Cambios
Por GEMMA R. VEGA
A pesar de pertencer a esa xeración que viviu a aparición de internet sendo moi nova, non son das que teño unha relación moi afectuosa coa rede. Máis ben todo o contrario. Téñolle medo. Explícome.
O tema de debate dende o primeiro día nas aulas da Facultade de Xornalismo foi o perigo de desa-
parecer que corren os xornais tradicionais, coma o que vostede está sostendo na man neste intre, coa chegada das novas tecnoloxías e a aparición da web 2.0. Parece unha
catástrofe. Pero non pode selo. Pois as catástrofes adoitan ser inesperadas e collen por sorpresa, e neste caso, gozamos de tempo para adaptarnos. Os lectores xa non son os receptores pasivos das mensaxes dos xornalistas. Agora eles crean, comparten e comentan. Daquela, se o xornalista agora ten que converterse nun mero organizador de contidos, quen vai subministrar a información? Aquí está o problema: o que hai é medo á información. Antes todo o que se escribía sobre o papel era como algo sagrado.Agora intranquilízame usar Wikipedia, pois dubido da súa exactitude. Os documentos audiovisuais poden ser unha
montaxe. Cuestiono todo tipo de información por mor de que responda a intereses ocultos ou partidistas. E o peor, non podo volver a recorrer a un soporte físico porque temo que non estea tan ben actualizado como a rede.
Eu téñolle máis medo a esa aparente liberdade que se goza na rede que aos cambios que poidamos sufrir coa chegada de novos medios. Acaso non se sobreviviu cando naceu a radio ou a televisión?
Gemma Vega cre que o exceso de información precisa de certo control





RSS

Queridísima Gemma. Teño as miñas dúbidas sobre a desaparición dos xornais tradicionais. Mellor dito, podo dicirte que estou seguro que non van desaparecer nunca. De tódolos xeitos, é moi importante meterse de cheo na rede, nas novas tecnoloxías. O novo xornalismo así o require. Pero non dubides nunca que, sexa en papel ou sexa na rede, o xornalista vai ser sempre o mesmo. Iso non vaiu mudar. As claves para ser un bo xornalista son as mesmas, independentemente no lugar en que publiques as túas exclusivas.
Sorte.
Estoy de acuerdo con Gemma cuando dice que tiene miedo de que en internet no te puedes fiar de todo lo publicado. Pero también es cierto que hay muchas más posibilidades de indagar y contrastar informaciones en internet que en otros soportes. La Red nos ofrece un abanico muy grande de posibilidades para informarnos y en nuestra mano está navegar por ella contra viento y marea hasta sentirnos satisfechos o quedarse anclados en puerto contentándonos con lo primero que venga.
Estou de acordo con Manuel en que o futuro xornalista non será só un mero organizador de contidos, realmente sería unha tristura tal e como o concibo eu, tal e como eu quero traballar. Quero escribir contidos novidosos contrastando as fontes, tras unha investigación, ser obxectivo e só subxectivo cando o xénero o permita, quero facer un xornalismo implicado, dar voz os que a precisen. Quizais sexa unha utopía polo control político e económico que sofren os medios pero a base segue a ser a mesma, sexa o medio que sexa, hai que adaptarse e nos debemos ser os primeiros, pode que teñamos que baixar moitas veces a cabeza e cumprir ordes pero en nos está facer o que debemos e como debemos, como nos ensinaron desde o primeiro día de carreira.
O escepticismo preside todo o que ten que ver con adquirir produtos (ben sexan tanxibles ou intanxibles) a través da web. Claro, é normal! Estamos fartos de oir comentarios acerca da rede que alimentan a nosa desconfianza. Agora todo o mundo pode crear un blog e escribir sobre o que pasa na rúa. Pero quen nos di que é verdade aquilo que lemos? grandes crises brindan grandes oportunidades, e aquí está a do xornalista. Que teremos que ser xestores de contidos? Non o sei, pero seguramente teremos que pasar polo trauma de mudar a nosa visión tradicional do xornalismo. Entre renovarse ou morrer eu quedo coa primeira.
Non debemos desconfiar de Internet.Como na vida real, cóntanse mentiras e tamén verdades. E igual que non debemos crer todo o que aparece nun xornal, tampouco debemos crer todo o que aparece na Rede. Para iso, debemos contrastar fontes e información. Que na rede por certo, pola variedade de opinións e a liberdade de publicación, é moito máis fácil que na realidade, onde uns poucos dominan os medios de comunicacións e as publicacións.
É comprensible que a xente se mostre un tanto escéptica ante os contidos que se transmiten a través de Internet, xa que neste soporte publícanse moitos «bulos», máis que en ningún outro. Con todo, e malia a cantidade de información que nos proporciona este novo soporte, creo que debemos deixar a un lado a desconfianza e pensar en todas as vantaxes que ofrece, que non son poucas.
Os lectores «crean, comparten e comentan», pero temos que separar o que é información do que é unha mera aportación persoal. Se o que ocorre é que «dubidamos da exactitude» dos novos medios, o que debemos facer é verificar a información antes de aternos a ela como se se tratase dunha fonte fiable. Simplemente iso.
Non estou para nada de acordo contigo. Para empezar, penso que estás equivocada se pensas que a información que se publica nos xornais impresos non responde a ningún tipo de interese, quizáis incluso máis que na rede. E despois, Internet non vai facer que os xornalistas sexan meros organizadores de contidos, que os usuarios poidan crear e participar, non quere dicir que as súas informacións vaian susbstituír ás dos xornalistas, pois non teñen esa capacidade. Non se debe ver a interactividade como unha ameaza cara a nósa profesión, senón como unha maneira de mellorala. A diferenciación e a información de calidade, son ó fin e ó cabo, o que fai que o xornalismo pague a pena.
Toda información que se publica ten detrás unha intención. De feito, os xornalistas elaboran a súa información seguindo a liña editorial do medio para o que traballan pero non só eles senón que calquera persoa que utilice a rede para expresar a súa opinión tamén pode estar condicionando ós receptores que a len. Non creo que a figura do xornalista desapareza aínda que existan outras persoas na internet que queiran suplantala senón que estes profesionais seguirán facendo o seu traballo. Pero a quen lle toca de facer unha criba do que é bo e é malo penso que son ós propios lectores.
Está claro, ahora el reto es mayor. El periodista en la Web está expuesto a críticas directas, correcciones, entre otras cosas. Estamos atravesando por un cambio y eso es debido a que el emisor dejó ser pasivo. Por tanto, considero que no hay que tener miedo, hay que mirar todo esto como una herramienta más, o como un aliado más, a la hora de elaborar la información.
Desde luego, ese miedo del que habla Gemma es normal, miedo a una “aparente liberdade” de la información, miedo al cómo y con qué fin se va a emplear. Y es que hoy en día peligra el modo de uso más que las formas de recepción. Ahora el refrán de “las apariencias engañan”, está cada vez más presente, engañan más que nunca: mentiras, tergiversaciones o exageraciones rodean la información del universo web. Es por eso que la figura del periodista como mediador debe estar al pie del cañón para no dejar que la desconfianza se apodere del periodismo.
O paso dun receptor pasivo a un activo creo que é un paso moi importante e enriquecedor. Porén, hai que ter coidado coa democratización da xeración de contidos. De aí que se precisen profesionais que peneiren todo o que se colga na rede.
«Téñolle medo». Esa é a descrición que Gemma fai da súa relación cas novas tecnoloxías. O medo, na maior parte das veces, vén dado polo descoñecemento ou a sensación de estar fronte a algo novidoso. E se ben e certo, como sinala Gemma, que as novas tecnoloxías veñen advertindo dende hai tempo a súa presenza e peso, os frenéticos cambios que sofren producen esa sensación de indefensión. A solución, dende o meu punto de vista, reside en concienciarse e ver estes novos medios como unha ferramenta detrás da que sempre terá que estar un profesional, un xornalista.
O tempo é unha gran vantaxe coa que se xoga nesta transformación de soporte mediático. Tal e como di Gemma Vega os usuarios e xornalistas gozamos de tempo para adaptarnos. O que si resultará moito máis complexo será traballar nese maremagnun que é Internet, onde parece que non hai límites. Semella que cada un pode publicar o que queira sen dar conta da responsabilidade de coñecer o que se está a contar. Quizáis, o tempo tamén volva ser a solución para este problema. Cómpre darlle tempo ao tempo.
Como xa comentaron outros compañeiros no seu momento, se os medios impresos sobreviviron á radio e á televisión malia o gran impacto que causaron no seu momento, por que motivo agora non debería ocorrer o mesmo? O certo é que, malia que isto ten as súas razóns, creo que nunca ata o momento apareceu un fenómeno tan importante como a internet. Todo o mundo en calquera parte do planeta pode entrar en páxinas como Wikipedia e cambiar o seu contido. Calquera pode crear un blog e subir as súas propias noticias. É aquí onde máis se ve a necesidade da figura do xornalista.
Non se trata só de organiza-la información, senón tamén de aportala. E aí é onde caemos nun tema tratado xa ate a saciedade. Se temos medo de que outra xente allea ao xornalismo ocupe o noso lugar, por algo será. Teremos que facer autocrítica e ver que realmente podemos aporta-los xornalistas de novidoso e que vicios arrastramos que provocan que os lectores dubiden de nós.
E con respecto a Wikipedia, había un chiste que dicía así: A Wikipedia está feita por xente coma ti. Entón, realmente te fias de ti mesmo? A Wikipedia é outra fonte máis, como pode ser un gabinete de información. Chega con contrasta-la información da Wikipedia igual que contrastamos (ou deberiamos contrastar)calquera información que obtemos
Compañeira, é normal ter medo ante o remuíño de contidos que supón a rede, mais precisamente somos nós, os e as xornalistas, os encargados de buscar que información é máis fiábel, que datos son exactos e en que fontes podemos confiar. Para movernos neste novo mundo tamén temos que mudar algunhas rutinas, e descubrir as posibilidades de colaboración e traballo compartido que ofrece a internet. Produtos como a Wikipedia son o froito do esforzo de moitos usuarios a crear contido na rede, algo do que nós tamén podemos particiar. Non hai que ter medo aos cambios, senón ser capaces de afrontalos.