A esperanza do módem
Por ALBA PINTO
Non hai nada máis actual que as chamadas redes sociais. Unha delas, Facebook, destaca entre as demais pola compulsiva creación de grupos aos que a xente se une, ben porque se ve reflectida neles ou ben porque simplemente lles fai graza. Un destes é Por que ninguén me parou os pés cando decidín ser xornalista?. Ten 833 membros.
Cantos mozos que estudaron a carreira dos Profesionais da Información se fan esa pregunta? Cuantos xornalistas, con ou sen traballo, se sentiron identificados? Non todos, pero son moitos os mozos adultos recentemente forneados en bonitas facultades xa resentidos e decepcionados porque non atoparon o que buscaban e perderon a fe no que estudaron? Quen non entra pola porta o primeiro día soñando con grandes reportaxes, correspondentes no estranxeiro e un modesto oco na historia do Xornalismo? Non hai que esforzarse moito para darse conta de que é perigoso confiar no papel, crer o que Uns e Outros contan sabendo que Uns e Outros queren manipularte. E farano.
O Xornalismo cambiou. Evolucionou en canto empezou a considerarse un negocio e as moedas comezaron a brillar máis que a tinta. Iso destrúe os soños que puidemos ter; pero tamén pode crear outros. Esquíos entre leóns, entre papeis e pantallas, novas e vellos, que atoparon novas vías. Como internet. Portais nos que se comparte información, sexa ou non carnaza, sen que a bolsa de moedas soe con cada palabra. O Vello Xornalismo xa é vello e quizais é hora de crear un novo. A esperanza é o último que se perde, din; e quizais ese novo concepto cheo de ilusións está a lanzar escintileos verdes desde calquera módem para chamar a nosa atención e animarnos a todos a reinventar. A crear.
Alba Pinto, reporteira intrépida, dende o alto dun rañaceos invita os xornalistas a ter esperanza na internet





RSS

Menos mal que ninguén conseguiu pararnos os pés! Estou de acordo coa idea de que os soños se comezan a destruír no intre en que as moedas comezan a brillar máis que a tinta. Porén, con optimismo e empeño poderemos aspirar a un cambio a mellor no que o Xornalismo se valore de verdade. Só é cuestión de que nolo propoñamos.
Extraordinario artículo el de Alba. Leyendo estas líneas uno tiene esperanza de que no todo está perdido. De que no todo es basura, tertulias de todos a cien, periodistas Voz de su Amo.
Condensa en pocas frases lo que debe ser una de las profesiones más hermosas, difíciles y comprometidas del mundo.
Sigue escribiendo por favor. Así. Con ironía, con talento y con esperanz.
Quizás entramos una mayoría de nosotros en esta carrera pensando en los relatos de Manolo Rivas, en El Periodismo es un cuento, pero a medida que el primer año, nos dábamos cuenta que al impresor de ese libro se le olvidó poner en en mayúsuclas y negrita un NO. Puede que le debamos cosas a los enemigos acérrimos Hearst y Pulitzer( a este último igual la ilusión de ganar alguna vez el premio que lleve su nombre) pero creo que le podemos recriminar más de lo que les podamos agradecer. Con ellos casi podemos decir, bueno sobre todo con el señor Hearst, que apareció el negocio del periodismo, non me retracto, no del periodismo sino de la invención de noticias que jamás debían plasmarse en ningún papel.
Creo que en algún momento aparecerá la némesis de Manolo Rivas para escribir que «El cuento del periodismo está en su negocio»
O estudiante de Xornalismo entra esperando atopar o romanticsmo desta profesión; entra esperando que algún día Robert Redford e Dustin Hoffman interpreten a súa vida na gran pantalla (como a Carl Berstein e Bob Woodward en «Todos los hombres del presidente»). Pero claro, canto máis vai aprendendo, máis se da conta de as empresas de información son iso, empresas, onde o rendemento económico é o primordial, quedando todo aquilo que dá sentido ao xornalismo a unha beira.
Polo que internet aparece como a resposta, pero non se debe esquecer que todo o que aparece en internet debe ser tratado como verdade, ao ser un soporte propicio para o vertido de informacións falsas e interesadas, pola súa accesibilidade e polo seu anonimato.
«O Xornalismo cambiou. Evolucionou en canto empezou a considerarse un negocio e as moedas comezaron a brillar máis que a tinta. Iso destrúe os soños que puidemos ter; pero tamén pode crear outros». Quedo con esta frase de Alba, para min resume fielmente o pasado e presente do xornalismo e o pasado e futuro dos meus soños como profesional. Todos chegamos as aulas con esas ideas que A. Pinto describe e polo camiño fomos vendo que eran máis un soño que unha realidade, pero tamén os que seguimos confiando e crendo nesta profesión buscaremos unha nova vía para informar, obxectivamente e sen presións. Utopía ou realidade, nas nosas mans está o futuro da nosa profesión e dos nosos soños.
“O Vello Xornalismo xa é vello e quizais é hora de crear un novo.” Como dice Alba pinto. Internet representa un nuevo cambio para el periodismo de hoy, una nueva forma de contar, de crear, de analizar, en fin, un nuevo espacio. Creo que es una nueva oportunidad para reinventar lo que es el periodismo actual, es decir, es una nueva esperanza en esta profesión.
Coincido na análise crítica sobre o vello modelo de xornalismo como negocio, e a desilusión que iso trae consigo para a xente que agardaba algo ben diferente no momento no que decidiu embarcarse nesta aventura. Cun panorama cada vez máis desolador de loitas pola espectacularidade entre xornais e submisión do xornalista aos designios da elite, a verdade é que non queda moito espazo para soñarmos con outro xeito de entendermos a profesión.
Pero está internet, claro, como a posíbel vía de escape desta realidade, e como cerne da construción dun modelo menos economicista –como xa existe con milleiros de iniciativas de contrainformación por todo o mundo, con medios independentes e con traballos xornalísticos rexeitados pola prensa estabelecida como dogma-. Internet como base para unha forma diferente de entender o oficio, o retorno á honestidade que nos furtan e á necesaria independencia profesional. Unhas palabras publicadas hoxe mesmo de Ramón Lobo poden amosar perfectamente ese espírito: «Internet democratiza las voces y multiplica las posibilidades de contar noticias. Es una gran ventana laboral para miles de freelance, periodistas que no trabajan para un medio fijo, que se pagan sus gastos y venden su trabajo al mejor postor, si lo hay.» Velaí o camiño, ou polo menos un deles.
A esperanza, o futuro, está no modem. Pero que capacidade temos os e as xornalistas para intervir na construción dese futuro? Até que punto é relevante a nosa opinión na creación do novo modelo informativo? Non ficará reducido todo a unha mera mudanza do modelo de negocio da oligarquía da comunicación? Se cadra é hora de que vaiamos marcando a nosa propia axenda e sinalemos o camiño que debe seguir o xornalismo, ignorando a aqueles que vén na nosa profesión exclusivamente unha fonte de cardos e non un servizo público.
La esperanza es lo último que se pierde, afirma Alba, pero esos 833 miembros del grupo de facebook parece que ya la han perdido. Se refugian en las redes sociales para mostrar su fustración en lugar de gritar que están hartos de que los manipulen. Si uno entra en la facultad con la idea de hacer grandes reportajes o ser corresponsal en el extranjero, por qué no lo va a conseguir? Tal vez, tenga toda la razón nuestra compañera el afirmar que ya es hora de crear un nuevo periodismo y olvidarnos del viejo. Todo esto sin miedo y cargados de ilusión.
Las palabras de Alba son claras. Con ironía o sin ella, lleva mucha razón en cada una de las cuestiones que plantea: “Quen non entra pola porta o primeiro día soñando con grandes reportaxes, correspondentes no estranxeiro e un modesto oco na historia do Xornalismo?”, “Por que ninguén me parou os pés cando decidín ser xornalista?”… Preguntas que asaltan la mente de estudiantes y ya profesionales del sector, y que golpean como un martillo sus cabezas intentando encontrar una respuesta. La causa: el “negocio e as moedas”, las grandes culpables destructoras del ideal utópico, pero ¿por qué no añadir una pizca de azúcar para que el caramelo no resulte tan amargo? Crear un “novo” periodismo es la clave, y es a ello a lo que nos tenemos atener si queremos cambiar la situación y que se difuminen estos pensamientos de los que se aventuran y los que ya están en el camino del periodismo.
Maffesoli, un sociólogo francés, di que as novas xeracións son xeracións preocupadas polo momento e sen perspectivas de futuro. Xeracións que xa non loitan porque se ven atrapados polo sistema no que viven. Eu penso que á nova xeración de xornalistas lle pasa o mesmo. Cando saímos da carreira as novas perspectivas de encontrar traballo son mínimas. E cando se logra un traballo o xornalista ten que ir, ver e calar. Está «atrapado» en certo modo polo sistema e por iso se ve decepcionado. O desencanto apodérase da sociedade e a Internet parece o cambio cara o que debe xirar o xornalismo.
Como xa se comentaba anteriormente, é certo que unha gran parte dos medios de comunicación de tódolos soportes manipulan as informacións que aparecen neles ou directamente non as inclúen debido a que van contra os seus intereses. Pero tampouco nos podemos deixar levar e dicir que internet é o mellor. Non é así. Eu son a primeira que pensa que o futuro do xornalismo pasa por aí pero cos seus límites. Moito do que aparece na rede pode estar tan manipulado como calquera noticia dun xornal, e máis inda se temos en conta que calquera persoa pode publicar a información que sexa dentro das súas páxinas ou blogs.
Os intereses que hai detrás dos medios de comunicación de masas contribúen a que, efectivamente, moita xente se refuxie na información que lle chega a través da rede para evadirse desa «manipulación» por parte das partes interesadas. Non obstante, non podemos confiar cegamente en todo o que nos chega a través deste gran portal de información, xa que por esta canle tamén se transmiten moitas noticias falsas. O contraste da información debe estar presente en calquera forma de xornalismo, independentemente do soporte do que se trate. Aínda así, debemos ser conscientes de que ás veces se fai caso omiso desta premisa e, por tanto, teremos que deixar de lado a idea de que todo o que nos presentan é verdadeiro.
A mercantilización da información é un lastre do xornalismo. As empresas mediáticas buscan a rentabilidade a través de contidos cada vez máis banales e menos relevantes. Coincido contigo en que internet contribúe a derribar esa barreira porque detrás pode non haber intereses económicos. Como ti mesma dis, todos e todas podemos ter voz propia e ser oídos. Os xornalistas teremos que facernos un oco e repensar esta profesión sen morrer no intento.
Alba pon de manifesto como se muda dende unha concepción máis utópica do xornalismo ó realismo despois de catro anos de formación. Pero ese cambio forma parte precisamente da configuración do xornalista que debe traballar, non so como intermediario da sociedade, senón como educador dun lector crítico que sexa quen de discernir entre toda a información que se lle ofrece, tanto nos medios tradicionais como na web.
Acertas compañeira ao dicir que o noso futuro está na rede. Nesa boráxine de datos, información e grupos absurdos do Facebook están as fendas polas que podemos colarnos para cumprir co noso papel de informadores sinceros. O que fai falla agora que temos as ferramentas son os azos precisos para loitar nesa batalla pola supervivencia do xornalismo «real» fronte ao corta-pega e a submisión aos intereses das empresas.
A reflexión que fai Alba Pinto é moi acertada. Cando chegas a facultade de Periodismo entras con moita ilusión e con inquietudes que van mudando a medida que van avanzando os anos. Empezas a observar que non todo é tan bonito como o pintan, que o intrusismo está presente nas redaccións dos medios, que non existe esa liberdade de expresión da que tanto se fala, etc.
Deste xeito, ó igual que os estudantes cambian a maneira de pensar, o xornalismo evoluciona para adaptarse ós tempos que corren. Esta disciplina comeza a introducir as redes sociais, os vínculos, etc. Como ven apunta Alba «o vello xornalismo xa é vello e quizais é hora de crear un novo».
Pois ese grupo de Facebook conta cun membro máis. Internet é o medio perfecto para tratar información que non se trata nos medios tradicionais e dun xeito máis crítico, sen que o brillo das monedas oculte a verdadeira información. O soño das grandes reportaxes que traian candasi verdadeiros cambios a nivel social non ten porque ser un soño de principiante. Gracias a internet e ás novas tecnioloxías non ten porque selo, aínda que para iso os xornalistas teñamos que deixar atrás vellas rutinas e vicios do xornalismo tradicional
Ben certo o que di Alba Pinto. Moitos estudantes de Xornalismo entran nas facultades cargados de expectativas que se quedan simplemente en soños. Esa decepción é a que impide que as novas xeracións loiten por reivindicar os seus dereitos laborais e ao mesmo tempo posicionar ao xornalismo como a profesión digna e necesaria que en realidade é.
A esperanza do módem. Seica é o último que queda. Non me estraña que case un millar de persoas uníranse ao grupo de Facebook: Porqué ninguén me parou os pés cando dixen que quería ser xornalista?
O periodismo hoxe está mal. Da igual a cor, a ideoloxía ou medio. Todos minten e barren para á súa casa. Pero aínda non temos que perder a esperanza, porque Internet, con todo o bo e o malo, permite facer un xornalismo distinto máis aló de inetereses económicos. Quizáis é hora de facer o cambio definitivo, porque cada vez son máis voces, as que gritan basta. E reniegan do que hoxe se fai.
Coincido contigo en que o mercantilismo informativo arruinou o xornalismo. Aínda así, tampouco se debe confiar a cegas en todo o que sale na rede, xa que moita da información que aparece é falsa, con ou sen intención, pero acaba sendo falsa. O que quero dicir é que non se pode desconfiar así á lixeira de un soporte ou de outro, só por ser papel ou internet, sempre hai que ir máis aló. O que debe ter a calidade suficiente para considerarse xornalismo é a información.