, are not able to the excitement injure however.And so, brisk wisdom . plainly keep Wholesale Sports Jerseys which experts state python, facilitate it be proper no longer struggle to take french leave coupled with and thus. wood material to finally bellow significantly and ones own overthrow
    cheap deals

  2. Outubro 31st, 2012 at 02:52 | #2

    Here’s the latest on the conference’s top players who are projected to go from playing on Saturdays to starring on Sundays.

    1. LB Jarvis Jones, 6-3, 241, Georgia

    Why he has the top spot: Jones’ battle with an ankle injury hasn’t changed his status as the top overall draft prospect in the SEC. He missed his second full game due to the

    injury in the Bulldogs’ 29-24 win over Kentucky on Saturday. Still, Jones remains a versatile defender who can rush the pass or drop into coverage. He’ll need a strong second

    half of the season to maintain his lofty draft status.

    Season stats (five games): 36 tackles, 5.5 sacks, 9.5 TFLs, 3 forced fumbles, 15 QB hurries, INT.

    Player ranking: Jones remains fifth overall, and he is the second-highest outside linebacker in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Bulldogs’ next game is against Florida. Jones returned to practice on Monday and is expected to play. Georgia will need him against a Florida team that averages 213

    yards per game on the ground.

    2. QB Tyler Wilson, 6-3, 220, Arkansas

    Why he has the second spot: After a slow start for Wilson and the Razorbacks, the senior QB has turned it around in the last few weeks before having a bye last weekend. He’ll

    have a chance to solidify his status as a first-round pick with games against Mississippi State, LSU and South Carolina still on the schedule.

    Season stats (six games): 124 of 205 (60.5 percent) for 1,957 yards, 14 TDs, 5 INTs.

    Player ranking: Wilson is ranked as the No. 12 overall prospect and is the third-highest ranked QB in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Razorbacks play Ole Miss this weekend. The Rebels are ranked No. 65 nationally in scoring defense, so Wilson should have a chance to put some good numbers up.
    NFL

  3. Outubro 26th, 2012 at 10:22 | #3

    Here’s the latest on the conference’s top players who are projected to go from playing on Saturdays to starring on Sundays.

    1. LB Jarvis Jones, 6-3, 241, Georgia

    Why he has the top spot: Jones’ battle with an ankle injury hasn’t changed his status as the top overall draft prospect in the SEC. He missed his second full game due to the

    injury in the Bulldogs’ 29-24 win over Kentucky on Saturday. Still, Jones remains a versatile defender who can rush the pass or drop into coverage. He’ll need a strong second

    half of the season to maintain his lofty draft status.

    Season stats (five games): 36 tackles, 5.5 sacks, 9.5 TFLs, 3 forced fumbles, 15 QB hurries, INT.

    Player ranking: Jones remains fifth overall, and he is the second-highest outside linebacker in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Bulldogs’ next game is against Florida. Jones returned to practice on Monday and is expected to play. Georgia will need him against a Florida team that averages 213

    yards per game on the ground.

    2. QB Tyler Wilson, 6-3, 220, Arkansas

    Why he has the second spot: After a slow start for Wilson and the Razorbacks, the senior QB has turned it around in the last few weeks before having a bye last weekend. He’ll

    have a chance to solidify his status as a first-round pick with games against Mississippi State, LSU and South Carolina still on the schedule.

    Season stats (six games): 124 of 205 (60.5 percent) for 1,957 yards, 14 TDs, 5 INTs.

    Player ranking: Wilson is ranked as the No. 12 overall prospect and is the third-highest ranked QB in CBSSports.com’s latest player rankings.

    Up next: The Razorbacks play Ole Miss this weekend. The Rebels are ranked No. 65 nationally in scoring defense, so Wilson should have a chance to put some good numbers up.
    JERSEYS

  4. Raquel Martínez García
    Maio 15th, 2012 at 19:15 | #4

    La esencia del periodismo, como tú dices, es contarle a los lectores lo que pasa y saber cómo contarlo para que consigan comprender y convivir en el mundo que los rodea. Si esto sigue siendo el objetivo de todo buen periodista, cualquier soporte en el que se haga ha de ser bien recibido y no temido.

  5. Laura Ouviña
    Abril 30th, 2012 at 15:52 | #5

    Como ben di Andrea, Spain is different, e por suposto neste ámbito non ia ser distinto. España vai con retraso en canto ó interese pola lectura de xornais e ben sería de gran proveito imitar ós países escandinavos neste aspecto, mais mentres se manteña este modelo cultural, e non se fomente o hábito de lectura paréceme imposible que aconteza. Debese promulgar o hábito de lectura pero sempre unido a unha prensa de calidade, polo que os xornalistas tamén temos que facer o esforzo de crear un xornalismo mellor que teña as súas bases no xornalismo tradicional sen que o soporte teña importancia.

  6. Andrea Núñez-Torrón Stock
    Abril 14th, 2012 at 11:43 | #6

    Coma en outras situacións paralelas, “Spain is different”. Non podemos equiparar, por desgracia, a farándula e as empobrecidas tendencias socioculturais de ocio en España cás dos, moito más serios e comprometidos, paises nórdicos europeos. Sen embargo, nada disto é irreversible. A educación é unha man moito máis hábil, poderosa e concienciadora do que se cre, e pode mover moitos hilos en canto a difusión de novos roles e hábitos en comunicación. As audiencias deben saberse máis donas de si mesmas, máis cercanas aos medios e con máis autonomía para emitir críticas e contrastar informacións. A prensa en papel, polo dagora máis rica, entrañable e prestixiosa, acabará por ser unha cuestión de pura estética e formato se as edicións dixitais apostan pola calidade e a integridade de sempre.

  7. Alba Otero García
    Marzo 21st, 2012 at 13:16 | #7

    A consciencia e a conciencia. O ser consciente e o estar concienciado. Esas son as claves dunha sociedade formada, sólida. Unha sociedade crítica. E coido tamén, por desgraza, que son estas dúas virtudes -o ser consciente do que ocorre ó noso redor e e estar concienciado da importancia de selo- o que nos diferenza dos países escandinavos. Oxalá tamén nós nos indignaramos cada vez que o veciño intenta declarar menos do que ten, cada vez que o que camiña pola rúa agarda que ó de diante lle caia un céntimo ó chan para apañalo e “facerse rico”, cada vez que os programas máis vistos sexan os que falan de como fulanito se deita con menganita…A nosa sociedade non é así e iso é un problema de base, de educación. Por iso, mentres a educación non cumpra o seu papel, poucos sentirán a necesidade dun xornalismo de calidade e poucos o apoiarán.

  8. Rafa Silva
    Marzo 21st, 2012 at 12:29 | #8

    Internet non é determinante mais si condicionante. As novas tecnoloxías non deixan de ser un instrumento de apoio para o noso traballo, os perigos polos cales a nosa profesión se atopa nunha etapa de crise xorden daqueles que divinizan as súas posibilidades e non toman riscos.

  9. Carla Nimo
    Marzo 21st, 2012 at 10:48 | #9

    O xornalismo non mudou, o que mudan son os soportes. E debemos propornos adaptarnos ás novas tecnoloxías, ás novas formas de contar e de chegar á xente no mundo virtual. Evolucionar.
    Ademais, non debemos limitarnos só a contar o que acontece. Debemos diferenciar o noso traballo do traballo de milleiros de creadores non profesionais de contido. Achegar á xente unha interpretación dos acontecementos de calidade e con profesionalidade.

  10. Calíope Cambeiro Vaz
    Marzo 20th, 2012 at 12:50 | #10

    Os cambios sempre son difíciles. O problema é non saber adaptarse a eles no menor tempo posible. Neste caso, efectivamente, non importaría demasiado o soporte no que se recolla ou difunda a información, de non ser porque, en moitos casos, isto fixo que se cambiara a calidade, a reflexión… pola rapidez. Se o único que conta nestes tempos é que a información chegue o máis rápido posible, calquera que asista a un acontecemento poderá exercer como xornalista. Por iso, no momento no que máis doado é acceder e crear información, no momento no que isto non é propiedade exclusiva dos xornalistas e os medios de comunicación, deberemos esforzarnos moito máis en imprimir calidade os nosos discursos e en ofrecer todo aquilo que realmente pode diferenciar o noso traballo do que calquera pode facer na súa casa cun ordenador e unha conexión á Internet.

  11. María Fernández Romero
    Marzo 15th, 2012 at 19:42 | #11

    Certo é que unha das características esencias daquel que quere adicar a súa vida ao xornalismo, é a versatilidade, a capacidade de adaptarse a todo no menor tempo e coa maior eficacia posible. Por iso, non podo estar máis de acordo contigo cando dis que o xornalista ten que estar aí para contar a noticia, xa sexa co caderno de toda a vida, cun iPad ou covertido el mesmo nunha máquina. Porque o que realmente importa é o que queremos contar e que poidamos contalo, o cómo xa é secundario.

  12. Sara Torreiro
    Marzo 15th, 2012 at 12:53 | #12

    Papel sempre vai haber, papel ou calquera outro soporte. Porque o medio non é o importante, nin o soporte. O verdadeiramente importante é a esencia. Tamén concienciar ó cidadán de que o traballo feito por xornalistas é un produto de calidade que esixe uns custos. Eu non creo (nin tampouco quero) que o futuro estea cheo de papel, abóndame con que estea cheo de xornalismo (do de verdade)

  13. Zoraida Rial Barroso
    Marzo 15th, 2012 at 12:53 | #13

    Creo que polos motivos que expós agora máis ca nunca hai que poñer en valor a nosa profesión e á marxe dos novos soportes debemos sobre todo limitarnos a contar o que acontece e a achegarlle á xente unha visión da realidade o máis veraz posible.

  14. Marta Álvarez
    Marzo 15th, 2012 at 12:48 | #14

    Se ben é certo que o contexto sociocultural no que vivimos condiciona a calidade do xornalismo, creo que estamos tamén ante un problema de actitude persoal. Ante a pérdida de lectores, a resposta dos medios limítase a recortar recursos e botar man do xornalismo “de oficina”. Pero son tamén os propios xornalistas os que consinten estas prácticas por preguiza ou pasividade, porque é máis cómodo copiar e pegar una nota de prensa que acudir ó lugar da noticia. Se aqueles para quenes escribimos deixan de ler os nosos artigos deberemos de plantearnos que quizais o erro resida en nós mesmos. Como indicas, Iria, estamos a perder o contacto coa realidade, e os lectores reivindican na rede a voz que non lle estamos a dar.

  15. María Pedre Piñón
    Marzo 15th, 2012 at 12:44 | #15

    A esencia do xornalismo non cambia, o que cambia é a forma. Temos que saber adaptarnos a estes cambios e non tomalos como unha ameaza, xa que poden ter efectos moi positivos para a nosa profesión.

  16. Lucía Domínguez
    Marzo 13th, 2012 at 19:11 | #16

    O que dende logo está moi claro é que no debate do futuro do xornalismo non se pode obviar o papel importante que ten Internet e tódalas novas tecnoloxías que se están a desenvolver nestes anos. Ninguén nos dixo cando comezamos a carreira, aínda que algo nos imaxinásemos, que as cousas ían a cambiar tanto en tan poucos anos. E todo o que lles queda por cambiar…
    O que si que é importante, neste futuro que tan negro se presenta, o que non poden faltar son esas ganas de contar historias das que falas, de “quitala a casca” aos melocotóns e, sobre todo, de aprender uns de outros, de arriscar e nunca esquecer a verdadeira razón pola que facemos todo isto. Por moito que cambien as ferramentas.

  17. Cristina Terceiro
    Marzo 13th, 2012 at 10:50 | #17

    No mundo en que vivimos o máis importante é que non mude a esencia do xornalismo, xa que é inevitable que evolucionemos tecnolóxicamente cada día e moito menos non aproveitarnos disto. Agora mesmo o que prima é a actualidade, por iso internet ten tanto éxito porque nos informa case ó instante. Quizáis os medios tradicionais, so teñan que adaptarse a esta nova realidade para lograr non extinguirse a longo prazo.

  18. Lucía González
    Marzo 13th, 2012 at 03:05 | #18

    Papel para tantas árbores sempre haberá, a cuestión é qué poñer sobre o papel e quen o debe poñer. Na era das novas tecnoloxías na que nos atopamos sumerxidos sen poder remedialo, é cada vez máis difusa a imaxe do xornalista. Ese xornalista que aparecía en Primeira Plana esfumouse no tempo para dar paso a un papel no que parece que calquera se pode meter. Calquera pode ser xornalista hoxe en día e informar do que acontece polos novos medios, pero sempre existirá o oficio e as formas de facer as cousas, as boas formas que só un xornalista deberá coñecer.

  19. Nora Ibazeta
    Marzo 13th, 2012 at 02:48 | #19

    Es evidente que el periodismo está cambiando. Las nuevas tecnologías están afectando a la profesión. Por eso, será necesario ver la influencia de internet como algo positivo y aprovechar los beneficios que puede ofrecer.
    Creo que, como futuros periodistas, tenemos que ir adaptándonos ya a la nueva era digital que estamos viviendo y pensar en el periodismo de otra forma, siempre sin olvidar los criterios de veracidad y calidad.

  20. Marta Pita
    Marzo 12th, 2012 at 23:21 | #20

    Os países nórdicos, sempre tan adiantados en tantos temas… Viríanos moi ben imitalos no aspecto que comentas, pero resulta imposible mentres non cambie o modelo cultural que aquí temos e non se fomente o hábito de lectura e a conciencia crítica entre os máis novos. Hai demasiadas taras educativas neste ámbito. Trátase dun problema de base e, como xa dixeron outros compañeiros, mentres non se logre cambiar iso, dificilmente vai cambiar todo o demais.

  21. Vanessa Bran Bran
    Marzo 12th, 2012 at 21:27 | #21

    O que está claro e que na actualidade, tanto nos guste como non, os futuros xornalistas temos que adaptarnos ás novas tecnoloxías, que son as imperan neste momento e a nosa profesión evoluciona á par delas. Sen embargo,considero que o realmente relevante non é o soporte ou o xeito no que se difundan as noticias, o que realmente importa é o contido das mesmas. O xornalistas temos que relatar o que sucede do xeito máis fiel posible, pois ante todo,actuamos como mensaxeiros da realidade para o resto da cidadanía.

  22. Alba Prada
    Marzo 12th, 2012 at 20:30 | #22

    Claro está que nós mesmos somos conscientes de como o Xornalismo cambia e evoluciona cara o mundo dixital, pero precisamente iso evidencia que a nosa profesión sigue viva e máis viva ca nunca, porque medra á par da sociedade.
    A rede non ten que ser vista como unha ferramenta que fai máis pasivo e cómodo ao profesional da comunicación, senón como unha axuda máis na súa tarefa. Tarefa que a pesar de valerse das vantaxes que lle proporciona o mundo da Internet, non debe esquecer nunca a súa verdadeira esencia, a máis pura tradición, que é a responsabilidade do “ir, ver e contar”.

  23. Sara Alonso
    Marzo 12th, 2012 at 17:02 | #23

    Seguimos cegados polo “como”. Falamos de ferramentas, formatos, narrativas, pero moi pouco de historias. Do “que”. Di Zizek que “vivimos unha época que promove os soños tecnolóxicos máis delirantes pero non quere manter os servizos básicos máis necesarios”. Por iso, o instrumento máis revolucionario segue sendo o compromiso. A conciencia. Antes que xornalistas, somos cidadáns e a loita está nas rúas. O único xornalismo que merece ter futuro, tamén.

  24. Laura Moure
    Marzo 12th, 2012 at 13:14 | #24

    Laura Moure
    O importante de todo isto é que evolucionemos no xornalismo ó par da sociedade porque este está ó servizo dela. Independentemente no medio no que traballemos e as ferramentas que empreguemos, a superviviencia do xornalismo está na calidade e é aí onde os novos xornalistas nos temos que centrar. Debemos facer valer o noso!

  25. David Fernández
    Marzo 12th, 2012 at 13:08 | #25

    Para saber tirarlle todo o proveito a ese melocotón que encerra a verdade no seu interior cómpre ter uns dentes afiados e ben aprendidos. Por iso, é necesario que as xornalistas e os xornalistas do futuro teñan unha formación que lles permita analizar a realidade de xeito crítico, non ser un simple buraco dos Orzamentos Xerais da Xunta.
    Cando consultemos os medios nos vindeiros anos xa nos laiaremos, mentras tanto, dediquémonos a ser felices no ventre de Siza…

  26. Alba Felípez
    Marzo 12th, 2012 at 13:05 | #26

    A crise no xornalismo non é algo que aparecese unilateralmente, a crise estase a producir realmente en case todos os ámbitos da vida: social, económico etc pero sobre todo a crise na comunicación é estrutural. Estou dacordo en que un cambio na educación de base podería contribuir a unha mudanza na conciencia dos futuros xornalistas pero dende logo, a perviviencia do xornalismo precisa de máis cambios e pasa loxicamente pola renovación e o uso de novas ferramentas de comunicación.

  27. Paula Martínez Casares
    Marzo 12th, 2012 at 13:04 | #27

    Contar historias. Ben sexa montado nunha bicicleta correndo dunha punta a outra da Costa da Morte ou acudindo a roldas de prensa en bicicletas eléctricas armados cun ipad. Independentemente do soporte o importante é sacar a relucir a semente dos feitos. O xornalismo do futuro non terá unha nova razón de ser, só unha nova forma de contar o que realmente importa.

  28. Aitor Pereira Rodríguez
    Marzo 12th, 2012 at 12:54 | #28

    Estamos dando por hecho que se debe cambiar la forma de hacer periodismo, y estoy de acuerdo. Pero no se debe obviar que tal la ínfima calidad periodista que vivimos no sea algo casual ni cimentado en las “desgracias” de Internet. Tal vez los medios de hoy en día esten cumpliendo su función a las mil maravillas. La gente no tiene conciencia crítica, los de siempre pueden seguir manejando el cotarro a su antojo y aquí todos tan tranquilos. Tal vez no sea esta cuestión de ética ni de formación si no de negocio.

  29. Paula Martínez Gestoso
    Marzo 12th, 2012 at 12:52 | #29

    Non podemos escudarnos en que o problema é só do sistema, nin da educación, que tamén. O principal problema está dentro de nós, non somos responsables nin consecuentes cos nosos actos e non asumimos os riscos que debería conlevar o bon facer xornalística. A culpa é de este ou estoutro. Hai que deixar de botarnos a culpa entre nós, asumamos riscos, tomemos decisión e tentemos cambiar as tendencias, loitemos por un xornalismo novo que emane da investigación e a veracidade, verdadeiro xornalismo.

  30. Sara Pradera
    Marzo 12th, 2012 at 12:51 | #30

    Aínda que os soportes cambien e aparezan novas formas de facer xornalismo, está claro que hai que manter a súa esencia. Internet nos permite estar ó tanto da actualidade e coñecer case de inmediato o que sucede en cada parte do mundo, pero hai que saber aproveitalo e adaptarse a estas novas tecnoloxías.

  31. Álvaro Abuín
    Marzo 12th, 2012 at 12:47 | #31

    Opino como Fátima que o problema vén de base, a eduación é puramente científica e tan só buscar crear peóns de fábrica e enxeñeiros que non se revelen contra o sistema actual, ahí está a clave do xornalismo do futuro, contar verdadeiras historias e revelarse pra tentar cambiar o mundo, volver ós orixes polo tanto. Non podemos sucumbir ante a tendencia xornalística actual. Cómpre loitar. Sexa cun ipad ou cun pergamino é outra historia, secundaria.

  32. David López Vizcaíno
    Marzo 12th, 2012 at 12:46 | #32

    A cultura da lectura de prensa non é unha cousa que apareza da noite a mañá, senón que precisa dunhas bases que ata o de agora non posuímos aquí. Se temos en conta que non temos unha lei educativa que dure un lustro e que o formato dixital, malia que as suas informacións son máis que sesgadas, está a ser o gran competidor da prensa escrita por ser gratuíto danos máis ben poucas esperanzas de acadar éxito nesta tarefa.

    A ausencia de prensa de calidade tamén é un factor a ter conta que, ademais de dar información totalmente parcial, da lugar a unha formación pésima de xornalistas así como limita a súa creatividade persoal, ao meu parecer indispensable para un bo xornalista.

  33. Lucía López Castro
    Marzo 12th, 2012 at 12:45 | #33

    Creo que a adaptación, coma ti dis, ten que ser en ambos sentidos. Por unha banda a sociedade ten que chegar a comprender e valorar a labor dos xornalistas e o seu papel na sociedade. Pero creo que tamén os medios deberían adapta-lo seu traballo ós cambio sociais que se están dando, tanto de contidos coma de soportes, cousa que, ó meu modo de ver, non están a facer.

  34. Xandre Vázquez
    Marzo 12th, 2012 at 12:43 | #34

    A pantalla e o rato non poderán substituír nunca o cheiro dun xornal entre as mans. Os dedos suxos de tinta e os ladiños en negra. Porén, cara aí é onde nos diriximos. O ciberxornalismo gaña adeptos mentres o papel os perde. A dobre -ou triple- crise do xornalismo ameaza a redaccións, profesionais e futuros xornalistas. A internet democratiza a creación e leitura de información. Renovarse ou morrer.

  35. Lorenzo Chedas
    Marzo 12th, 2012 at 12:41 | #35

    O preocupante é que, mentras todos sinalan I
    nternet coma única opción de futuro e sen opción de réplica, deixamos morrer os xornais cos que tanto aprendimos, case con chulería, ríndose con disimulo.Non é cuestión de reflotar o barco afundido, senon de non apretar aínda máis a ferida xa aberta. Non quero pensar na morte da prensa escrita,non mentras teñamos a consideración e o respeto para que non se perda.

  36. Paula Seoane e Nuria López
    Marzo 12th, 2012 at 12:40 | #36

    No xornalismo hai demasiadas árbores da mesma clase. Pero soamente queremos desfrutar da súa sombra cando os troncos xa están cortados. É un feito que o xornalismo de calidade e pluralidade está en perigo de extinción, pero tamén é certo que non é a nosa culpa. Como sinalou Fátima Fernández, o futuro pasa por reformular a educación social e formal. E xa non para que os mozos nos acostumemos a ler a prensa e consumila diariamente, se non para que os xornalistas desenvolvan o seu traballo con ética e compromiso, a pesares de que sombras dos árbores máis frondosos intenten escondelos.

  37. Sánchez
    Marzo 12th, 2012 at 12:34 | #37

    Como dí o proverbio chino 智者可以坐在一个但只有傻瓜坐在它。

  38. Raúl Ríos
    Marzo 12th, 2012 at 12:33 | #38

    Estou de acordo contigo en que, independentemente do modelo de negocio e de como se adapten os soportes tradicionais á convivencia cos novos, o necesario para que o xornalismo sexa iso e non outra cousa é ter algo que contar, e contalo ben.

  39. Fátima Fernández
    Marzo 9th, 2012 at 23:09 | #39

    Para que o xornalismo cumpra a verdadeira función coa que foi concibido, falta sobre todo reformular a educación, tanto formal como social. Pero sobre todo, non podemos pedir que se valore e respecte o noso traballo se somos os primeiros en traizoar os seus principios por preguiza e temor a ensinar o que hai debaixo das capas que estorban. Menos mal que, malia ao adverso das circunstancias, aínda temos a esperanza de que o futuro estea cheo de papel.

  40. Raquel Ríos
    Marzo 7th, 2012 at 23:20 | #40

    Sempre envexarei, aínda que de forma sana como adoita dicirse, á cultura escandinava. Entre outras moitas cousas esta envexa xorde polas diferenzas nos hábitos de lectura de prensa. Se cada un dos universitarios galegos estivera subscrito a un xornal non teriamos asistido á masacre dos rotativos en papel dos últimos tempos e, sobre todo e máis importante, estariamos mellor formados como persoas e como sociedade.Grazas por abrirnos os ollos e por ser sempre optimista sobre o futuro Iria. Por certo, non creo que quede moito papel por encher, pero de seguro que permanecen as árbores.