O cidadán Lula reaparece no Foro Social Mundial
Liberado das cargas e mordazas da presidencia, Lula foi moi crítico co G20, ao que acusou de non ter a máis mínima sensibilidade coa fame e a pobreza no mundo. Leer más…
Liberado das cargas e mordazas da presidencia, Lula foi moi crítico co G20, ao que acusou de non ter a máis mínima sensibilidade coa fame e a pobreza no mundo. Leer más…
Cando repaso o panorama da esquerda política organizada -e con ansias de transformación social- na Galiza éntrame un deprimente desabafo.
Responden as encristadas estruturas dos partidos clásicos ás necesidades da cidadanía de hoxe?
Edificar un novo referente político para a esquerda transformadora galega supón, antes ca nada, desprendérmonos das moitas sobrecargas que impiden a nosa liberación, quer mental, quer material. Só deste xeito poderemos pensar con claridade e organizarnos con eficacia para combater a ideoloxía dominante. Entre outros, como o sectarismo ou a desconfianza -tanto custa atopar espazos para dar conta de obxectivos comúns?-, hai tres tipos de lastre que cómpre arriar en banda: o tempo, o medo e o pensamento único. Leer más…
A estas alturas xa non temos que incidir máis en que a meirande crise sistémica da historia, no canto de producir un rexurdir das teses da esquerda, esas que falan dunha economía planificada na que a clase traballadora domine os medios de produción e na que o capital humano -e o capital planeta- prime sempre sobre o capital financeiro, está a producir un paradoxal reforzamento da ideoloxía ultraliberal -na que incluímos a dos neocons e a dos socialdemócratas, sexan ou non reformistas-, principal causante deste insoportábel tsunami que asolaga dereitos sociais, postos de traballo e unha longa listaxe de decisións democráticamente adquiridas ao longo das últimas décadas. Leer más…
Logo do recuncar da dereita máis reaccionaria na Galiza e da posíbel volta do PP ao goberno do Estado en 2012, un só pode concluír que os movementos sociais transformadores deberamos manifestarnos -e mobilizarnos- decidida e publicamente en período de eleccións, xa sexan locais -onde podemos ter máis grao de incidencia-, nacionais ou estatais; mais ca nada para evitar os retrocesos que chegan coa dereita. Leer más…
Se a semana pasada escribía eu sobre como o capitalismo cimenta o seu dominio cun uso indiscriminado do control discursivo -grazas aos medios de comunicación corporativos- e da represión das protestas e alternativas populares -cos recursos públicos desviados polos gobernos a tal fin- esta véxome na obriga de insistir doutra volta sobre a cuestión. Leer más…
Decenas de milleiros de persoas marcharon en Seúl o domingo 7 de novembro pedindo máis dereitos para os traballadores e traballadoras -ou para que non toquen os poucos dereitos que lles quedan- e para opoñerse á sinatura dun Tratado de Libre Comercio cos Estados Unidos. Leer más…
“Estas marcas destrúen o sector lácteo: Celta, President, Leyma, Solar, Río, Lauki, Société, Cremosita. Non as merques!” (falta La Lechera).
Leer más…
O 20 de febreiro de 2003, o xuíz Juan del Olmo ordenaba precintar o daquela único xornal en éuscaro, Euskaldunon Egunkaria, pola súa suposta colaboración con ETA. Unha censura en toda regra, como se demostrou sete anos despois, cando a Audiencia Nacional absolvía os cinco directivos procesados. Porén, o dano xa estaba feito. Ou non? Leer más…