Home > Curso 2010, Xornalismo no futuro > Ser xornalista é máis que unha profesión

Ser xornalista é máis que unha profesión

Laura Torres, posando con todo un exemplo de xornalista, Valle-Inclán

Laura Torres, posando con todo un exemplo de xornalista, Valle-Inclán

Por LAURA TORRES SÁNCHEZ

Nacín en Venezuela, un país coñecido anteriormente polas súas riquezas, as súas belas paisaxes e o seu petróleo. Actualmente é coñecido por Chávez, iso está claro e ese é o motivo principal polo que eu estou aquí, en España. Chámome Laura Torres Sánchez, comecei a estudar Xornalismo porque sinto que a través desta profesión podo axudar a sociedade sendo a súa voz, para min é un labor social onde podo ser unha ferramenta para dar a coñecer carencias ou necesidades que teñen aqueles que non son escoitados. E o futuro desta fermosa profesión véxoo na web. O Ciberperiodismo é unha área na que me gustaría traballar.
Porén, actualmente posúe certas carencias. Creo que neste campo o xornalista actual debe somerxerse en novas teorías, rutinas e deseños, tanto en formación científica, como en  tecnoloxía, linguaxe e discurso, adaptándose a unha estructura global, rompendo barreiras que se marcaron nos medios de comunicación tradicionais. O documento informativo neste medio debe rexerse por unha serie de criterios. Nesta área do xornalismo a ferramenta principal é o hipertexto, que reúne relatos máis profundos que longoss e representa unha substitución da pirámide invertida, é dicir, hai que cambiar esa estrutura lineal ao escribir.
Actualmente, non se ten en conta que hai un cambio claro do texto ao hipertexto, o que fan os medios de comunicación escritos é un mero transvasamento do medio de comunicación impreso ao ciberespazo. O texto dixital debe ser producido orixinariamente para o medio electrónico. Malia todo, considero que isto é algo que os novos xornalistas imos lograr erradicar.

Xornalismo no futuro Curso 2010, Xornalismo no futuro

  1. Borja Golán
    Maio 21st, 2010 at 18:21 | #1

    Lo que dice Laura me parece muy interesante. Al afirmar que el periodismo para ella es más que una profesión ya está dejando claro que el que escribe, locuta o presenta no lo hace sólo para lograr un bienestar económico sino también para mejorar el mundo en el que vive. Y que mejor manera de hacer periodismo que en un soporte como internet, en el que podemos llegar a mucha más gente, con un coste menor lo que conlleva una mayor independencia. Eso sí, el periodismo digital está todavía aprendiendo a andar.

  2. Duarte Romero
    Maio 15th, 2010 at 18:04 | #2

    A adaptación dun medio a outro, dunha linguaxe a outra, sempre leva tempo. Pero fíxate canto mudou a cousa de nos últimos anos. O que se fai en internet a día de hoxe parecía imposíbel en 2005. O que se facía no 2005 parecía unha utopía no 2000. E xa non falemos se comparamos os primeiros webs de xornais a mediados dos noventa cos cibermedios actuais. Hai futuro, e avanza a pasos axigantados, aínda que a nós nos pareza que vai amodo.

  3. Deborah
    Maio 11th, 2010 at 23:36 | #3

    Ser a voz da sociedade. É xenial que unha idea tan romántica como esta continúe vixente na actualidade. Sobre todo tendo en conta que a maioría dos medios de comunicación se esqueceron dela… Menos mal que existen iniciativas novas como Periodismo Humano!

  4. Karina Rivero
    Maio 10th, 2010 at 15:41 | #4

    Laura abrangue neste pequeno artigo dúas das principais metas de calquera xornalista que se precie: ser a voz da sociedade -fundamentalmente dos que non son escoitados-, e comunicar de xeito eficaz rompendo as barreiras impostas polos medios tradicionais. É un futuro ambicioso, pero non imposible. A formación, como salienta Laura, é imprescindible. Debemos sair da facultade coa capacidade de comunicar temas complexos a unha audiencia heteroxénea, e ademais dun xeito creativo ligado ó eido dixital. Como explica Laura, o ciberespazo está reservado ós novos xornalistas, e aí nós temos moito que dicir.

  5. Santi
    Maio 5th, 2010 at 09:38 | #5

    Se queremos «lograr erradicar» a práctica de pasar o contido do papel á web, no canto de fornecer a internet de contido propio, teremos que dar nós a batalla nos medios. Aos poucos, facendo ver a súa importancia. Non podemos agardar a que outros decidan por nós, do contrario, se cadra será demasiado tarde como para reaccionar a tempo e con garantías de futuro.

  6. Marta Rial
    Maio 4th, 2010 at 21:56 | #6

    Non lle falta razón a Laura Torres ó falar do “transvasamento do medio de comunicación impreso ao ciberespazo” por parte dos medios dixitais. Parece que os xornalistas quedaron estancados na estrutura da pirámide invertida e as 5W. Se as tecnoloxías avanzan, os xornalistas deberían avanzar con elas, para así “romper as barreiras que se marcaron nos medios de comunicación tradicionais”. Hai que cambiar a mentalidade de escribir para os medios dixitais como se o estiveramos facendo para un xornal en papel.
    Tamén comparto a súa maneira de ver o xornalismo como “a voz da sociedade”. E é precisamente por isto, pola forte influencia que exercen os medios de comunicación na sociedade, polo que os xornalistas deben actuar en consecuencia coa súa responsabilidade. Así pois, deben respectar os grandes principios da profesión, tanto no que se refire á busca da verdade como ó seguimento os códigos deontolóxicos.

  7. Clara
    Maio 4th, 2010 at 11:42 | #7

    E de novo volvemos falar da escasa adaptación o novo soporte e as novas posibilidades que ofrece Internet. Facemos textos e non hipertextos. Escritura liñal e tradicional que non explota nin unha décima parte de todas as novas posibilidades. Teorías e linguaxe obsoleto. Mais non debemos esquecer tampouco destoutra parte da que fala Laura no seu artigo, máis aló das novas tecnoloxías, na que afirma que o xornalismo é mas cunha profesión, onde desenvolvemos unha labor social moi importante e das que moitas veces parece que nos esquecemos. Deberiamos primeiro ter claro isto, e logo adaptarnos aos diferentes soportes. Adaptarnos senón non ten sentido.

  8. Verónica López Oseira
    Maio 4th, 2010 at 11:35 | #8

    Laura aposta porque sexamos nós os que mudemos a forma de entender o xornalismo na rede pero creo que os estudantes desta profesión non contamos coa teoría, os medios e a mentalidade necesaria para poder levar a cabo este cambio. A metodoloxía de ensino das facultades comeza a mostrar un certo interese polas novas tecnoloxías e o xornalismo dixital pero estamos no principio da revolución e só a través da experiencia e do propio interese poderemos avanzar cara a novas técnicas e formas de facer un xornalismo de calidade na rede.

  9. Alba Chao
    Maio 4th, 2010 at 11:29 | #9

    Laura trata as dúas vertentes principais do xornalismo, o aspecto humano e de labor social, como tamén fixo a compañeira Andrea Carcacía. Pareceme acertada a reflexion que fai sobre a labor social do xornalismo ó dicir «podo axudar a sociedade sendo a súa voz». Doutra banda, a fonda nas cuestións técnicas do ciberxornalismo, como o é hipertexto. Nas súas propias palabras «reúne relatos máis profundos que longos e representa unha substitución da pirámide invertida, é dicir, hai que cambiar esa estrutura lineal ao escribir».
    Precisamente nestes textos máis profundo e con maior información faise máis necesaria a función dun xornalista que seleccione e xerarquice os contidos para conseguir que sexa entendibles. Por iso o xornalismo é «máis que unha profesión».

  10. Merce Rey
    Maio 4th, 2010 at 11:27 | #10

    A prensa escrita ten moitas carencias que foron mellorando grazas a introdución dunha maneira distinta de transmitir a información e que se conseguiu a través do soporte electrónico. Esta ferramenta é o hipertexto. Con ela, o usuario non só ten acceso ó feito senón que tamén ten acceso a outras noticias relacionadas con ese acontecemento, a outro tipo de documentos, etc. Pero aínda que existe un avance importante á hora de contar o que se fai na actualidade «é un mero trasvasamento do medio de comunicación impreso ao ciberespazo», como anticipa Laura. Por este motivo, é necesario buscar una nova maneira de redactar esa información (incluíndo frases máis curtas,facendo vinculación co hipertexto, apoiándose noutros soportes como audio, vídeo e imaxe,etc) para diferenciarse do medio escrito.

  11. Rocío Álvarez
    Maio 4th, 2010 at 11:26 | #11

    Unha das vías de futuro do xornalismo está no soporte Internet. Non obstante, os xornalistas deben loitar na reivindicación do seu valor como figura mediadora. Este é o único camiño para que estes novos medios aporten a credibilidade que ata o momento o usuario non concede a moitas informacións que aparecen na rede. Polo tanto, o xornalista debe apostar por esa vertente de labor social que como Laura Torres afirmaba tén a profesión.

  12. Andrea Carcacía
    Maio 4th, 2010 at 11:25 | #12

    A labor social do xornalismo paréceme algo imprescindible e unha das súas funcións básicas. Pero na realidade non é así e moitas veces atopámonos con follas e follas cheas de novas do que lle acontece a uns cantos privilexiados mentres que as minorías seguen sen ter o protagonismo que deberían.
    Deixando ese tema aparte, Laura aposta pola web e eu tamén penso que o futuro está aí. Os medios existentes deben de adaptarse ós cambios que se están a producir para non quedar atrás na carreira de fondo que se está a correr dende uns anos hacia aqui. Adaptarse ou morrer.

  13. Ángeles Capeáns Verde
    Maio 4th, 2010 at 11:25 | #13

    Ó igual que Laura, tamén penso que o xornalismo debe ser un vehículo para darlle voz a aqueles non escoitados. E por iso creo que a mellor ferramenta para este fin é a Internet e as posibilidades que ofrece. As carencias deste medio son moitas e para min a máis importante é a saturación de información á que se enfronta o usuario como ben di Jorge. Pero aquí temos o gran reto dos xornalistas: facilitar o coñecemento ó pobo.

  14. Manuel Rodriguez
    Maio 4th, 2010 at 11:24 | #14

    Ogallá esteas no certo e os xornalistas sexamos quen de pensar xa en ciberxornalismo e non coa mentalidade clásica, pero o certo é que salvo honrosas excepcións os grandes medios aínda seguen pensando en papel. Ademais, teremos que ter moioto coidado coas novas rutinas do ciberxornalismo, non sexa que rematen por entorpece-la nosa labor como o fan as rutinas dos medios clásicos. Se acadámo-la «modernidade» nos cibermedios e esta nos ata as mans con rutinas herdadas do mxornalismo tradicional, o certo é que avanzamos menos do desexado

  15. Julia Fontenla Pedreira
    Maio 4th, 2010 at 11:18 | #15

    Que «ser xornalista é máis que unha profesión» es sin duda una de las afirmaciones que más verdad y razón encierran en su seno. El porqué lo explica a la perfección esta joven venezolana que explica que para ella el periodismo sirve para «axudar á sociedade, sendo a súa voz», una voz que es necesario cuidar por ejercer una valiosa «labor social».

    Pero para ello, la innovación no puede quedar atrás, y es que los medios digitales van dejando huella pisada tras pisada, y plasmar cada palabra del medio impreso en el digital, no es la mejor opción para adaptarse a los cambios de futuro. A pesar de ello Laura confía en los nuevos perdiodistas para «erradicar» los hábitos que se han ido adquiriendo, quizás más por desconocimiento que por tendencia. Y es que estamos ante las nuevas generaciones equipadas con paracaídas y salvavidas que harán del periodismo «máis que unha profesión».

  16. Jorge
    Maio 4th, 2010 at 11:17 | #16

    Estou de acordo coa definición de xornalismo como «labor social» paréceme acertada, tamén coincido en que o ciberxornalismo ten aínda moitas carencias, que por outra parte son normais tendo en conta a corta vida deste medio.
    Outra das carencias que eu vexo é a saturación de información que existe. Internet provocou unha democratización da información posibilitando que calquera poida escribir o que lle parece. En moitas ocasións, recibimos tales cantidades de información que son moi difíciles de procesar e o único que fan e levarnos á desinformación.

*