Xornalismo de hoxe e mañá
Por MANUEL RODRÍGUEZ SANTABAYA
O ideal romántico do xornalismo preséntanos o profesional dos medios coma un cruzado en busca da verdade, destinado a loitar contra os poderosos e defender os máis indefensos. Guiándose por unha presunta obxectividade e independencia enorgullécese do seu labor social, dos seus watergates.
Éncheselle a boca con todas estas verbas coma liberdade de expresión, democracia,… Pero a verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información argumentando esa falacia de obxectividade (se se denuncia a alguén pouco importa que isto se basee en feitos irrefutables, pois estará o xornalista actuando de maneira imparcial).
Abandonou toda clase de aventura e crítica para apoltronarse na comodidade da rutina e das facilidades que lle dá ser un reprodutor de consignas oficiais. Apenas quedan medios independentes, a maior parte están subxugados a empresas e demais institucións mediante publicidade, accionariado e subvencións, factores contra os que nada pode facer o cidadán. Semella que en internet podemos achar unha alternativa, con múltiples webs de contrainformación e de xornalismo cidadán, onde facer fronte a esta tiranía dos grandes medios clásicos. Hai que evitar que esta arma quede nas mans dos de sempre, para que o xornalismo do futuro máis inmediato non remate sendo o xornalismo do pasado máis presente.
Manuel Rodríguez, activista e ‘teórico da conspiración’





RSS

Moi ben Manuel. O mellor, a foto. O contido, perfecto. Sempre tan áxil nos teus plantexamentos.
“A verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións”. Interesante e, lamentablemente, certo. De aí que teñamos que ser nós os que non nos deixemos levar pola masa e ser persoas críticas, activas, inconformistas, saír en busca e captura da verdade. O ideal romántico non debera perderse nunca.
Cierto es que nos encontramos ante la politización de los medios y el acomodamiento del periodista digamos 1.0. Es ahora cuando debemos usar todas las aplicaciones a nuestro alcance para llevar a esta profesión hacia un nuevo nivel. Además este acomodo de los periodistas digamos de pared( ya que ahí es donde uno cuelga su título nada más recibirlo) puede por otro lado provocar el que el denominado periodismo ciudadano y sus practicantes, nos coman terreno, y eso es, por otro lado, y siempre desde una humilde opinión, un arma de doble filo a la que nos debemos enfrentar. Y es que internet puede ser nuestra compañera o también servirnos de azote para darnos cuenta de que con nuestra pasividad, pronto las empresas de comunicación podrían considerarnos prescindibles.
A derrota do xornalista independente parece total, cun panorama xeral de prensa partidaria de facto -e o peor, sempre en defensa de dúas opcións electorias complementarias, agochando cando non criminalizando ou desprestixiando calquera outra opció- e unha asimilación por parte da sociedade deste feito como algo normal, vinculado á liberdade de expresión. Esquecendo, claro, que ese sometemento a consignas desde arriba é un inimigo desta liberdade.
E internet, de xeio reiterativo, aparece nestas análises sempre como a plataforma do futuro, que pode dar a volta, ou polo menos combater, esta situación, para recuperarmos o oficio, a dignidade e a ética do xornalista. Para que ningunha clase de mordaza poida atarnos na busca, análise e comunicación da verdade das cousas. Desde logo non podo estar máis de acordo coa análise do compañeiro. Tomemos a rede, que, coma o falar, non ten cancelas.
Ante a situación que viven os grandes medios tradicionais, «subxugados a empresas e demais institucións mediante publicidade, accionariado e subvencións», intenet é unha forte aposta para evitar a figura dese «xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información». A dependencia económica dos medios tradicionais trae consigo unha información condicionada polos intereses que hai detrás. Neste contexto, a alternativa que nos queda é confiar en internet como un portal no que poder desenvolver un xornalismo de calidade e no que podamos facer fronte a esta realidade.
Coincido contigo en todo o que dis. O xornalismo comprometido escasea. Cada vez os xornalistas se acomodan máis na rutinización da información. O peor que lle pode pasar a un xornalista é perder a paixón pola súa profesión. Na rede nacen iniciativas rompedoras e as canles de información multiplícanse. Ata hai ben pouco eran catro cabeceiras as que controlaban que saía á luz e que non. Agora escápaselle das mans porque calquera pode difundir información na rede libremente. A cidadanía adquiriu un rol activo na produción de información e estamos máis e mellor informados ca nunca. O futuro da comunicación está aí sen dúbida algunha.
Non sei ate que punto o xornalismo cidadá pode ser un futuro fiable. O chamado xornalismo cidadá da voz e converte en xornalistas os cidadáns de a pé, primeiro comunica e logo a sociedade filtra a información que quere recibir. Pola súa contra os medios primeiro filtran a información e logo comunican. Entón quen pode corroborar que sexa certa toda a maraña de información que hoxe en día circula na rede? Creo que este é o punto mais fraco da Internet, un aspecto que é necesario resolver primeiramente para non acabar nunha sociedade da desinformación.
Es cierto, tenemos que evitar los monopolios informativos. Internet es una salida para ello, da voz a aquellos que no son escuchados y como dice Manuel “con múltiples webs de contrainformación e de xornalismo cidadán, onde facer fronte a esta tiranía dos grandes medios clásicos.” Esta nueva herramienta del periodismo no va a caer en manos de los de siempre, pues es una ventana abierta para todo aquellos que quieren transmitir sus informaciones, incluyendo a los que no son periodistas, creo que lo que hay es una gran variedad de donde escoger.
En efecto, o xornalismo tradicional está claro que perdeu os seus valores ao refuxiarse na comodidade de encher páxinas e páxinas sen apenas dicir nada. Páxinas e páxinas nas que só as fontes oficiais e os grupos de poder teñen o seu recuncho garantido, onde verten as informacións que queren transmitir á audiencia sabendo que van chegar ao público apenas modificadas.
Ante este panorama, cabe pensar que internet pode ofrecer unha última oportunidade. E últimas oportunidades, mellor non desaproivetalas.
Son demasiados os problemas que nos acompañan na nosa viaxe para informar, gobernos que manipulan ós medios de comunicación para que publiquen o que queren oír, as rutinas que ameazan e destrúen o traballo do xornalista, personaxes que se atopan nas redaccións e que queren suplantar a figura do comunicador, etc. Pero non debemos desistir ante tal situación senón que hai que modificar esta maneira de pensar e apostar pola rede e por todas ferramentas que este medio nos aporta. O noso papel é facer un xornalismo de calidade e non un rutinizado.
Hace décadas el periodismo se vinculaba a defender a los más débiles, luchaban a favor de la democracia y de la libertad de expresión…hoy en día se relacionan con intereses económicos y políticos, que están matando poco a poco esta profesión. Como bien denuncia Manuel, el periodismo está dormido y acomodado en toda clase de rutinas. Hay que despertarlo, y hemos encontrado el despertador en la red. Aquí podremos hacer frente a estas grandes corporaciones gracias al periodismo ciudadano y a las múltiples webs que dan la palabra a las minorías.
Lo que afirma Manuel es la realidad actual que atraviesan la gran mayoría de medios. El periodismo romántico al que hace referencia es un simple espejismo que sirve de ejemplo para lo que debería ser el oficio de periodista, pero en la práctica es inviable. El periodismo se desempeña desde empresas que persiguen unos beneficios que aportan los lectores y, sobre todo, los anunciantes. Por eso, todo lo publicado nunca puede perjudicar al que paga esa publicidad por lo que la independencia periodística es sólo un ideal, no la realidad.
Na miña opinión a chave volve estar máis unha vez no modelo de negocio que saia desta revolución en marcha que trae canda si internet. A dependencia da publicidade, dos accionistas e das subvencións é un problema serio para a calidade dun medio, xa que conleva o sacrificio do rigor xornalístico para ser, como ben dis, altofalantes de intereses máis altos.
Debemos comprender que nunha economía de mercado producir información de calidade custa cartos. E mentras esta non mude, temos a obriga de operar nela. Mais iso non implica renunciarmos a todo. Sempre me preguntei, como funcionaría un medio de comunicación cun modelo cooperativo.
Manuel fálanos neste artigo dese concepto de Xornalismo que mudou co tempo e coa sociedade, un cambio negativo que afectou de xeito importante aos xornalistas. Como di no artigo, esa figura antigamente heróica e romántica que loitbaa pola verdade e a súa orgullosa e suposta obxectividade deu paso a unha especie de «altofalantes» automáticos dos intereses persoais e económicos de corporacións, empresas e persoeiros de relevencia que manexan os hilos de xornais e televisións. Depende de eles porque son os seus cartos, en forma de subvencións e publicidade, o que mantén a flote a este novo e dudoso xornalismo. Pero sempre hai esperanza, e Manuel a ve en Internet, no xornalismo cidadán, nas webs de contrainformación que están a xurdir constantemente na rede. É unha ferramenta necesaria e con moitas posibilidades pero, como di Manuel, non debe caer nas «mans equivocadas». Pois Internet pode revivir o xornalismo ou trasladar ó dixital a constante rutinaria e interesada do xornalismo actual. Internet, no referente o xornalismo, pode ser un arma de dobre filo.
Lleva mucha razón Manuel cuando mantiene que “apenas quedan medios independentes”, y es que hoy las presiones a los que el periodista tiene que hacer frente, sobre todo políticos y económicos condicionan su tarea al máximo. Comparto esta opinión al igual que el pensamiento “romántico” del periodista que lucha por defender a los indefensos y por la más absoluta verdad. Atrás han quedado los utópicos Bernstein y Woodward, periodistas que destapaban la corrupción que logró derrocar al presidente Nixon y defendían las premisas más altivas de la comunicación. Quizás como dice Manuel, sea Internet la escapatoria donde se encuentre un periodista que no dude en investigar y no amedrentarse ante los condicionantes que se le impongan.
Eu vexo a Internet como a saída que necesitaba o xornalismo. Unha garantía de liberdade e de independencia. Apostar por ela é unha maneira de renovar o que se está facendo ata o de agora. O problema disto é que os xornalistas tamén necesitamos comer e os traballos introdúcennos necesariamente nas rutinas e convértenos dunha maneira sistémica nos altofalantes dos máis poderosos. Apostar pola rede pode ser apostar polo cambio, pero creo que vai a ser un proceso lento.
De acordo con Manuel Rodríguez. A dependencia que os medios teñen do poder, dos partidos políticos e empresas provoca o impedimento da transmisión dunha información de calidade, que achegue ao cidadán unha realidade contada dende distintos puntos de vista. É un feito con difícil solución porque os medios non deixan de ser empresas que teñen que render economicamente. Non obstante, a esperanza queda depositada nas novas xeracións de xornalistas.
É certo que en Internet está a xordir un novo tipo de xornalismo. Ben é certo que non todo é bo.
Altofalantes son os xornalistas da rede e do papel. Da Televisión e da Radio. Porque hoxe en día os xornais acomodáronse nunhas rutinas que non permiten ao xornalista máis que actuar como voceiro dos que teñen poder. Non hai tempo para preguntar nin para preparar as preguntas. E no caso de que si poidas cuestionar o que din, probablemente sexa o teu xefe que che pida que teñas a boca calada. Se non son as rutinas (moitas veces as culpables que impiden facer boas informacións) serán os intereses mercantilistas ou doutro tipo do medio no que traballas. Ese é o sistema. É non é doado cambialo. Da igual o soporte.
Paréceme acertada a reflexión que fas sobre a transformación que sufriron os xornalistas ata converterse en altofalantes. Isto foi así debido á mercantilización da información, sendo os donos dos xornais (agora empresas) os grandes culpables. Pero, aínda así, tampouco me parece que todos os sitios de internet esten baleiros de intencións ou intereses. Porque por moita «contrainformación que haxa» se non responde a uns intereses determinados, pero de fondo mantén outro tipo, acaba desvirtuando a información igualmente. Estou de acordo en que hai que facer unha información que sirva á sociedade, pero esa información non está nin nun extremo, nin no outro.
As rutinas, esas que pode chegar a ser o gran inimigo do xornalismo. Se ben é certo que as canles de rutina e as fontes institucionais enchen as páxinas de boa parte dos medios de comunicación, a internet e o ciberxornalismo son o camiño para fuxir dos comportamentos de rutina, entendidos a práctica do xornalista que, como sinala Manuel, «abandonou toda clase de aventura e crítica para apoltronarse na comodidade da rutina e das facilidades que lle dá ser un reprodutor de consignas oficiais»
Estou dacordo en que os medios actúan cada vez máis como caixas de resonancia dos grandes poderes políticos, económicos e sociais que controlan boa parte deses medios de comunicación, que se volven cada vez menos imparciais por mor disto. A maior parte das noticias que vemos, lemos ou escoitamos responden a comunicados de prensa enviados directamente dende gabinetes de comunicación das grandes empresas para tentar entrar como sexa no temario. Sen embargo, cando o que se dá coñecer nestas notas non corresponde cos intereses do propio medio, por moito que interese á sociedade, non terá cabida dentro dos seus espazos.
Compañeiro, a internet e o noso campo de batalla. Blogs e redes sociais, aínda sendo produtos creados por algunhas das maiores empresas do mundo, son as nosas ferramentas para poder seguir a decir a verdade a pesar dos intereses dos poderosos. O que falta é a ilusión e os azos por seguir a contar o que pasa, evitando as rutinas ás que o xornalismo de hoxe semella condenado. Pode soar a desvaríos de «último romántico», pero é o que nos queda.