Lunes, 21 de junio de 2010
Coa razón como bandeira, parece existir un consenso cidadá na percepción de que os gobernos, presos dos -ou aliados cos- poderes financeiros nos están a roubar diante dos nosos fociños. Os desamaños financeiros agrupados nesa especulación que semella un xeito de vida para as elites da poboación mundial caeron, caen e seguirán caendo no retroceso social da maioría. E seguimos apampados. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo especulación, g-20, neoliberalismo, tobin
Jueves, 17 de junio de 2010
Como se pode imaxinar que o PIB mundial, que era de 6.000 millóns de dólares en 1950, que pasou a 43.000 millóns en 2000, poida medrar en 2050 a 172.000 millóns sen trastornar máis aínda os equilibrios naturais, como se iso fora unha mecánica virtuosa? A pregunta –de Jean-Paul Besset– refírese ao “progreso” esperábel atendendo a unha das máximas do capitalismo actual: fai falla un medre anual do 2-3% para seguir a producir e consumir nun panorama de descenso do paro. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo decrecemento, ecofascismo, ecoloxía, neoliberalismo
Domingo, 13 de junio de 2010
Malia que non son un experto en temas laborais atrévome a realizar dúas negacións sobre a reforma laboral que se está a negociar en Madrid e que o Goberno disque aprobará por decreto o día 16 se non hai acordo entre patronal e sindicatos: non é necesaria… e non é reforma. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo neoliberalismo, sindicalismo, traballo
Martes, 8 de junio de 2010
“En Ikea esforzámonos en manter os nosos prezos o máis baixos posíbel para que sexan accesíbeis á maioría das persoas. Aínda que non a calquera prezo. O proceso de deseño en Ikea ten como obxectivo crear un impacto mínimo no ambiente e que na súa produción os provedores garantan as mellores condicións laborais”.
Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ambiente, globalización, ikea, neoliberalismo
Lunes, 31 de mayo de 2010

Tarde ou cedo ía acontecer. Cando as ideas se gardan no fondo do caixón, como fixeron os socialistas ao abrazar o liberalismo e aliñarse co poder custe o que custar, os seus portadores rematan orfos e desleixados, sen guía aparente, sen o imprescindíbel corpo teórico e, en definitiva, sen unha varanda social de base que os ampare.
Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, neoliberalismo, socialdemocracia, socialismo
Martes, 25 de mayo de 2010
As dúas cuestións centrais sobre as que vén xirando o devir político e económico nos últimos tempos veñen demostrar que a suposta modernidade democrática e social acadada polo Reino de España nos últimos 30 anos, ten pouco que ver cunha visión obxectiva do que é esta fráxil unión (forzada) de nacións, e moito que ver coas teses que fixeron do apelido de Nicolás Chauvin un ridículo apelativo, ben inserido no pensamento españolista do antedito período. Isto é, a crenza narcisista, case paranoica e ben mitómana, de que España é un Estado de modélica e consolidada democracia, moi moderno e cunha sociedade madura que vive nunha situación moi achegada ao ideal da igualdade. Xa non queda lugar para tal chauvinismo. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo españa, FMI, garzón, globalización, neoliberalismo, zapatero
Jueves, 13 de mayo de 2010

"Ben feito rapás"
Unha das frases máis abraiantes por min escoitadas na boca dun político de “suposta esquerda” pertence ao aínda presidente brasileiro, Lula, no intre da súa reelección: “Nunca os ricos ganharam tanto, nunca os pobres melhoraram tanto seu nível de vida”. Condenábel a primeira, eloxiábel a segunda, escribiu o sociólogo brasileiro Emir Sader.
Sen dúbida o grande éxito de Lula, se é que iso se pode considerar un éxito, sempre foi o pragmatismo, ese saber xogar pola esquerda –moitas veces na liña dos foros sociais mundiais– e pola dereita, en Davos ou no G-20.
Nestes últimos anos non falta quen ten comparado a Zapatero co Lula da Europa. Nada máis lonxe. Vistas as medidas de axustamento para “salvar a economía” –mágoa dela– sospeitosamente eloxiadas polos poderes económicos –incluida a UE e o tétrico FMI–, xa pode facer de sindicalista brasileiro reformado: “Nunca os ricos ganharam tanto, nunca os pobres ganharam tam pouco”. Así, sen pragmatismos, que non están de moda.
Alejandro Nadal, no xornal mexicano ‘La Jornada’, cabeceira imprescindíbel, define moi ben isto das crises e os rescates, non de Grecia ou de España, senón do modelo neoliberal: “Non hai que ser inxenuos. A crise non é unha patoloxía que esporadicamente afecta ao capitalismo. No capital, a crise non é un episodio do que un se recupera para regresar á norma. A crise é o estado normal do capitalismo. O capital goza, vive e nútrese na crise”. Sempre gañan os mesmos.
Manoel Santos Pedras para un castelo lula, neoliberalismo, zapatero
Martes, 4 de mayo de 2010
É a partir da década de 1980 cando se comeza a desenvolver no mundo a acuicultura intensiva, pois até entón era a extensiva, como a que se dá co noso marisqueo ou coas nosas bateas, o máis estendido, actividade de sempre realizada por pescadores, mariscadoras… Polo pobo.
A acuicultura intensiva é a produción industrial de animais, con concentracións moi elevadas de individuos en superficies pequenas –balsas, piscinas, xaulas–, emprego de alta tecnoloxía, alimentación artificial, tratamentos químicos e farmacéuticos, hormonas, e producindo altos redementos económicos, mais tamén custes ambientais e socioeconómicos (locais) moi elevados e por veces dramáticos. Non é moi diferente da cría intensiva dos animais de granxa.
O plan acuícola que se está a tentar desenvolver en Galiza dende 2005, con tres modificacións de tres sucesivos gobernos, só atende este tipo de acuicultura, e especialmente á cría de rodaballo, unha especie carnívora cuxo cultivo depende da pesca extractiva. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo acuicultura, especulación, neoliberalismo