Os novos emprendedores da comunicación
Julia Fontenla aposta polo pensamento crítico e o espírito emprendedor
Por JULIA FONTENLA PEDREIRA
Recordo moi ben aquela mañá. O simple feito de encher un formulario ía determinar o meu futuro dos vindeiros anos. Nome: Julia Fontenla Pedreira. Titulación: Xornalismo. Unha sinxela sinatura, e xa estaba. Catro anos despois da miña marcha de Vilagarcía a Compostela podo dicir que cambiou a miña visión da realidade e da forma de comunicar. Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir…
Dende o primeiro intre cada alevín de xornalista que me rodeaba, amosaba a súa inquedanza por escribir ou colocarse diante dunha cámara. Hoxe, con máis ou menos paixón, creo que todos aprendemos a bela realidade doutro xeito, e iso é unha das cualidades imprescindibles dos novos xornalistas do futuro que loitarán cada día por dar tódolos datos fieis á realidade, tanto en medios audiovisuais como escritos. Quizais simplemente por este feito, por este espírito emprendedor, non desapareza nunca ese xornalismo crítico e comprometido polo que loitaron os nosos antecesores e polo que loitarán as novas xeracións.





RSS

Tenemos que luchar por esa veracidad que tanto nos inculcaron en estos cuatro años y sin olvidarnos de la verdad y objetividad que iban de la mano en cierta asignatura de la carrera. Además hoy en día parece que todo el mundo puede ser periodista o se cree cualificado para ello, y lo peor es que muchas veces lo consiguen usurpándonos puestos de trabajo. Pero somos nosotros los que tenemos la última palabra y seguiremos luchando por ello, de eso no tengo ninguna duda.
Es lo que todos los que estudiamos esta carrera deseamos; un periodismo crítico, honrado y portavoz de la verdad. Si las facultades se esfuerzan por inculcarnos estos valores tenemos mucho ganado pero también va a depender en gran medida de las directrices del medio para el que trabajemos.
Estoy de acuerdo contigo Julia. No importa el medio a través del cual se informe, lo importante es dar datos fieles a la realidad, ser crítico y comprometido con la profesión.
Concordo plenamente contigo na idea de que o xornalismo ten que ser crítico, mesmo irreverente. Cuestionalo todo non é desconfianza, é apostar pola calidade e polo rigor. Desgraciadamente, a precariedade laboral e determinadas dinámicas nos centros de traballo rematan por anular toda a capacidade crítica coa que saímos da facultade.
Desexo coma ti que ese xornalismo crítico e comprometido non desapareza nunca. Só dese xeito poderemos chegar a descubrir esas verdades das que falas…
Comparto con Julia o cambio de visión da realidade, tras catro anos estudando xornalismo. Cada un chega á facultade cunhas expectativas diferentes, e pensando en adicarse a aquelo que máis lle interesa. Pero independemente do medio ou do soporte no que traballemos, temos que manter un espíritu crítico e non deixarnos levar pola subxectividade. Isto último,por desgracia é cada vez máis frecuente, cando seleccionamos a información que nos interesa sen contrastar as fontes e sen unha visión obxectiva dos feitos.
Julia demostra que unha das cousas máis importante á hora de se enfrontar á realidade da información é a vocación. Para «loitar cada día por dar tódolos datos fieis á realidade», enfrontándose a todos os obstáculos que temos a día de hoxe (precariedade, presión dos accionistas, etc) fai falla, máis que nunca, crer no noso traballo.
Ten razón Julia Fontenla cando fala da necesidade do espírito crítico do xornalismo, xa que moitas veces os profesionais da comunicación esquécense desta premisa tan importante no exercicio do xornalismo. O afán de “dar tódolos datos fieis á realidade” debería ser algo innato á condición de xornalista, aínda que moitas veces se fai caso omiso deste principio básico. Nestes catro anos de estudos, ademais de aprender a “escribir ou colocarse diante dunha cámara”, tamén comprobamos como moitas veces na profesión xornalística se deixan de lado os códigos deontolóxicos. E iso, independentemente de se estamos traballando en medios audiovisuais ou escritos, é algo que nunca se debe esquecer.
Gústame moito a reflexión de Julia. O fomento do espírito crítico é precisamente un dos puntos fortes (eu diría que o máis forte) da carreira de xornalismo. Todos entramos na facultade cun certo aire naïf e saímos reconvertidos en auténticos adultos, pasamos dunha visión infantil a unha realista. Se viamos Gran Hermano agora detestámolo e cando vemos as noticias facémonos preguntas que antes se nos pasarían por alto. É un chanzo que alcanzamos gracias ás leccións de desconfianza recibidas durante catro anos. Realmente é necesario ter ese espírito crítico para estar dentro do mundo do xornalismo xa que nos leva a indagar e ir atrás da verdade ata que damos con ela.
Para todos é ben sabido que un dos principais problemas do xornalismo hoxe en día é o intrusismo e, precisamente ese espíritu crítico do que fala Julia no seu artigo é unha das lineas que penso que separa a un bo xornalista dun simple orador.
De acordo con Julia. Aínda que atopo carencias na nosa formación académica, se de algo valéronme estes catro anos na Facultade foi para crear conciencia crítica. Para decatarme que existen moitas máis realidades que as que as grandes cabeceiras nos amosan. Os xornais son grandes empresas, e a práctica dos xornalistas vése obstaculizada polo seu modelo de negocio e o seu espirito empresarial. Cambiar isto quizáis sexa difícil, mesmo imposible. Mais Internet ofrece novas posibilidades que non debemos deixar escapar.
Despois de catro anos de carreira, cada un dos alumnos que este ano nos licenciamos en xornalismo temos distintas opinións sobre para canto nos serviu a carreira. Creo que Julia acerta ó sinalar que, cando menos, gañamos en espírito crítico. Cando di que «nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir». Se logramos aprender isto e aplicalo no exercicio da nosa profesión, estaremos máis cerca de cumprir todos os obxectivos que se lle presupoñen ó xornalismo.
O pensamento crítico é un dos instrumentos máis valiosos que debe ter o xornalista, independentemente do soporte no que se atope. Iso é o que axudará no traslado dunha realidade con certas doses de interpretación e valoración. Ter un pensamento crítico significa darlle voltas aos feitos, combinando as versións que cada parte ofrece para conseguir unha visión ampla do acontecido.
Ogallá non perdamos as ganas coas que comezamos a encher ese formulario en primeiro ano de carreira aínda que o noso modo de ver a profesión cambiase. Estou totalmente convencida de que manter unha visión crítica pódenos salvar dun xornalismo baleiro que poida erradicar a profesión e facernos prescindibles. Tan importante é isto como adaptarnos ás novas tecnoloxías.
Comparto con Julia o feito de que estes catro anos de carreira sobre todo servironme pàra crear conciencia crítica, para saber que o que temos que facer como bos xornalistas é case que o contrario que os grandes medios fan, e quie hai máis realidades que a que os grandes medios nos amosan. Por iso os novos cibermedios poden ser unha gran ferramenta para amosarlle á sociedade esas informacións silenciadas polos grandes medios corporativizados
«Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece ate que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir». Esta cita de Julia resume moi ben a labor de calquera bo xornalista, sen embargo creo que hoxe en día isto é mais unha utopía que unha realidade. O traballo nos gabinetes, a rapidez mediática que esixe esta profesión fan, que moitas veces esquezámonos dese pensamento crítico e de contrastar todas as fontes. Tanto a rede como o papel están infestados de notas de prensa que a propia fonte emite segundo os seus intereses; de opinións de xornalistas e cidadáns que as veces nos fan confundir a obxectividade dun feito coa subxectividade dá nosa visión. Como dí Fontela está nas nosas mans «dar tódolos datos fieis á realidade».
Creo que todos pasamos pola situación de Julia e eu persoalmente síntome identificada con todo o que di. O principio tódolos futuros xornalistas amosabamonos inquedos e con ganas de comernos o mundo pero pouco a pouco fúmonos dando conta de que non todo é tan bonito como nos imaxinabamos. Sen embargo, penso que ese «espírito emprendedor» segue presente en cada un de nós. Ese xornalismo crítico que se espera dun bo profesional vai a seguir acompañando os futuros periodistas pese a todo.
Antes de comezar os estudos de xornalismo todos nos facemos unha idea do que queremos ser o rematar xa sexa estar diante da cámara, detrás das ondas ou na redación dun xornal ou páxina web. A medida que van pasando os anos temos outra perspectiva moi distinta xa que coñecemos realmente o que hai o noso redor, aprendemos a utilizar as ferramentas comunicativas nos distintos soportes, e vamos pouco a pouco perfilando o que será o noso futuro. Como ben dí Julia «aprendemos a vela realidade doutro xeito».Por este motivo, os futuros xornalistas non deben de perder esa vontade de transmitir os feitos o máis fieis posibles á realidade.
Paréceme bastante acertada a reflexión que fai Julia. Todos falamos e oimos falar de que o futuro do xornalismo está ligado ó avance das tecnoloxías e que o futuro é a rede. Ainda así, moi pouca xente se para a pensar que ó mellor, tamén é necesario mellorar a calidade do xornalismo e dos xornalistas. Manter unha visión crítica e non deixarse levar pola simpleza é tan importante ou máis que ser conscientes da importancia da tecnoloxía.