Un futuro incerto
Verónica López avoga pola capacidade de adaptación dos xornalistas
Por VERÓNICA LÓPEZ OSEIRA
A crise e a tecnoloxía ameazan o meu futuro. Cada ano aumentan os licenciados ó tempo que se reducen as redaccións. Internet está a mudar a maneira tradicional de facer xornalismo e agora todos podemos chegar a ser xornalistas. Deixando de lado a obsoleta metodoloxía de ensinanza que creo que recibimos, que polo que levo comprobado dista moito da realidade profesional coa que nos atopamos ao saír da facultade, na miña opinión o principal problema do xornalismo actual é que a profesión non evoluciona ó mesmo tempo que as novas tecnoloxías. Un claro exemplo desta discordancia son os xornais dixitais. A maioría destes nacen como copias na web do xornal en papel. Así mesmo, outros medios como a televisión e a radio usan a web como un soporte publicitario e non como outra alternativa de comunicación.
Supoño que como en todos os negocios, e o xornalismo hoxe en día é un mais, o problema radica en como gañar cartos a través dun medio tan incontrolable. Non creo que aínda sexa o final dos xornais de rotativa, polo menos non noso país, posto que a banda ancha en España aínda é moi cara e non é accesible a toda a poboación. Creo que a miña opción despois de oito anos de formación, tras os meus estudos de historia e xornalismo, será continuar aprendendo e especializarme nun campo porque a competencia é dura e mais nos tempos que corren. Desde cativa quixen ser xornalista ou escritora no seu defecto, e dende logo agora non me vou render por moi incerto que sexa o futuro, sempre hai opcións e se me teño que adaptar a novos soportes e novas formas de facer xornalismo fareino sen dubidalo.





RSS

Como bien afirma Verónica el futuro es incierto, pero no lo es menos en otras carreras universitarias. Como dice ella no me parece bien que cualquier persona publique informaciones sin tener una formación como periodista. Es como si un masajista hace el trabajo de un fisioterapeuta o este el de un osteópata. Otra cosa es que una determinada especialización, como la de Verónica en historia, haga que seamos unos periodistas más preparados en determinados temas.
Me gusta tu reflexión Verónica, es muy optimista y la comparto totalmente. No hay que rendirse, hay que adaptarse a los cambios, especializase y hacer un buen periodismo para marcar la diferencia.
Se calquera pode ser xornalista é porque os profesionais non nos facemos valer. Se o noso traballo consiste en copiar e pegar notas de prensa…como non vai poder facer iso un historiador, unha filóloga ou un politólogo? Podemos facelo mellor, pero previamente temos que solucionar problemas tan graves como a precariedade laboral para sermos quen de desenvolver un xornalismo rigoroso e de calidade.
Concordo con Verónica cando di que a especialización é moi importante. Pero prantéxaseme unha dúbida: especialización temática ou por medios?
Concordo con Verónica no tema da especialización. Vivimos nunha sociedade de colectivos cada vez máis segmentados e cunhas preferencias claras. Agora non queremos un xornal para todos, senón un xornal adaptado a cada lector. Con este panorama semella básico que o xornalista estea ligado a unha área de coñecemento dende a que poida informar e satisfacer as necesidades do seu público. Pola contra non estou tan de acordo coa ameaza que supoñen para o xornalismo as novas tecnoloxías e o referente á redución das redaccións. Hoxe en día as redaccións dixitais dos xornais teñen poucos xornalistas porque aínda non están facendo unha aposta seria e decidida por este soporte. Unha vez que os medios comecen a percibir de verdade o filón da web, as redaccións aumentarán, e eu penso que aínda fará falta máis persoal porque os contidos web son moito máis laboriosos, xa que ademais da parte de xornalismo tradicional e redacción que todos coñecemos, levan aparellada unha presentación complexa. O que si fará falta será un cambio de mentalidade xa que o xornalista multi-tarefa vai estar á orde do día. Penso que a diversificación das labores xornalisticas vai traer consigo un cambio na concepción tradicional desta profesión.
Nun mundo como de agora, a especialización á que fai referencia Verónica é fundamental. Nun mundo onde hai tanta información circulando por tantas canles, seleccionar o esencial e fiable para facerllo chegar ao público é máis necesario que nunca. Asemade, concordo coa referencia ás carencias da Facultade, se ben hai honrosas excepcións que si procuran formarnos nas novas ferramentas.
Hai uns anos, como ben sinala Verónica López, moitos xornais dixitais xurdiron sendo “copias na web do xornal en papel”. A día de hoxe, por incrible que pareza, podemos atopar xornais que continúan nesa liña de trasladar á rede os contidos que podemos atopar nos xornais impresos, sen facer uso das vantaxes que presenta a internet –interactividade, hipertexto, capacidade de actualización constante…-.
Se os xornalistas non aproveitan as posibilidades que se lle ofrecen na rede, de pouco serven todos os avances que se están desenvolvendo neste ámbito. Neste senso, os futuros comunicadores deben ser conscientes da importancia de adaptarse ás características de cada medio en función do soporte do que se trate.
Penso que Verónica estivo moi acertada neste artigo falando dun dos principais problemas do xornalismo electrónico : a copia dos medios impresos. Pois todo o mundo sabe que o futuro está en internet pero quizais a profesión todavía non está praparada para este cambio, faltan ideas, xente que lle de un empuxon… Quen sabe, quizais algún de nós poda contribuir nun futuro cercano a todo isto. Aínda que como ela mesma di «a competencia é dura e mais nos tempos que corren».
Internet é o futuro. Pero como apunta Verónica «a profesión non evoluciona ó mesmo tempo que as novas tecnoloxías». Por iso, débense explotar todas as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías e incluílas nas canles comunicativas para facelas máis ricas e acabar co tan empregado «copia e pega» e que se está trasladando dun medio a outro.
Tamén estou de acordo co que di Verónica ó inicio do seu artigo. Quizais está habendo algún erro xa dende a formación dos futuros xornalistas. Quizais se forma a tanta xente que xa parece imposible que todos teñamos un traballo no que queremos. Por eso non nos vai a quedar máis remedio que loitar ou deixar o que nos interesa e acabar preparando unhas oposicións como xa fixeron moitos dos nosos predecesores.
Desde luego, entereza y ganas parece que no le faltan a esta joven que no duda en plantarle cara a lo que ha llegado, y está por llegar, tanto en los retos periodísticos como en los nuevos soportes. Dice que «a competencia é dura nos tempos que corren», «aumentan os licenciados ó tempo que se reducen as redaccións», pero ella es firme a su sueño de ser periodista, o en su defecto, escritora.Ese sueño que desde pequeña la acompañó parece que no será desbancado por muchos cambios digitales que se planteen.
Paréceme unha artigo moi acertado na maioría dos seus aspectos. Por unha parte, o da formación, aínda que iso supoño que pasará en moitas facultades xa que a profesión está a evolucionar a pasos axigantados, polo que si sería necesario establecer un cambio.
Tamén estou moi de acordo en que especializar nun determinado campo é importante, xa que como di Verónica, a competencia nestes momento sé moi grande, e o mellor que se pode facer é estar o máis preparado posible para cando che den a oportunidade de demostralo. Para finalizar, dicir que tamén concordo en que todos teremos que amoldarnos ás novas formas de facer xornalismo e ós novos soportes que vaian aparecendo, xa que estancarse sería un gran erro.
De novo Internet. Parece que todos temos claro que o futuro da profesión pasa por aqui,mais de novo todos o volvemos ter claro, os medios de comunicación actual non se saben adaptar. Edicions online transcripcións da escrita. Escaparate publicitario gratuito para negocios que non son tan rendibles como antaño. Soporte diferente e cheo de posibilidades que non se explotan. Quizais porque non hai tempo. Quizais porque os xornalistas carecen de formación. Quizais porque non coñecemos todas as posibilidades que brinda. Mais unha cousa esta clara se falamos de futuro: isto cambiará coas novas xeracións. Faremos novos productos, máis debemos saber que estes seguirán sendo parte do negocio. Porque isto todavía é máis dificil de trocar.
Verónica apunta cara un dos maiores problemas que ten o xornalismo electrónico, a desatención ás propias peculiaridades do soporte e a copia dos medios impresos.A web non é un espazo no que se pode ler o xornal impreso on line, nin ver a televisión ou escoitar a radio. Os produtos multimedia si que introducen texto, video e audio, pero conformando un produto xenuino. Con respecto da especialización coido que o xornalista ten que buscar un xeito de diferenciarse, e a especialización pode ser o camiño. Aínda que o futuro non sexa un camiño sinxelo aposto pola idea de Verónica de «dende logo agora non me vou render por moi incerto que sexa o futuro».
Totalmente de acordo. O futuro do xornalismo está na rede. Por moito que se manteñan os xornais impresos, internet é o futuro máis presente e máis tarde ou máis cedo a maior parte de nós acabará desembarcando na rede. Só falta saber se cando o fagamos os medios tradicionais xa se darán conta de que internet é un campo distinto a aqueles nos que ate o de agora estaban traballando (prensa, radio ou televisión)e se saberán adaptar aos mesmos ou seguirán coa mentalidade de volca-lo contido impreso, televisivo ou radiofónico á páxina web sen ser consciemntes de que os contidos xa deberían estar construidos exclusivamente para a rede. Para isto axudaría unha mellor preparación da que nos están dando na facultade, que semella que aínda se está dando conta desta realidade e empezan a valora-las novas tecnoloxías como se merecen, coma a base sobre a que traballar, e non coma instrumentos cos que moldea-la información costruida segundo as clásicas estruturas do xornalismo tradicional. Hai que darse de conta xa de que os novos medios vencellados ás novas tecnoloxías necesitan uns esquemas de traballo específicos, que aínda que compartan puntos en común co traballo clásico do xornalista teñen que ser elaborados cunha metodoloxía nova, máis adecuada ás posibilidades que as novas tecnoloxías nos ofrecen
É evidente a crise que vive o sector dos medios de comunicación, ó igual que noutros, pero non penso que a tecnoloxía vaia ameazar a profesión. O xornalismo debería botar man das novas ferramentas para reiventarse e non copiar soportes como ben dis. Ante o incerto futuro da profesión tamén penso que nos teremos que adaptar ó que veña e non rendernos.
Totalmente de acordo co comezo do artigo de Verónica López onde di que a formación que se recibe na facultade de Ciencias da Comunicación é obsoleta se se ten en conta a evolución que sufriron os medios. Deste xeito, a titulación non concede o valor que en realidade teñen as novas ferramentas e soportes da comunicación.