O futuro está na lingua

Santi Agra confía no potencial galego dentro do mundo lusófono
Por SANTIAGO AGRA BERMEJO
Algúns semella que temos mala sorte. Por cousas da vida, escollemos por vocación unha profesión que vive a crise como poucas e na que as posibilidades de atopar traballo ou vivir dignamente dela non son unha tarefa sinxela. Ademais de nacermos nunha cidade pouco amiga dos cambios como o é a vella Compostela. Porén, todo na sociedade muda, e con ela o xornalismo que existiu até o de agora. A evolución da rede marca o camiño, e aí o xornalismo galego ten unha potencialidade inmensa grazas á lingua. O uso do galego na rede ábrenos a porta á comunidade lusófona, un universo emerxente tanto política como economicamente en África e América. Se cadra, o futuro do noso xornalismo poderá aproveitar ese auxe e poder despegar dunha vez e recuperar o pulo doutros anos, informando desde aquí e cunha ollada propia galega, pero posta nun mundo cada vez máis globalizado.





RSS

Crisis económica, despidos, cierre de cada vez más redacciones, caída de la publicidad,… Sí, todo pinta mal, muy mal. Aún siendo esto así, no podemos cruzarnos de brazos y dejar el tiempo pasar. Debemos, más bien, buscar el aspecto positivo de todo cuanto está sucediendo y ser nosotros, periodistas en potencia, quienes hagamos algo, quienes repensemos el futuro. Santi, por su parte, ha manifestado una magnífica idea, la cual yo comparto: aprovechar las ventajas de la Red, pero también las posibilidades que ofrece la lengua gallega en tal soporte.
Neste mundo globalizado que está unindo todas as partes do planeta, desplazando, aínda que soe paradóxico, á temátca internacional a favor da información local, de potenciar ás minorías, por iso este novo soporte pode ser un gran vehículo para as linguas en auxe.
Efectivamente, creo que a lingua galega ten potencialidades internacionais grazas á lusofonía. Mais na miña opinión, as novas tecnoloxías téñennos que servir para crear un sistema de medios propiamente galego e en galego, que é un carencia que tivo historicamente o noso país.
Acertado enfoque e moi interesante a idea que pecha o artigo: «informando (…) cunha ollada propia galega, pero posta nun mundo cada vez máis globalizado».
Porén, deixemos a mirada pesimista a un lado que, dun xeito ou outro, conseguiremos vivir felices grazas ao xornalismo!
O enfoque de Santi é interesante en canto ó pesimismo no referente a profesión de xornalista, enfrontado a un futuro de ilusión no xornalismo na rede. Non só iso, senón que o enfoca cara un obxectivo concreto: o desenvolvemento do xornalismo eléctrónico en galego. Mestúranse así as esperanzas de mellora do xornalismo e aproveitar os novos recursos dos que esté dispón hoxe en día para procurar un novo auxe. Un «boom» necesario xa non só para o mundo da información, senón para a información galega e en galego. Un pulo que beneficia tanto o noso oficio polas ansias de mellorar e renovar a súa situación coma a nosa lingua, no momento complicado na que esta se atopa.
Parece ser que Santi e eu compartimos certo pesimismo e que esa mala sorte impregnanos demasiado. Mais como persoa non-optimista declarada que son, albergo un mínimo de esperanza sobre ese futuro incerto do que non paramos de falar. A lingua pode ser un factor clave para as relacións co resto do mundo, pero tamén é certo que para querer compartir o noso punto de vista dende Galiza, non nos entenderiamos a perfeción con esas áreas que se cita; si de certo modo, pero non completamente.
Podemos empregar e aproveitar as semellanzas da nosa lingua para achegarnos ao portugués. Poida que teñamos grandes vantaxes á hora de aprender este idioma. Pode tamén que o galego sirva como trampolín para lanzarnos cara o mercado lusófono, que comeza a despegar e non tardará moito en adquirir gran importancia. A lingua é unha riqueza que non debemos desaproveitar. Pero tampouco cambiar, como ben di Karina. Máis doulle a razón a Santi cando fala sobre «informar desde aqui e cunha ollada propia galega, pero posta nun mundo cada vez máis globalizado». Non sería un mal comezo.
A rede ábrenos as portas ó mundo, e nese gran mundo un pode sentirse un ananiño ou un xigante. Se queremos que a nosa lingua transpase fronteiras teremos que apostar por ela, aínda que non se ve que haxa grandes iniciativas nesta dirección. Máis ben a rede está fomentando o emprego de linguas coma o inglés e o español, que abarcan unha poboación angloparlante e hispanofalante moi ampla. En relación ó universo lusófono, para os que sentimos que o galego ten as súas fronteiras xeográficas unicamente en Galicia, a cuestión segue a ter unha interrogante. Se se trata de darlle difusión ó idioma, eu poño toda a carne no asador. Se o prezo de abrirnos ó mundo é mudar a nosa lingua, prefiro dirixirme aos meus tres millóns de galegos.
Nun contexto actual marcado pola globalización a tódolos niveis, a proposta de que os profesionais da comunicación galegos busquen outras posibilidades no seo da comunidade lusófona pode ser un acerto. Moitas veces non nos decatamos das oportunidades que nos pode abrir ós galegos o feito de compartir tradicionalmente unha cultura cos veciños lusos.
A crecente unificación e interdependencia entre os distintos países de arredor do mundo é unha evidencia de que, cada vez máis, a cultura local pode ter unha dimensión máis alá das fronteiras. Así as cousas, os xornalistas poden aproveitar da rede esa posibilidade de “informar desde aquí e cunha ollada propia galega, pero posta nun mundo cada vez máis globalizado”.
Internet é unha boa forma de dar voz a todos aqueles que non a teñen nos grandes medios/altofalantes. E entre estes está a nosa lingua, que se atopa cunha Xunta que a ningunea, entroutyras formas, subvencionando a medios que apenas usan o galego salvo o Día das Letras Galegas. Por iso a través de publicacións alternativas, que teñen na rede un escenario perfecto para operar, podemos dar forma a unha nova forma de informar non só na forma, senón tamén no contido
Se, como din, os medios de comunicación poñen máis en contacto á sociedade cas linguas do que o fan os centro de ensino, é acertada a reflexión de Santi sobre o papel fundamental que a rede e os medios en liña poden xogar con respecto do futuro da lingua. A axuda pode ser mutua, a internet pode colaborar na difusión do galego e o emprego do galego na web pode facer os contidos máis atractivos para certo sector da audiencia. Con esta idea de «informar desde aquí e cunha ollada propia galega, pero poata nun mundo cada vez máis globalizado» sintetízase a capacidade da rede.