Home > Curso 2010, Xornalismo no futuro > Renovarse ou morrer

Renovarse ou morrer

Maio 11th, 2010

Por ALBA NAVEIRA ROMERO

Son Alba Naveira, unha moza de 21 anos que está a piques de acabar a carreira de xornalismo. Os que me coñecen saben que a miúdo as dúbidas son as miñas grandes compañeiras. Hoxe, con vistas á Torre de Hércules, pregúntome se este oficio, ó cal espero incorporarme pronto, ten futuro ou se realmente está morrendo. A miúdo escoito que Internet é o mellor invento logo da imprenta. Pero tamén que pretende substituíla. Hai quen cre que vai deixar os xornalistas fóra de xogo. E quen, coma min, prefire pensar que se farán máis necesarios que nunca porque só coa súa axuda poderemos saír á boia da avalancha de información na que vivimos.
E é que cada vez hai máis información e é máis accesible. Pero non toda é relevante, nin certa. Moita xente ó meu redor cre que a información está aí e que calquera pode contala. Pero se hai algo que aprendín ó longo destes catro anos é que unha cousa é ver e outra saber contar. E precisamente iso é o que acouga as miñas dúbidas. Pois a tecnoloxía avanza e o xornalismo adáptase a estes cambios, pero non morre.

Alba Naveira, xornalista de incógnito, cre na supervivencia da profesión

Alba Naveira, xornalista de incógnito, cre na supervivencia da profesión

Xornalismo no futuro Curso 2010, Xornalismo no futuro

  1. Fernando Barros Ares
    Maio 25th, 2010 at 21:22 | #1

    Hoy en día cualquiera puede coger un papel y boli, mejor dicho ratón y teclado, y contar. Sí contar sin más sin rumbo y sin criterio, muchas veces invadiendo lo que desde el primer día nos recomendaron no invadir, el subjetivismo. Cada uno, como dice muy bien Julia, puede contar las cosas de una manera o de otra, pero creo que se deben seguir unas pautas siempre, y esas pautas nos las dieron a lo largo de estos cuatro años. Estoy de acuerdo también con Jorge, no te preocupes que esto no muere, aún somos muchos los nostálgicos que nos agrada el olor que desprenden los periódicos , y sobre todo la fragancia de muchas de las noticias que en ellos se encuentran.

  2. Borja Golán
    Maio 21st, 2010 at 18:26 | #2

    Estoy totalmente de acuerdo con Alba. Si hasta nuestros días los periodistas fueron imprescindibles para que el resto del mundo se mantuviera informado, hoy (y en el futuro) lo serán aún más porque el horizonte de internet es infinito y la audiencia a la que podemos llegar es mucho mayor. Por eso se necesitarán más periodistas, eso sí, adaptados a los nuevos soportes y a las nuevas audiencias. Hay que renovarse para seguir creciendo con fuerza.

  3. Clara S.V
    Maio 18th, 2010 at 11:18 | #3

    «Unha cousa é ver, e outra saber contar». Aí está o potencial do xornalista e o futuro da súa profesión. Renovarse ou morrer. Esta é a premisa. Hoxe en Internet pode contar o que ve e o que pasa quen queira. É o xornalista ten que ser consciente disto. Temos que esforzarnos e mudar. Xa non chega con escribir unha nova. Está visto que para iso non fai falta unha carreira. Quizáis a supervivencia pase polo que nós ofrezcamos a máis. E porque se podemos garantir que o que dicimos é certo, seremos fiabéis. Palabra que en Internet non é moi común. E no xornalismo hoxe tampouco.

  4. Laura Torres
    Maio 17th, 2010 at 10:37 | #4

    Es verdad, en Internet hay mucha información, pero no toda es relevante, ni cierta. Así que como periodista, tenemos que estar ahí para desmentir informaciones falsas, contrastar fuentes, confirmar y hablar con todas las partes involucradas…, es decir, hacer la misma labor, pero adaptarla a los cambios, como dice Alba. Y es que en Internet la labor del periodista tampoco cambia.

  5. Deborah
    Maio 11th, 2010 at 23:14 | #5

    Por suposto que non todo o mundo pode informar! Comparto contigo (e co resto) a idea de que o xornalismo non vai morrer. Está en cambio, pero sobrevivirá.

  6. Marta Rial
    Maio 11th, 2010 at 12:15 | #6

    Internet é, sen dúbida, un gran invento, mais segue habendo moita xente que considera que «vai deixar os xornalistas fóra de xogo». Eu, coma Alba, considero que os comunicadores seguirán sendo necesarios, e probablemente máis necesarios ca nunca, xa que é tanta a información que se transmite actualmente que a xente precisa dun mediador que lle axude ante esa inxesta de datos. E é que, como se di no artigo, «unha cousa é ver e outra saber contar», posto que non todos os que son coñecedores dunha información saben como transmitila á sociedade. Isto móstranos que, a pesar dos cambios que se rexistran no seo da profesión, os xornalistas seguen sendo necesarios.

  7. Gemma
    Maio 11th, 2010 at 11:57 | #7

    Un mismo tema puede tener varios puntos de vista. El periodista no sólo tiene que saber contar una visión, hay que analizarlas todas. Por eso el periodismo no va a morir jamás. Es inmortal. Por una causa muy sencilla: siempre habrá historias que merezcan la pena ser contadas, da igual si es en papel, a través de un teléfono móvil o por imágenes. Siempre están ahí.

  8. Verónica López Oseira
    Maio 11th, 2010 at 11:45 | #8

    Nalgún momento escoitei que un xornalista é aquela persoa con certas capacidades para mostrar a realidade, no papel,coa voz ou coa imaxe. Entón calquera con certas facultades pode ser un xornalista?Si a profesión existe é porque é necesaria unha metodoloxía para formar a estes profesionais. O mesmo ocorre coa información e como di Alba non toda a información dispoñible e certa ou relevante, por iso para ofrecer unha información de calidade é necesario o papel do «contanovas» preparado nunha facultade de Comunicación.

  9. Karina Rivero
    Maio 11th, 2010 at 11:42 | #9

    Moi atinada esa frase de «unha cousa é ver, e outra saber contar», ó tempo que moi propia dun xornalista! Efectivamente penso que esa é a nosa gran baza. Sabemos transmitir, somos comunicadores. Non temos unha formación específica pero temos curiosidade. Indagamos, entendemos e logo contámolo dun xeito que o poida entender dende a nosa avoa ata o catedrático de turno. Levamos por bandeira a verdade (ou iso é o que se espera de nós) e temos moito ollo con non distorsionala. Esa facultade de ver e ademais saber contar, como di Alba, é a característica fundamental que debe posuír un xornalista, sexa na rede ou no papel.

  10. manuel
    Maio 11th, 2010 at 11:32 | #10

    2Unha cousa e ver e outra saber contar». Pareceme moi interesante esta frase, mpois é o que diferencia a un xornalista, o saber conta.los feitos dando o enfoque correcto e incluindo todolos aspectos. Hai veces que as presións impiden ao xornalista «saber contar», porque non pode conta-los feitos que el quere e como quere, pero o novo esceario que supón internet dános aos xornalistas unha nova e maior liberdade para traballar

  11. Paco Cortez
    Maio 11th, 2010 at 11:32 | #11

    O oficio de xornalista dificilmente vai morrer, eu tampouco me preocuparía diso. O xurdimento de modelos de comunicación máis horizontais é unha arma de duplo fío, porque ofrece a posibilidade de crebar as barreiras políticas e de todo tipo que moitas veces poñen couto á información, pero á vez permite que se difundan feitos que non son verificábeis ou opinións claramente tendenciosas. Ante isto, polo seu prestixio e rigor presupostos, o xornalista sempre pode actuar como unha garantía.

  12. Merce Rey
    Maio 11th, 2010 at 11:30 | #12

    Na internet podemos atopar de todo, noticias, opinións, vídeos, imaxes, etc. Ante está sobreabundancia da información que nos chega a través das páxinas temos que saber separar aquela de calidade da que non o é. Neste senso os xornalistas deben adaptarse a este novo medio. Para iso teñen que diferenciarse dos soportes tradicionais utilizando unha linguaxe distinta, buscando novos puntos de vista e valéndose dos múltiples recursos da rede. Penso que a figura do xornalista non vai desaparecer porque por moitos avances que haxa sempre se necesitará ese mediador entre o que sucede e as fontes.

  13. Maio 11th, 2010 at 11:29 | #13

    Cal é o papel que ten que cumprir o xornalista nos cibermedios? Grande cuestión! Pero para respondela non podemos obviar o modelo de negocio que cómpre pór a andar na rede. Temos que darnos conta que a función que ocupemos nas novas redaccións está directamente relacionada co xeito que teñan as empresas da comunicación para obter beneficios. Na miña opinión hai que apostar por un modelo freemium, é dicir, que combine a contidos básicos de xeito gratuíto, pero que achegue valor engadido de pago. E é nese valor engadido onde o ciberxornalista ten que elaborar os produtos informativos de maior calidade.

  14. Ángeles Capeáns Verde
    Maio 11th, 2010 at 11:28 | #14

    Penso que a Internet nos axudou a comprender mellor a nosa función. Por iso eu tamén penso que o xornalista é hoxe máis necesario que nunca. O exceso de información pode chegar a desinformar. O xornalista ten que facer comprensible e xerarquizar esa información de cara o lector. As posibilidades que nos ofrece a rede son inmensas e os vellos profesionais do sector poden verse perdidos nesa gran masa. Pero as novas xeracións temos que loitar contra ese medo inicial e facer ver a importancia do noso papel dentro da sociedade.

  15. Andrea Carcacía
    Maio 11th, 2010 at 11:23 | #15

    Como di Alba, todos vemos o que pasa pero non todos o sabemos contar do mesmo xeito. Ao longo destes catro anos de carreira, intentouse que nós coñeceramos cales son as claves á hora de narrar e facer chegar ao público as noticias que poden ser do seu interese. Os xornalistas non quedaremos fóra de xogo por moito que algúns intenten desbancarnos da nosa posición.

  16. Alba Chao
    Maio 11th, 2010 at 11:20 | #16

    Alba Naveira fai unha interesante comparación entre a revolución que supuxo a impreta no seu momento e a Internet hoxe en día, se ben concordo en que seguirán complementándose. Por outra banda é tamén importante o que apunta cando di que «cada vez hai máis información e é máis accesible. Pero non toda é relevante, nin certa», pondo de manifesto a importancia do xornalista como seleccionador. Non se esquece do seu papel narrativo, ó concluir dicindo «unha cousa é ver e outra saber contar». Isto é o que diferencia os simples datos dunha información.

  17. Santi Agra
    Maio 11th, 2010 at 11:20 | #17

    Non imos ficar fóra de xogo. É certo que no remuíño de datos que supón a internet é moi complicado atopar verdadeira información, pero sempre haberá quen busque en nós ás persoas que saben do que falan e, sobre todo, saben explicalo. Por iso, compañeira, tes toda a razón cando aseguras que imos ser máis necesarios ca nunca.

  18. Jorge Lema
    Maio 11th, 2010 at 11:17 | #18

    Ten por seguro que o xornalismo non vai morrer. Se ben é certo que o internet está revolucionando o mundo da comunicación, isto non quere dicir que o xornalismo vaia desaparecer. Pra comezar, vemos como as páxinas máis lidas seguen sendo xornais, que aínda que non estean en papel, seguen sendo xornais, feitos por xornalistas. Ante tal cantidade de información, o que máis se valora é a diferenciación, o salto de calidade, un salto de calidade que só se consigue cando alguén sabe como contar as cousas, sexa en papel, ou na rede.

  19. Julia Fontenla Pedreira
    Maio 11th, 2010 at 11:14 | #19

    Comparto la visión de Alba en que si hay algo que diferencia a las personas es su manera de contar. Y es que ver, vemos todos, pero el modo de narrar la realidad es la esencia del buen periodista. ¿Los hechos son lo que parecen? Al igual que las apariencias engañan, detrás de cada acontecimiento se esconden un sinfín de causas y porqués que lo han motivado, é ahí la gran importancia de la figura del periodista. De nada sirve que nos cuenten tan sólo qué sucedió sino entendemos las razones que muchas veces van más allá del simple hecho en sí, por lo que la adaptación a los cambios resulta de vital importancia y de ese modo la figura de este “contador de historias profesional” no desaparecerá.

*