Mudar de parecer
Por MERCEDES REY GARCÍA
Durante vinte e cinco anos estiven labrando soños sobre o camiño que ía seguir cando me fixese maior pero sen que puidese detelo a miña vida deu un xiro de 360º. Aquela nena que vivía ó carón da praia e pasaba as noites lendo contos converteuse nunha muller, xa non lle interesaba a decoración de interiores. Máis tarde que cedo emprendeu unha viaxe que a levaría ata a cidade compostelá para cursar os estudos de xornalismo. O paso do tempo foi debuxando nas faccións da rapaza trazos que non ían desaparecer por moito empeño que puxera a non ser que fixera un lifting. Algo semellante terán que facer os medios tradicionais para sobrevivir neste espazo mediático. Aínda que internet preside nestes momentos o espazo comunicativo e convértese na maior plataforma capaz de transmitir información a calquera parte do mundo de xeito inmediato, existen outros medios como os audiovisuais que deben facerse fortes para non rematar aquí a súa andaina informativa. É preciso mudar as súas estruturas, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións.

Mercedes Rey cre que os medios de comunicación deben abordar cambios





RSS

Es cierto lo que dice Mercedes pero realizar cambios drásticos en los medios tradicionales lleva su tiempo y un coste económico del que no creo que dispongan la mayoría de estas empresas mediáticas. Y volvemos a lo que escribí en mi artículo: ese dinero que hace falta para cambiar estructuras, contenidos y formas de hacer periodismo lo tiene que proporcionar alguien que seguro que pide a cambio alguna contraprestación.
O igual que Mercedes opino que todos os medios se teñen que adaptar a este novo panorama mediático e como dixen no meu artigo os medios audiovisuais tamén deberían aproveitar mellor Internet e non só usalo como un medio publicitario traspasando a súa información do medio tradicional a súa páxina na Rede. Algo que tamén lle sucede os xornais. Como di ese dito popular ¡renovarse ou morrer!
Na diferenciación está sempre a clave. Hoxe estamos saturados por todas partes, non só no ámbito do xornalismo. Porén, seguen a nacer iniciativas de novos emprendedores que teñen unha visión diferente das cousas, e que cos mesmos ingredientes en diferente orde teñen un produto innovador e sumamente atractivo. Estamos rodeados de exemplos deste tipo, e son estas iniciativas as que rematan por facerse co mercado ata que unha nova idea sae á luz e fai desaparecer todo o anterior. A realidade é que o panorama do audiovisual está anticuado e polo momento os intentos de renovalo quédanse a medio camiño.
O xornalismo tradicional está en crise. Quizais a solución pase como ben di Mercedes por cambiar as estruturas, contidos e formas de facer.
Creo que cada medio de comunicación tiene su importancia hoy en día. La radio, la televisión y la prensa tratan de ponerse al margen de los medios electrónicos, aunque algunos no lo hacen muy bien. Pero en sí mismos tienen un valor ante la sociedad, por ejemplo, los abuelos prefieren informarse a través de la radio o la televisión. Hay muchas personas que prefieren los medios tradicionales por el simple hecho de ser como son. Aunque estoy de acuerdo contigo en que también deberían hacer un esfuerzo por mejorar.
Non lle falta razón a Mercedes cando di que os medios tradicionais precisan «mudar as súas estruturas, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto», xa que o novo panorama obriga ós xornais a evolucionar ó mesmo tempo que o fan os soportes. Ó igual que Internet aproveita as vantaxes da hipertextualidade e do feito de transmitir información a calquera parte do mundo de xeito case inmediato, tamén os outros medios deben buscar os seus puntos fortes e aproveitalos o mellor posible para facer fronte á nova situación. Aínda así, debemos ter sempre presente a responsabilidade que require o exercicio xornalístico.
Todos os medios deberán facerse fortes e apostar pola evolución, xa sexan estes escritos ou audiovisuais. De seguro que, dentro de non moito,os medios tradicionais conseguirán adaptarse a este novo panorama informativo presidido, como ben di Mercedes, por Internet.
Renovarse o morir es una de esas frases que todos hemos pronunciado en algún momento de nuestras vidas, y que todos los días las cabeceras de todos los países abordan cada mañana. Renovar información, destacar, conseguir esa pizca de novedad que cada día ansían las masas… Merce dice “mudar as súas estruturas, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións” y es una gran verdad. No se puede caer ni en el pesimismo ni en sitios acomodaticios. Conjugar todas las posibilidades para conseguir llegar a buen puerto en cada espacio informativo.
Unha nova aportación a de Mercedes na que se trata de novo a reconversión do xornalismo, non a súa desaparición. Dunha banda os novos medios gañan terreo, e iso xa supón un cambio significativo nas formas de comunicación, que vén da man da interactividade ou da actualización. Pero, tamén e certo que os coñecidos como medios tradicionais deben reformularse para manter o seu espazo no mundo da comunicación. A diferenciación, a especialización e os contidos de calidade poden ser o temón deste cambio.
«É preciso mudar as súas estruturas, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto». Quizais por este punto clave pase o futuro de moitos medios de comunicación: a diferenciación. Cando aparece un produto novo que nos deixa satisfeitos, volvemos a mercalo de novo; se non nos gusta, cambiamos a outro. Cos medios pasa o mesmo. Cando aparece algún que enche a nosa necesidade de saber e que nos dá a coñecer as noticias que a nós non interesan na realidade, volvemos a por el. Os medios deben facerse fortes e saber ofrecer ao público o que realmente lle interesa, nun mundo onde a especialización se fai cada vez máis forte.
Internet é o futuro en moitos eidos, por suposto do xornalismo. Diso non hai dúbida. Non obstante, tamén estou de acordo con Mercedes Rey cando di que os medios tradicionais como a radio ou a televisión deben facerse fortes para sobrevivir e incluso medrar. E penso que esa fortaleza pode vir dada polas innovacións, a adaptación aos cambios e a convivencia útil coas novas tecnoloxías.
La vida de Merce, ha dado un giro de 360º al igual que lo está dando el periodismo. En cualquier vida, siempre hay cambios, unas veces buenos, y otras veces no tanto. La solución: hacerse fuerte. En el periodismo estos cambios se traducen en nuevos soportes, nuevos modelos de negocio, nuevas herramientas…por eso, como bien dice Mercedes hay que cambiar las estructuras, y tal vez la forma de trabajo, pero la esencia seguirá siendo la misma: informar.
Muller, xa será para menos! Todos temos que adaptarnos ás mudanzas que teñen lugar co tempo, tanto nós coma os medios nos que algún día (agardamos) traballar. Para mudar o que haxa que mudar estamos nós, as novas xeracións de xornalistas que saímos agora das facultades. Convivimos coa rede e coa informática desde moi novos, estamos formados ou dispostos a formarnos para poder traballar nos novos escenarios que se abren e seguir avanzando. O cambio depende de nós, e conseguirémolo se todos poñemos da nosa parte.
Para empezar, e a modo de coña, se a túa vida virou 360º poucos cambios haberá. Bromas aparte estou dacordo coa necesidade de adapta-las formnas e contidos tradicionais aos novos medios xurdidos coas novas tecnoloxías, pois ese é un dos puntos máis importantes na chamada ‘crise do xornalismo tradicional’, que internet nos aporta moitas novidades mentres que os medios tradicionais aínda viven das técnicas e contidos previos á web 2.0.
Pode que sexa unha boa opción a de optar pola diferenciación. Coa aparición de internet, o mundo da información caracterízase pola saturación. Chegamos a estar fartos de ver sempre o mesmo en todolos medios. Por iso, poder ofrecer unha información diferente, mellorada e de máis calidade pode garantir un éxito que todos os medios seguen buscando. No fondo de todo, vese que o que acabará triunfando será o xornalismo de calidade.