Novos soportes para novas xeracións
Por BORJA GOLÁN SANTÍN
Nos últimos 27 anos, que son os que me tocaron vivir, o xornalismo experimentou profundos cambios que levaron a avances moi positivos. Coa creación de novas canles televisivas, o interese do cidadán por manterse informado aumentou considerablemente. A incursión do aparato audiovisual non acabou coas emisoras de radio senón que lle impuxo unha forte competencia. E a competencia legal mellora o mercado, neste caso o xornalístico. Se as radios non tiveran esa rivalidade, quen podería asegurar que non se relaxarían, baixando a calidade das súas emisións?
Algo similar está a acontecer hoxe en día con internet. Na miña opinión, a Rede non é unha ameaza para seguir practicando un xornalismo de calidade senón que máis ben é unha vantaxe que este ten que aproveitar. Estou seguro de que moita xente seguirá lendo o xornal en papel, igual que continúa escoitando a radio. Son costumes arraigados, cos que se goza ao tempo que se activa a mente. As novas xeracións manterán eses hábitos e potenciaranos grazas á integración dos diferentes medios na Rede. O verdadeiro lastre do xornalismo é e seguirá a ser a dependencia política e económica das empresas mediáticas, que provoca informacións parciais e interesadas.
Borja Golán opina que a competencia serve para mellorar o mercado





RSS

Non hai moito escoiteille o profesor Freixanes o igual que comentas ti que a Radio e a televisión son os medios mellor parados nesta suposta «crise» do xornalismo trala irrupción da Internet. Se preguntamos os medios comunitarios de todo o mundo a súa opinión sobre a Rede e as novas tecnoloxías non creo que nos dixeran que é unha ameaza se non todo o contrario, posto que a través desta a súa voz medra exponencialmente.
Nese senso estimo que a rede nos brindará a oportunidade de facer un xornalismo máis libre onde o interese do cidadán prime por riba dos intereses dos medios, dos publicistas e dos políticos. En internet multiplícanse as voces,e por tanto as canles de información serán máis e máis diversas. A respecto do papel, considero remota a súa desaparición, se ben quedará como soporte residual en beneficio do eido dixital.
Estoy de acuerdo contigo, no importa el medio de comunicación para cual se trabaje, lo importante es hacer un periodismo de calidad y aprovechar las ventajas que ofrece Internet para ejercerlo, sin olvidar verificar si la información que se tiene es fidedigna.
A competencia saudable non é nada negativo, estou de acordo con que iso fai que os medios de comunicación se esforce por facer máis atractivos os contidos. Con todo, e malia as oportunidades que estamos a ver que ofrece a web, concordo co que di Borja de que moita siga mercando o xornal. Paréceme acertado a idea de que » verdadeiro lastre do xornalismo é e seguirá a ser a dependencia política e económica das empresas mediáticas», non a aparición de novos medios.
Comparto con Borja a idea de que un dos lastres do xornalismo é a «dependencia política e económica das empresas mediáticas, que provoca informacións parciais e interesadas». Porén, penso que para que as novas xeracións continúen mercando xornais en papel, estes terán que reinventarse.
El miedo del que hablaba Gemma en artículos anteriores, sí debería estar presente si nos paramos a pensar en lo que Borja denomina “o verdadeiro lastre do xornalismo”. ¿Y qué es? Borja es contundente y no tiene pelos en la lengua: “a dependencia política e económica das empresas mediáticas, que provoca informacións parciais e interesadas”. A pesar de ello, el optimismo no desaparece, y estoy de acuerdo cuando confía en las nuevas generaciones que seguirán con ese hábito de lectura de los diarios, como bien se ha ido transmitiendo de padres a hijos.
Hace unas décadas, el «negocio» de la información estaba en manos de periodistas puros. Hoy en día, se ocupa de ello hombres de números y balances, que sólo buscan el máximo beneficio económico. Tal vez por eso, Borja cree de manera muy acertada, que gracias a que cada vez hay más medios, esto permitirá que se esfuercen en ser mejores. De aquí radica la ventaja que puede llegar a ser Interner, si sabemos aprovecharlo bien: todos podemos expresar nuestra opinión sin necesidad de depender ni política ni económicamente de nada ni nadie.
Internet xoga un papel importante no universo dos mass media xa que é un soporte novo que ofrece infinidade de posibilidades a respecto dos outros medios. Deste xeito, e como ben apunta Borja no seu comentario «a rede non é unha ameaza…senón máis ben unha vantaxe». Pero aínda queda moito por explorar e experimentar neste campo que marcará un antes e despois no futuro da comunicación.
Efectivamente non hai que ollar a rede con medo ou considerala unha ameaza. Se ben para xeracións de máis idade pode resultar confusa ou non se desenvolven moi ben, para os máis novos é unha oportunidade de informarse e formarse. O que fan falla son lectores críticos que saiban onde buscar, porque a xente moza segue a ler, e moito.
Estou de acordo con isto pero cunha excepción. Claro que Internet pode ser moi útil para o xornalismo pero hai que ter en conta os seus peligros. Non é para ter medo e sentirse ameazado, pero hai que ter un certo control cos usos da rede e ter en conta que non todos os que escriben nela son profesionais do xornalismo. Ademais diso, por desgracia esa dependencia económica e política vai a seguir marcando o futuro da maioría de medios.
De acordo con Borja. A competencia é a mellor ferramenta para ofertar ao usuario un amplo abanico de oportunidades, e quizáis de mellor calidade. É certo que a aparición doutros soportes non ten por que ser causa dun empeoramento dos contidos xornalísticos. Ogallá a supervivencia dos medios dependa dese afán por perfeccionar o traslado e calidade da información.
Totalmente de acordo. Internet non é a ameaza para o xornalismo, senón o propio xornalismo e os seus vicios, como pode se-la dependencia de actores políticos e económicos. De feito internet é un esceario perfecto para poder comunicar esas informacións que os medios tradicionais non transmiten porque ‘van en contra da súa liña editorial’ (máis ben da liña editorial daqueles poderes fácticos que empregan o xornalismo como altofalante das súas mensaxes).
Certo o que di Borja sobre a Internet e a comunicación. E máis certo aínda o que di sobre a dependencia política e económica das empresas mediáticas. Porque o que si é certo, que sexa no soporte que sexa, os intereses xornalísticos soen estar moi por debaixo dos económicos e os ideolóxicos.
Totalmente de acordo con Borja. Non debemos percibir internet como unha ameaza, senón todo o contrario. Os que toman internet como algo que prexudica o xornalismo seguramente sexan os acomodados que non teñen intención de mellorar. Aínda así, hai que ter coidado, xa que a rede pode ser un soporte moi útil para o xornalismo, pero tamén moi prexudicial, pois non sempre se teñen en conta os valores principais da profesión, xa que en moitas ocasións é información feita por xente que non é xornalista.