Home > Curso 2010, Xornalismo no futuro > Incerteza no conto do xornalismo

Incerteza no conto do xornalismo

Abril 27th, 2010

Por ROCÍO ÁLVAREZ GARCÍA

Hai catro anos, co inicio da miña andaina na Facultade de Ciencias da Comunicación, atrevíame a dicir que o xornalismo era unha caixa de sorpresas. Hoxe, con 21 anos, e a piques de converterme en xornalista, debuxo incerteza. Si, incerteza. Esa é a palabra que mellor califica o futuro desta profesión. O auxe das novas tecnoloxías desbancou medios tradicionais como a prensa, a radio e a televisión. A sociedade evoluciona e muda os seus hábitos de vida, feito que tamén incide no xeito de informarse. Así, as novas xeracións son seguidoras das redes sociais, dos blogs ou doutras ferramentas que ofrece internet. O ciberespazo é un auténtico maremágnum de soportes e contidos onde o usuario navega ata perderse sen ancorar no seu destino. Non obstante, existe un gran paradoxo neste eido da comunicación: o cidadán vese desbordado pola información que lle chega a través das distintas canles e a pesar diso, na maioría dos casos, considérase desinformado. Quizais, esta situación se deba á ausencia dun xornalista como figura mediadora, un profesional que traslade información de calidade, coa achega dunha contextualización e interpretación. E iso tamén precisa dunha mudanza. Pero, volvendo ás perspectivas de futuro, a profesión está nunha etapa de transformación, de mera influencia no soporte. Non obstante, a esencia de contar historias que ten o xornalismo non desaparecerá xamais porque o ser humano sempre sentirá a necesidade de manterse informado.

Rocío Álvarez cre que a necesidade de sentirse informado perdurará

Rocío Álvarez cre que a necesidade de sentirse informado perdurará

Xornalismo no futuro Curso 2010, Xornalismo no futuro

  1. Fernando Barros Ares
    Maio 25th, 2010 at 21:33 | #1

    Creo que a día de hoy nuestra carrera sigue siendo una caja de sorpresas, a veces no muy agradables dicho sea de paso. El medio escrito iba a desaparecer desde que llegaron a nuestras vidas la televisión y la radio, pero aún sigue ahí aguantando los envites de la web como si de un espartano en la guerra contra los persas se tratase. Lo que no te destruye te hace más fuerte y esto, acompañado con una pequeña necesidad de evolución logrará que nuestra querida prensa jamás desaparezca

  2. Borja Golán
    Maio 21st, 2010 at 18:18 | #2

    Estoy de acuerdo con Rocío en que la aparición de internet ofreció un espacio tan grande al periodismo que este está intentando buscar su sitio. Y esto no es fácil si tenemos en cuenta que los nuevos internautas demandan nuevos productos en comparación con los consumidores de medios tradicionales. Aún así considero que el periodismo perdurará y mejorará en calidad acorde con la evolución que experimente nuestro país.

  3. Gemma
    Maio 18th, 2010 at 10:22 | #3

    Da igual que existan novos soportes. Pois a cuestión non é como hai que editar, como hay que escribir,,,non se cuestiona, e tiña que facerse, que se quere editar, escribir, montar.,,

  4. Laura Torres
    Maio 17th, 2010 at 12:04 | #4

    Me encanta esta frase: “o xornalismo non desaparecerá xamais”.
    Ciertamente, a pesar de los cambios por los que atraviesa la profesión, la esencia no desaparecerá. Siempre hará falta una persona que contraste fuentes, confirme, hable con todas las partes involucradas, entre otras cosas. Sea en el medio de comunicación que sea, siempre hará falta la figura de un mediador.

  5. Duarte Romero
    Maio 15th, 2010 at 17:39 | #5

    Concordo en que o xornalista ten que cumprir ese papel de mediador para un determinado tipo de información. Agora ben, tamén é interesante das novas tecnoloxías que acheguen a posibilidade de expresarse a xente que até o momento non tiña voz. Aínda que a iso non se lle chame xornalismo.

  6. Deborah
    Maio 12th, 2010 at 19:26 | #6

    Retoma a idea coa que comezaches este camiño: é xenial que o xornalismo sexa unha caixa de sorpresas! Coma ti, eu tamén penso que a esencia da profesión nunca desaparecerá.

  7. Andrea Carcacía
    Maio 10th, 2010 at 20:39 | #7

    A incerteza coa que Rocío define o futuro do xornalismo parece predominar na opinión dos futuros xornalistas. Pero estou de acordo con ela en que, pese ao avance das novas tecnoloxías, o xornalista vai sobrevivir porque ten un papel que se fai necesario a pesar dos cambios. A mediación que debe facer este entre as fontes e os destinatarios das informacións vai a seguir resultando imprescindible por moito que cambie o panorama dos medios de comunicación.

  8. Marta Louro
    Maio 10th, 2010 at 17:01 | #8

    Resulta paradóxico, como di Rocío, que hoxe en día o cidadán esté desinformado, tendo en conta a cantidade de información á que pode acceder. A través do novo soporte, o consumidor elixe a información que máis lle interesa, pode tamén participar a través das múltiples ferramentas que ofrece a rede. Pero sen dúbida, non pode faltar a figura dun profesional do xornalismo, imprescindible para que a información chegue con rigor e veracidade ó lector.

  9. Clara S. V
    Maio 6th, 2010 at 11:36 | #9

    É certo, é díficil pronosticar o futuro da profesión. Os medios tradicionais perden influenza e debúllase no ciberespazo a supervivencia.Nunca na historia houbo tal cantidade de información. Na rede xorden ademáis versións de todo tipo dun mesmo feito, que se escapan ou alonxan das visións ofrecidas polos grandes xornais xeralistas. Aquí o paradoxo, nunca houbo semellante fluxo de información sen embargo, a xente hoxe séntese máis desinformada que antes. Quizais aqui é onde xorda a importancia da figura do xornalista, como mediador entre a gran cantidade de informacion e a xente. Debemos facer a información comprensible e veraz, porque poucos crense xa o que contamos.

    Pero como di Rocío, a esencia de contar historias que ten o xornalismo non desaparecerá xamáis.

  10. Ángeles Capeáns
    Maio 5th, 2010 at 21:54 | #10

    Penso que o xornalista ten que adaptarse á sociedade e os soportes que utiliza. Todo cambio produce incertidume e o que se está levando a cabo é sen dúbida un dos máis significativos dos medios de comunicación. Sen dúbida, penso igual que Rocío ó ver ó xornalista como un elemento imprescindible do proceso comunicativo.

  11. Karina Rivero
    Maio 4th, 2010 at 22:06 | #11

    É curioso o paradoxo da desinformación. Supostamente deberiamos estar mellor informados ca nunca, pero fáltanos a brúxula que nos diga por onde navegar, volvendo á metáfora do barco á que fai alusión Rocío. A verdade é que o xornalista ten un gran papel que desempeñar neste «maremagnum» de información de toda clase. Tócalle poñer a súa voz para garantirlle á cidadanía que aquilo que está lendo é veraz porque ten o selo dun profesional da información. É por isto que cómpre conservar os valores ligados historicamente á profesión sen deixar de mirar cara adiante en todo momento.

  12. Alba Naveira
    Maio 4th, 2010 at 17:46 | #12

    Al igual que Rocío creo que, aunque es evidente que la tecnología está avanzando a pasos agigantados, el periodista sigue siendo necesario en su papel de mediador.

  13. manuel rodriguez
    Maio 4th, 2010 at 17:19 | #13

    Hai que ter moito ollo cos novos habitos que nos traen internet e as novas tecnoloxías, coma a proliferación dos blogs e das redes sociais, porque poden dar lugar a novas formas de expresión que, visto o visto sobre a rápida implementación das novas tendencias froito destas novas tecnoloxías entre os usuarios, poden rematar por influenciarnos a nós, os xornalistas, á hora de conta-las cousas. Chega con comprobar como a actualización constante e a interactividade influiron no xornalismo nos últimos anos

  14. Jorge Lema
    Maio 4th, 2010 at 12:15 | #14

    Eu tamén penso que a figura do xornalista non vai desaparecer xa que aínda que os soportes vaian evolucionando sempre será necesaria a figura dese mediador. Tamén estou seguro de que o medio escrito non vai desaparecer, supoño que si terá que evolucionar e ir cambiando, para poder adaptarse ás novas esixencias que propón a sociedade.

  15. Julia Fontenla Pedreira
    Maio 4th, 2010 at 09:56 | #15

    Me gustaría que ese sentimiento de «incerteza» que predomina en el ambiente, y más en una facultad de comunicación, fuese tan sólo eso, una incerteza. Lástima que sea más que un sentimiento, pero luchar contra ello es deber para que la profesión gire en torno a los ideales periodísticos que desde el primer momento hemos ido adquireindo en la trayectoria.

    Como Rocío, confío en la presencia de la figura medioadora en el panorama mediático, por esa sed de información que cada día nos mueve a ir al kiosko del vecino a comprar el periódico, a encender la televisión y atender al telediario aunque sólo sea porque esale nuestro presentador favorito, o escuchar esa voz en la radio con la que nos despertamos cada mañana o que nos acompaña mientras nos dirijimos al trabajo. Da igual el motivo, da igual la incerteza: «a necesidade de seguir informado perdurará».

  16. Marta Rial
    Maio 3rd, 2010 at 00:20 | #16

    Se ben as novas tecnoloxías están en auxe en tódolos terreos –entre eles tamén o da comunicación-, non creo que este auxe signifique o “desbanque” dos medios tradicionais: nin da prensa, nin da radio, nin da televisión. Evidentemente, ó tempo que muda a sociedade, muda tamén a maneira na que as persoas acceden á información. É certo que moita xente infórmase a través da rede, pero tamén hai unha porcentaxe da poboación que segue fiel ó medio escrito, ben pola falta de alfabetización electrónica ou ben porque a rede non lle transmite a confianza que si atopa na prensa.
    En canto á desinformación da que se fala neste artigo, coincido con Rocío Álvarez ó considerar que “quizais esta situación se deba á ausencia dun xornalista como figura mediadora, un profesional que traslade información de calidade”. Así as cousas, pese ós cambios que se desenvolven no eido da nosa profesión, semella que a figura do xornalista sobrevivirá ás transformacións, xa que a súa labor de mediador seguirá sendo fundamental.

  1. Maio 4th, 2010 at 20:56 | #1
  2. Maio 6th, 2010 at 12:01 | #2
  3. Maio 18th, 2010 at 10:15 | #3
*