A loita pola supervivencia
Por MARTA RIAL ALVITE
Ao falar do futuro do xornalismo algúns autores apuntan que os xornais tradicionais están abocados á súa desaparición. Eu, dende a perspectiva dunha estudante de xornalismo, atreveríame a sinalar que, se ben é certo que a prensa escrita está convivindo con novos soportes cun estilo propio, tamén hai que ter en conta que unha parte da audiencia dos xornais en papel é moi fiel a este medio. Obviamente, a capacidade de enlazar contidos a través do hipertexto, o intercambio de opinión co público ou a posibilidade multimedia fan que o novo soporte gañe cada vez máis adeptos. Con todo, o mesmo que non desapareceu a radio coa televisión, tampouco desaparecerán os xornais co novo medio. Do mesmo xeito que se cuestiona a supervivencia do medio escrito, tamén se pon en dúbida a supervivencia da figura do xornalista. Non obstante, a responsabilidade que esixen as noticias fai que teñan que estar feitas por profesionais. Pero, independentemente do soporte do que se trate, o que non debe cambiar son as bases da profesión xornalística: buscar a verdade e contrastar a información que se publica.
Marta Rial ve o xornalismo como unha profesión de responsabilidade





RSS

Aunque muchos no lo quieran ver, el periodismo como actividad, como idea, como futuro, florece cada vez más vigoroso en Internet, motivo por el que “o novo soporte gaña cada vez máis adeptos”, tal y como dice Marta. No por esto la prensa en papel está condenada a desaparecer, ni mucho menos, pues seguramente con el devenir de los años surjan nuevos modelos que le ayuden a sobrellevar, por decirlo de algún modo, las consecuencias más negativas de la actual crisis que ahora está sufriendo.
Aunque muchos no lo quieran ver, el periodismo como actividad, como idea, como futuro, florece cada vez más vigoroso en Internet, motivo por el que «o novo soporte gaña cada vez máis adeptos», tal y como dice Marta. No por esto la prensa en papel está condenada a desaparecer, ni mucho menos, pues seguramente con el devenir de los años surjan nuevos modelos respecto a ella que ayuden a sobrellevar las consecuencias más negativas de la transición que ahora mismo estamos viviendo.
Non creo que o papel teña futuro como principal medio de información dos lectores. De feito, xa non creo que o sexa, debido á súa falta de inmediatez. Como pode sobrevivir? Facendo un xornalismo de calidade, interpretativo e profundo, que permita achegar as claves para entender feitos que acontecen na nosa realidade. Agora ben, se cadra para isto non ten que saír todos os días.
Non creo que a prensa en papel deixe de existir porque, como ben di Marta, conta cunha audiencia fiel. Claro que alguén podería dicir que iso acontece agora porque aínda hai un público que non é usuario da rede, pero dentro duns anos cando esa poboación morra, as cousas cambiarán. Porén, creo que para entón os xornais en papel terán adoptado outro tipo de modelo diferente ao dos xornais dixitais. Así pois,concordo co que di Manuel no seu comentario.
O xornalismo evoluciona, cambia, mestúrase e moldéase ás novas épocas, e como di Marta no seu artigo, ten que loitar pola supervivencia. Os novos productos informativos, coma os xornais electrónicos, os que podemos acceder a través da rede non sustitúen os clásicos xornais de papel. A tradición é demasiado longa e está demasiado arraigada. Pero como di Marta, o menos importante é o soporte. O básico é a información veraz, as novas contrastadas, o rigor e a fe no seguimento obxectivos do xornalismo. Os xornais electrónicos proporcionan máis información (multimedia, hipertexto…) polo que, na miña opinión, complementan e non sustitúen ó papel. O xornalismo, sexa en pantalla, papel ou a través das hondas, sobrevivirá. A cuestión e que debe facelo ben e non ceder, como xa o ven facendo dende hai tempo, as presións do diñeiro, das empresas e dos intereses persoais de quen non se preocupa polos principios da información.
» Buscar a verdade e contrastar a información que se publica», con esas bases non se debería nin plantexar a cuestión da supervivencia da figura do xornalista. Pero tamén é verdade que cada vez máis espazos dos medios de comunicación están sendo colonizados por xente que non ten nada que ver coa figura dun profesional da información. A supervivencia tampouco merece ser cuestionada dende o meu punto de vista. Polo momento, os xornais en papel non van a desaparecer.
Estamos viviendo en una época de cambios. De eso no hay duda. De hecho los hábitos tampoco se mantienen: hoy en día son las personas mayores quienes leen los diarios impresos mientras que las nuevas generaciones apuestan por la red. Por varios motivos: la capacidad de elegir contenidos de varios sitios, el ahorro que supone de tiempo y dinero, la capacidad combinar varias cosas al mismo tiempo…por eso ahora no es que tengamos menos público, sino que está más diversificado.
Atopámonos nun momento de cambios, nun momento onde cada vez son máis os seguidores do novo soporte. Pero isto non é suficiente para que os xornais en papel desaparezan, xa que a prensa escrita segue a ter a súa fiel audiencia. Non sabemos o que sucederá de aquí a uns anos, nin se o soporte en papel logrará sobrevivir pero estou de acordo con Marta en que independentemente do soporte que se utilice, os xornalistas temos que exercer a nosa profesión coa responsabilidade que nos corresponde.
Marta fala do futuro do xornalismo tradicional. Algúns din que desaparecerá, ela asegura que do mesmo xeito que non desapareceu a radio coa televisión, tampouco desaparecerá a prensa escrita coa electrónica. O certo é que nun panorama tan cambiante é moi osado proclamar veredicto. O único que sei, que os pasos serán de xigantes, e que en dez anos a rede e o xeito de facer xornalismo dentro dela será totalmente distinto. Esforzo dobre para o xornalista, que deberá actualizarse senón quere quedar obsoleto.
Non só a prensa escrita está en crise, o xornalismo está en crise. Unha dobre crise: económica e de contido. Pero a Internet está abrindo un novo camiño no que se buscan novas formas de contar e novos contidos. Contidos que moitas veces nacen do contacto directo cos usuarios e de aquí a principal importancia que cobra o papel mediador do xornalista. Maffesoli decía que a sociedade actual é o xerme dunha nova que aínda non coñecemos e na que as institucións deixan de ser representativas. Será por iso que os cidadáns prefiren buscar noticias na Internet antes que notas de prensa re-elaboradas?
A posibilidade de ler o xornal na rede de forma gratuita diminuiu enormemente as vendas do formato papel, pero ao igual que Marta eu tampouco creo que iso implique a súa total desaparición (ao menos non de momento).
Tamén coincido con ela en pensar que a figura do xornalista non vai a desaparecer. Pois, aínda que na rede hai moita información e toda é fácilmente accesible, non toda é certa. Por iso avogo pola necesidade desta figura no seu papel de mediador.
Igual estamos tratando o asunto dende o enfoque equivocado. Non é que estea en crise a prensa escrita en si. Está en crise un modelo de prensa escrita estancado nas rutinas que aínda cre que só el sabe o que o lector quere, sen ser quen de atender ás súas demandas. Cando as grandes corporacións donas dos principais medios impresos se dean conta de que hai novas formas de conta-las cousas e usuarios con demandas novas, que buscan novas visións dos feitos que os grande medios tratan de xeito case igual só por motivos económicos, entón a prensa escrita estará máis preto do fin desa crise
«Supervivencia», cada vez que excucho esa palabra pienso en la ley del más fuerte, sólo aquellos capaces de hacer frente a los nuevos retos que se avecinan serán capaces de no ahogarse en ese gran océano, ene ste caso de la información. Marta cree en el profesional de los medios, que será quien de convivir, y seguramente combinar las posibilidades de un medio con las del otro, porque si no desapareció el periódico, ni la radio, ¿por qué han de hacerlo ahora con la llegada de un nuevo competidor?
La solución es diversificarse y actuar con esa profesionalidad característica de los informadores que cada día se levantan y se acuestan con la tranquilidad en su conciencia de saber que su trabajo ha llegado del modo más eficaz a su publico espectador.
O xornalismo está sendo obxecto de fondos cambios, pero como Marta di, o que non pode cambiar é a figura do xornalista, que terá que seguir aí a pesar das mudanzas no soporte. Os xornalistas son á información, o que un arquitecto a un edificio, ou un cirurxián a unha operación a corazón aberto. Nuns casos estará en xogo que o edificio non caia, e no caso dos xornalistas temos nas mans a opinión pública e o dereito dos cidadáns a estar informados. Penso que é unha labor abondo «de responsabilidade», como apunta Marta, que non pode exercer calquera.