Archivo

Entradas Etiquetadas ‘política’
Jueves, 9 de junio de 2011

Xénova Boys

Se lle facemos caso a Naomi Klein concluiriamos que, neste incerto período sociopolítico que estamos a vivir, no que a crise é o eixe reitor de discursos, accións e inaccións, asistimos á aplicación no eido global da doutrina do shock. Esta trata de crear un estado de confusión-conmoción nos do común, que inactiva calquera conato de rebelión grupal, para así instaurar moreas de contrarreformas impopulares e darlle aire a un sistema con evidente fibrose. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Domingo, 1 de mayo de 2011

À Rasca, 12 de Março e Democracia Real xa!

mural_lisboa_02O pasado 12 de marzo a mocidade portuguesa saiu ás rúas para protestar pola súa situación de precariedade, que inclúe o desemprego e o “quinhentoseurismo”, e para esixir a políticos, empregadores e a si mesmos actuacións conxuntas para mudar unha realidade insustentábel, como definía o breve pero exitoso manifesto da Geração à Rasca. A protesta xurdiu dunha convocatoria de tres mozos e unha moza no Facebook e disque xuntou a 500 mil persoas. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Martes, 8 de marzo de 2011

Quen define a política exterior da UE?

Os moitos queixumes xerados pola feble, que na práctica é tan irrelevante coma inexistente, reacción da Unión Europea (UE) perante as mobilizacións populares que no mundo árabe se suceden en reacción a décadas de nepotismo e represión, responden máis a un desexo de quen soña unha Europa dos pobos e das persoas que a unha lectura acaída da realidade. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Lunes, 14 de febrero de 2011

Un novo referente político: o Encontro?

Cando repaso o panorama da esquerda política organizada -e con ansias de transformación social- na Galiza éntrame un deprimente desabafo.

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,

Lunes, 14 de febrero de 2011

Un novo referente político: o movemento

Responden as encristadas estruturas dos partidos clásicos ás necesidades da cidadanía de hoxe?

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,

Martes, 1 de febrero de 2011

Un novo referente político: soltando lastre

LastreEdificar un novo referente político para a esquerda transformadora galega supón, antes ca nada, desprendérmonos das moitas sobrecargas que impiden a nosa liberación, quer mental, quer material. Só deste xeito poderemos pensar con claridade e organizarnos con eficacia para combater a ideoloxía dominante. Entre outros, como o sectarismo ou a desconfianza -tanto custa atopar espazos para dar conta de obxectivos comúns?-, hai tres tipos de lastre que cómpre arriar en banda: o tempo, o medo e o pensamento único. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Lunes, 24 de enero de 2011

Un novo referente político

imagesA estas alturas xa non temos que incidir máis en que a meirande crise sistémica da historia, no canto de producir un rexurdir das teses da esquerda, esas que falan dunha economía planificada na que a clase traballadora domine os medios de produción e na que o capital humano -e o capital planeta- prime sempre sobre o capital financeiro, está a producir un paradoxal reforzamento da ideoloxía ultraliberal -na que incluímos a dos neocons e a dos socialdemócratas, sexan ou non reformistas-, principal causante deste insoportábel tsunami que asolaga dereitos sociais, postos de traballo e unha longa listaxe de decisións democráticamente adquiridas ao longo das últimas décadas. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,

Lunes, 23 de agosto de 2010

Dúas esquerdas, unha alternativa

Malia que existe moita xente que teima en afondar en infecundas rifas semánticas cando parolamos sobre a esquerda social e a esquerda política, rexeitando os termos por coidar, como así é, que a esquerda social tamén é política; penso que no seu significado máis simple –a esquerda que traballa inserida nas institucións e a que traballa a pé de rúa– a diferenza é ben acaída. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,