Home > Curso 2010, Xornalismo no futuro > De maior quero ser xornalista!

De maior quero ser xornalista!

Maio 11th, 2010
Alba Chao non se arrepinte da súa decisión de converterse en xornalista

Alba Chao non se arrepinte da súa decisión de converterse en xornalista

Por ALBA CHAO VÁZQUEZ

Cando contaba doce anos decidín que de grande quería ser xornalista. Ser un deses que se enteran primeiro de todo. E é que fun (e sigo a ser) unha cativa moi curiosa. Hoxe, despois dunha década de relativizar moitos comentarios que falaban sobre o precario do traballo de xornalista, non me arrepinto da decisión, se ben é certo que os trazos que me entusiasman da comunicación non son exactamente os mesmos que cando empecei a andaina cara ao meu obxectivo. As miñas preferencias foron mudando ao compás que mudaba a miña perspectiva sobre as expectativas do xornalismo.
Nos catro anos de carreira o meu escepticismo cara ás novas tecnoloxías disipouse ao tempo que se me presentaban como a mellor ferramenta para informar. Ademais de conxugar os elementos propios dos medios tradicionais, a internet dá lugar a unha nova linguaxe coa que é quen de franquear toda barreira espazo-temporal.
O dereito a emitir e recibir información forma parte de toda sociedade, e como tal, evoluciona xunto con ela. Haberá que readaptar o xornalismo e de seguro que as tecnoloxías serán fundamentais. Pero nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns. Así que ninguén se preocupe se de maior quere ser xornalista.

Xornalismo no futuro Curso 2010, Xornalismo no futuro

  1. Fernando Barros Ares
    Maio 25th, 2010 at 21:10 | #1

    Creo que después de cuatro años los que aún persistimos en nuestro intento de, por lo menos, conseguir el título de periodista, es por que nos puede la vocación, y creo que ahí yo puedo ser un…. no digamos ejemplo, pero sí alguien que se dio cuenta que su sitio no estaba entre togas y leyes.
    Hay que reconocer que en estos cuatro años las nuevas tecnologías avanzaron como si llevasen puestas las botas de las 7 leguas. Te despiertas un día y te das cuenta que el gadget que compraste ayer está obsoleto. Y esto nos puede pasar a nosotros los «futuros periodistas» podemos acabar siendo ese 386 o un Spectrum, que ahora es un objeto de colección, si no sabemos avanzar al ritmo que nos marcan las nuevas tecnologías.

  2. Borja Golán
    Maio 21st, 2010 at 18:27 | #2

    “Que ninguén se preocupe se de maior quere ser xornalista”, en esta frase estoy de acuerdo con Alba. Como otros muchos saberes el periodismo tiene que adaptarse a los nuevos tiempos pero eso no quita que dejen de hacer falta informadores cualificados.

  3. Rocío Álvarez
    Maio 18th, 2010 at 11:33 | #3

    Como di Alba Chao o exercicio xornalístico require de moita vocación. Sen esta vocación, a profesión non ten sentido, nin aportaría os mesmos resultados de cara ao usuario. Aínda que muden os soportes, o cidadán sempre sentirá a necesidade de sentirse informado para facer fronte a unha realidade tan complexa na que vive.

  4. Clara S.V
    Maio 18th, 2010 at 11:22 | #4

    Rexeitar as novas tecnoloxías non tería ningún sentido. Poucos son escépticos que afirman que o futuro da comunicación non pasa pola Internet. E poucos son os que afirman que os profesionais dun oficio tan vello vaian desaparecer da noite á mañán. Cambiarán parte das nosas funcións e da nosa linguaxe. Mais o espíritu de informar non desaparecerá porque tampouco desaparecerán as ansias do cidadán de estar informado.

  5. Laura Torres
    Maio 17th, 2010 at 10:17 | #5

    Sí hay futuro para el periodismo. Y esto es gracias a las nuevas tecnología, que como dice Alba son la mejor herramienta para informa. También estoy de acuerdo con ella, en que a pasar de las nuevas tecnologías, nunca se podrá prescindir de la persona que ejerza esta profesión con toda la sensibilidad que requiere.

  6. Deborah
    Maio 11th, 2010 at 20:55 | #6

    Sen dúbida Internet está (e seguirá) xogando un papel moi importante no futuro do xornalismo. Pero o máis importante é xustamente esa última idea que destaca Alba: a necesidade de persoas cualificadas para o exercicio da profesión.

  7. Karina Rivero
    Maio 11th, 2010 at 11:56 | #7

    Penso que Alba ten o esencial para ser xornalista: curiosidade e capacidade de adaptación. Con ambas características, temos un comunicador dos novos tempos. O gusto polas novas tecnoloxías xoga no seu favor, e esa confianza na perdurabilidade da figura do xornalista como elemento configurador da opinión pública é indicador dunha visión sociolóxica da comunicación que nunca debe perderse. Modernos pero «con cabeciña». Eu tamén aposto por iso.

  8. Marta Rial
    Maio 11th, 2010 at 11:40 | #8

    Creo que, igual que lle pasaba a Alba Chao, son moitas as persoas que mostran certo “escepticismo cara ás novas tecnoloxías”. Pero, ó igual que lle ocorreu a esta estudante de xornalismo, a xente vai pouco a pouco caendo na conta de que as vantaxes que ofrecen os novos medios merecen ser aproveitadas. Non sei se estas tecnoloxías constitúen “a mellor ferramenta para informar”, pero o que está claro é que as posibilidades que presentan son moitas. Efectivamente, por moito que evolucionen os soportes dos medios de comunicación, “nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns”. Así pois, o que deben facer os xornalistas é adaptarse ós cambios que se están rexistrando nos medios, de xeito que sexan quen de manexar a “nova linguaxe” da internet.

  9. Maio 11th, 2010 at 11:37 | #9

    Gústame moito a reflexión que introduce Alba sobre como vai mudando a nosa percepción da profesión a medida que van avanzando os anos de carreira. Todos chegamos a Compostela con esa idea romántica de xornalista ao estilo Hemingway. Intrépito e aventureiro que toma notas nunha Moleskine cunha pluma Montblanc. Agora ben, a realide está ben distante deste modelo idílico e temos que adaptarnos a ela.

  10. Gemma
    Maio 11th, 2010 at 11:34 | #10

    Alba se muestra muy optimista. Se nota que está trabajando en lo que le gusta. Efectivamente es un trabajo que requiere vocación. Además de esto también tenemos que tener una mente abierta y aceptar todos los cambios que se den en esta profesión. ¿Qué hay un nuevo soporte que pone en peligro los tradicionales? No pasa nada. Seguro que nos ofrece nuevas maneras de llevar a cabo esta profesión; al fin y al cabo la esencia es siempre la misma: contar historias con rigor.

  11. Verónica López Oseira
    Maio 11th, 2010 at 11:31 | #11

    Como afirma Alba eu tamén creo no futuro do Xornalismo e como apunta Ángeles este futuro só é posible si nos os estudantes e futuros xornalistas nos adaptamos os novos medios e si os medios tradicionais tamén conseguen adaptarse. Na miña opinión este é o problema fundamental do xornalismo actual, que non avanza o mesmo paso que as novas tecnoloxías. Nas nosas mans está formarnos como verdadeiros xornalistas do futuro.

  12. Jorge Lema
    Maio 11th, 2010 at 11:28 | #12

    Síntome bastante identificado coa reflexión de Alba. A pesar de que parece que moitos están empeñados en facer desaparecer ós xornalistas, estamos vendo como esta é unha profesión que se sabe amoldar perfectamente ós cambios que se veñen dando ó longo da historia. Polo tanto, claro que ten futuro, é máis, ten un futuro moi prometedor, xa que estamos ante unha nova forma de facer xornalismo que somos nós quen a temos que explorar.

  13. manuel
    Maio 11th, 2010 at 11:26 | #13

    O xornalista está e estará presente na sociedade, pero ten que coidarse de non perde-la sua independenza fronte a inxerenzas externas, tanto de fóra da redacción coma dentro da mesma. Así pis, internet é o medio idoneo para que o xornalista poida traballar libremente, ainda que isto supoña ter que adaptarse a formas de negocio novas.

  14. Paco Cortez
    Maio 11th, 2010 at 11:25 | #14

    Ser xornalista require moito ánimo, porque ademais de ser un traballo bastante precarizado esixe que moitas veces os redactores dun medio deban adaptarse a unha liña editorial que pode non ser a súa. Desde logo, ter vocación desde cativa é a mellor maneira de poder tomarse con humor as dificultades que se van atopando no camiño.

    Fala Alba tamén das novas tecnoloxías, que sen dúbida axudaron e axudan moito á profesión, que historicamente sempre se viu beneficiada polos avanzos como a radio, a televisión… Esa evolución tecnolóxica posibilita ademais a democratización da emisión de información, ao pór en mans de grandes maiorías sociais a posibilidade de contar con medios como blogues para dar a coñecer as súas opinións, inquedanzas ou feitos dos que teñan coñecemento. Convivindo esta morea de emisores informativos cos xornalistas «verdadeiros», aqueles que se forman na profesión e saben como se traballa correctamente, o futuro pode ser moi ilusionante, á vez que ateigado de retos.

  15. Julia Fontenla Pedreira
    Maio 11th, 2010 at 11:23 | #15

    Unos ánimos sin duda que valen su peso en oro son los que da Alba a los futuros periodistas: esos que entraron un par de meses atrás con la ilusión de escribir sus primeras líneas, esos que de aquí a un mes serán titulados, o esos que ya viven en su propia piel lo que en su día el profesor Xosé López les dijo, y les dirá a todos sus alumnos de “ir, ver e contar”.

    Esa curiosidad y escepticismo de los que Alba habla son sentimientos por los que todos los que elegimos esta profesión experimentamos en algún momento de nuestras vidas, pero esperemos que sea el bicho de la curiosidad el que más pique y el que gane la batalla para ser compañero inseparable de la información.

  16. Merce Rey
    Maio 11th, 2010 at 11:19 | #16

    Creo que a reflexión de Alba é moi acertada. Internet está a xogar un papel fundamental no eido comunicativo xa que permite informar non só ós de aquí senón que tamén a xente que está fóra de Galicia; e non só iso, senón que tamén é un medio que incorpora o que ofrecen os outros soportes -imaxe, vídeo e audio-. Pero non só se conforma con iso. Dá a posibilidade de vincular distintas páxinas por medio do hipertexto. Deste xeito, ó igual que Internet foi capaz de sobrepasar obstáculos físicos e temporais os xornalistas deben adaptarse a está nova forma de comunicar para que o xornalismo non quede estancado.

  17. Ángeles Capeáns Verde
    Maio 11th, 2010 at 11:16 | #17

    O xornalismo require vocación e as tecnoloxías tamén. Desligar a profesión da Internet é un erro e a comunicación avanza (ou debería) ó mesmo ritmo que as inovacións. Por iso, é importante que as novas xeracións dos xornalistas sexamos adaptables tecnolóxicamente falando sen perder por iso a nosa razón de ser.

  18. Andrea Carcacía
    Maio 11th, 2010 at 11:15 | #18

    Alba amosa de certo xeito como o seu escepticismo inicial cara as novas tecnoloxías se foi disipando co paso dos anos. En principio, todos coñeciamos internet pero penso que non coa perspectiva comunicativa que hoxe en día todos vemos. Como ela di, a readaptación do xornalismo vai a ser fundamental para o futuro. E tamén, como non, claro que esta profesión vai ter futuro! Despois de tantos artigos, espero que ninguén o dubide nunca máis.

  19. Santi Agra
    Maio 11th, 2010 at 11:11 | #19

    Efectivamente Alba. A de xornalista é unha das profesións que máis vocación require. O noso é un traballo duro, pero que merece e seguirá a merecer a pena mentres haxa historias que contar e alguén que as queira escoitar. Os soportes mudan, mais o xornalismo fica, e xa sexa nos xornais, na radio, na televisión ou na rede seguiremos a ser necesarios, e benvidos os que queiran subir ao barco do xornalismo.

  1. Maio 17th, 2010 at 19:57 | #1
  2. Maio 18th, 2010 at 13:25 | #2
  3. Maio 19th, 2010 at 16:30 | #3
*