O xornalismo non ten saídas
Por FERNANDO BARROS ARES
O xornalismo non ten saídas, esa foi a frase que me dixo a miña nai para convencerme temporalmente de non cursar esta carreira. E a dicir verdade conseguiuno aínda que fose de xeito temporal. Eu debía seguir a tradición familiar que se remontaba ó meu bisavó, que non era outra que converterme nun letrado. A dicir verdade as letras non as quixen deixar de lado pero dando un enfoque distinto, eu quería contarlle ó mundo como Michael Jordan encestara de maneira maxistral a súa última canastra, ou conseguir narrar un fito semellante ó da chegada do home á Lúa.
Para iso era necesario cursar a carreira de xornalismo,ou polo menos iso imaxinaba eu, pero parece que ese requisito sine qua non agora non é tan estrito. Na nosa profesión cada vez aparecen máis historiadores, letrados, e mesmo científicos que especializados nos seus ámbitos, se van introducindo cada vez máis neste mundo desprazando dese xeito os xenuínos comunicadores. Debido a isto, cada vez son máis necesarios unha continua preparación e aprendizaxe cos que nos poidamos defender deste intrusismo cada vez máis notorio na nosa profesión. Non creo que exista incompatibilidade entre uns profesionais e outros, pero tampouco deberían invadir eles o espazo máis íntimo do xornalista.
Fernando Barros quere ver auténticos comunicadores nos medios





RSS

Lo más importante a la hora de escoger lo que queremos estudiar no es la situación o las salidas que ofrece nuestro gremio sino la vocación y el interés que tengamos por él y, por otro lado, las metas que nos marquemos dentro de esa profesión. Hablar de algo sin saber no queda bien ni en un medio ni en la taberna de tu barrio. Por eso se presupone que el periodista tiene que controlar los temas de los que habla y, sobre todo, saber transmitirlos a un público generalista. ¿De qué vale saber mucho de algo si nadie te entiende? Ahí radica una de las funciones básicas del periodismo.
Se os xornalistas saíran realmente preparados das Facultades poderiamos queixarnos. Se o xornalismo fora diferente tamén. Pero todo o que hoxe se etiqueta baixo esta acepción, non ten porque ser necesariamente feito por profesionais da información. Porque gritar nun plató require un gran nivel de voz e ter pouca vergoña. E falar con quen está ou deixa de estar a Esteban, espirito cotilla. Mais se deixando a prensa rosa a un lado, falamos da «seria», ata certo punto poderia entender que un economista que saiba sintetizar e escribir de xeito claro e conciso poida cubrir mellor ca moitos xornalistas cun títilo unha rolda de prensa sobre presupostos do estado. O mesmo pasaria con temas que tiveran que ver coa Rede Natura ou por poñer outro exemplo, co Patrimonio histórico. Expertos de cada ámbito poidan quizáis falar con máis propiedade que os xornalistas. Para iso, os xornais deben empezar a respetar as areas de especialización,e nos formarnos nunha determinado. Porque como ben di o refrán, quen moito abraca pouco aprieta. E saber de todo, e saber de nada, non é unha boa fórmula. Está xa maís que demostrado.
Lamentablemente, parece ser que ésta es una profesión que todo el mundo cree poder ejercer. Por ejemplo en la radio, en donde alguien con una voz agradable ya transmite noticias, aunque imagino que son leídas de algún otro medio. Pero como dice Deborah, no es lo mismo contar que informar y comunicar. Por tanto, creo que hay que prepararse y hacer un buen periodismo para que la sociedad note la diferencia, y así, tratar de erradicar este intrusismo en nuestra profesión.
Menos mal que ás veces non lle facemos caso ás nais…
Apoio a idea de Duarte cando di que ninguén querería que o operase un arquitecto. A ninguén se lle ocorrería tal disparate! Porén, séguese pensando que contar pode contar «calquera». Pero que me dicides de informar e comunicar? Aí xa se comezan a complicar as cousas, non si?
Como di Merce, e logo de pasar por algunhas redaccións de prácticas e comprobalo in situ, a realidade é que moitos xornalistas que hoxe en día exercen, sobre todo en Galicia, non pasaron por ningunha facultade de Comunicación, sen embargo a experiencia laboral fainos coñecedores da profesión moito mellor que un xornalista recen licenciado. Non digo que o intrusismo sexa positivo pero creo que esta situación, polo menos no noso caso débese a que a nosa facultade é relativamente nova e moitos dos profesionais que hoxe temos na nosa comunidade non tiñan a posibilidade de formarse neste campo sen saír fora. Peor me parece o intrusismo na profesión de personajillos que exercen como xornalistas tras facerse coñecidos en pantalla nalgún reality show. Estes son os verdadeiros inimigos da profesión.
O feito de que no xornalismo “aparezan historiadores, letrados e mesmo científicos que se van introducindo cada vez máis neste mundo desprazando dese xeito os xenuínos comunicadores” pode facernos pensar que a supervivencia da figura do xornalista está condicionada por ese intrusismo laboral do que fala Fernando Barros. O que eu opino ó respecto é que, como di este futuro xornalista, cada vez precisamos máis preparación e aprendizaxe para facer fronte a este intrusismo. Do contrario, nas áreas de especialización xornalística haberá cada vez máis profesionais que proveñen de terreos alleos ó xornalismo e que se apropian das funcións que lle corresponderían ós comunicadores.
Andrea tiene toda la razón. El peligro del intrusismo no es que podamos optar a menos puestos de trabajo, al fin y al cabo esos programas son entretenimiento puro y duro, no es información. El peligro es que nos relacionen con ello. Falta de esfuerzo, poca dedicación, ausencia de contraste…pero esto es sólo una razón más para seguir trabajando con profesionalidad en este mundo cada vez más contaminado, pero con la ilusión que al final nuestras madres digan: «hijo, estoy orgulloso de ti».
A pregunta é, que pode aportar un xornalista á explicación dun feito que non aporte un especialista no mesmo? Segundo o aprendido na facultade as 6 W´s, a piramide invertida, a obxectividade,… pero canto de diferenciación pode aportar isto? o boom das novas tecnoloxías amosounos que moita xente non profesional do xornalismo pode contar feitos de xeito máis que correcto. Entón, será este o fin da nosa profesión? non ten por que. Estes ‘intrusos’ non teñen por que ser inimigos nosos, senón aliados. Traballando xuntos man a man podemos transmiti-la información de forma máis completa e correcta
Época de crise no sector e intrusismo, dende logo á túa nai non lle falta razón. Estou de acordo co de que a especialización ten que ser o camiño para loitar contra isto. A sociedade atópase saturada de información pero necesita coñecemento. Os xornalistas tratan de evitar tratar temas demasiado especializados pero deixar que as fontes se dirixan directamente á sociedade é un erro. Eu, apaixonada de Maffesoli, lin numerosos artigos seus pero só compredín ben o seu pensamento a raíz dunha entrevista en El País.
O intrusismo é unha verdadeira plaga no xornalismo hoxe en día. Poderiamos coller a relación de comunicadores estrela de hoxe nos medios e comprobariamos como moitos deles non teñen ningunha clase de título que os acredite, isto é, que quen bota catro anos facendo unha carreira pode atoparse con que lle quita o posto unha persoa non licenciada ou licenciada en algo completamente distinto.
Ante esta situación un bota de menos un maior peso de colexios profesionais que poidan denunciar esta situación. Pero claro, se ao final o xornalista se converte nun sinxelo altofalante de novas retransmitidas desde organismos oficiais e perde o seu espírito crítico, tampouco estamos como para pedir seriedade.
Se botamos a nosa ollada as redacións de prensa, radio, televisión ou xornais electrónicos podemos atopar como ven di Fernando persoas como historiadores, letrados,etc. É o chamado intrusismo laboral que tan presente está nas nosas vidas. A mellor maneira de combatilo e a través da formación.
Me sorprendía el titular, “o xornalismo non ten saídas” y pensé que, con esos ánimos, cualquiera diría que Fernando no apuesta por su profesión. Luego comprendí a lo que se refería: ese “intrusismo” inevitablemente acompañante del periodismo y del que no se libra ni a la vuelta de la esquina es lo que conlleva que nuestras salidas estén cerradas con llave y casi blindadas al fracaso. Pero eso sería rendirse en la batalla a la primera de cambio. Esa “preparación continua” de la que habla este joven que tenía por destino ser jurista como sus antepasados, es la clave para ganar la guerra o por lo menos, firmar un tratado de paz para que exista esa compatibilidad entre profesionales de los distintos ámbitos.
Eu tamén estou completamente dacordo co do intrusismo, un dos peores problemas do xornalismo hoxe en día. E xa non só do xeito que Fernando cita; para min son peores esas personaxes que aparecen nos horarios de máxima audiencia a facer de todo menos periodismo. Digo isto debido a que, por desgracia, a maioría da sociedade asocia a esa xente cos figura dun xornalista cando en realidade non temos nada que ver. Cada un debería estar no lado da mesa que lle toque ocupar, e non realizando funcións que non lle son propias.
Estou dacordo con Fernando cando di que non se debería invadir o espazo do xornalista. A batalla contra o intrusismo gañarase o día que para exercer de xornalista se esixa un carnet que acredite a titulación. Non estou completamente a favor disto pero parece ser a única escapatoria, como xa demandan dende varios colexios de xornalistas. O ideal -á vez que utópico, para que enganarnos- sería que se valorase o traballo dun profesional do xornalismo como se valora o dun avogado por exemplo. Para resolver un pleito ninguén chama a un sociólogo no canto dun letrado. Supónselle certo coñecemento na área posto que recibíu unha formación. Cando isto pase, cando o xornalista comece a ser valorado, desaparecerán tanto o intrusismo coma todas as concepcións negativas acerca desta profesión.
Como apunta o compañeiro Duarte, se nós non cumprimos realmente o papel que nos outorga a sociedade, e optamos polo fácil, calquera, sen preparación, pode substituírnos. Como evitalo? Pois como sinala Fernado, coa formación continua, pois continua é a transformación da sociedade que nos dá o papel de intermediarios. De non recuperarmos o noso papel de informadores, o intrusismo seguirá a ser unha realidade cotiá do xornalismo.
Fernando aporta unha nova cuestión, o intursismo profesional, e apunta cara unha posible solución, a que xa se fixo referencia en artigos anteriores, a especialización. Con todo, e como ben sinalou Alba Naveira no artigo anterior, unha cousa e ver e outra contar. A segunda non se pode acadar sen a primeira, pero a primeira non implica necesariamente sabes facer o segundo. E aí é onde se atopa a continuidade do xornalista.
A precariedade laboral, o copy&paste, a crise da prensa escrita, a falla de modelo de negocio en internet…son tantos os problemas do xornalismo! Con todo, un bastante importante é o que sinala Fernando neste artigo: o intrusismo. A que persoa no seu sano xuízo dexaría que o operase un arquitecto? Ou que goberno non lexislaría para que unha ponte a teña que deseñar un enxeñeiro? Mais, calquera pode facer xornalsimo. E isto, en parte, é culpa das dinámicas da profesión. Se nos limitamos a copiar e pegar notas de prensa…como imos pór en valor a función do profesional? É unha necesidade para o futuro do xornalismo que vaiamos máis alá e apostemos por información de calidade.
Estou de acordo co do intrusismo no mundo do xornalismo. Para solucionar isto, o mellor que podemos facer e prepararnos o mellor posible e ser nós, os propios comunicadores, os mesmos que poidamos escribir unha noticia sobre temas científicos, legais ou o que sexa. Anta o novo panorama mediático que se presenta, a opción máis produtiva quizáis sexa obter a mellor formación posible.