Jueves, 16 de junio de 2011
“Em uma década, o Fórum Social Mundial evoluíu bastante. Começou centrado na ideia do neoliberalismo, o que para muitos nem era uma crítica ao capitalismo, era uma crítica ao capitalismo selvagem. Ora, um capitalismo de rosto humano é a mesma coisa que um tigre vegetariano”. A frase, da que xa dei conta algu- nha vez, parte dunha das xeniais reflexións de Boaventura de Sousa Santos, nun seminario sobre a busca de paradigmas de civilización alternativos acontecido en Dakar en febreiro. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, democracia, foros sociais, movementos sociais, neoliberalismo
Viernes, 27 de mayo de 2011
Este domingo, 29 de maio, entrégase o Pedrón de Ouro a Lidia Senra, muller, labrega, activista, xusta. Quero recuperar un miúdo texto que escribira hai uns meses, logo de que Tareixa Ledo escribira un fantástico libro: Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, agrarismo, ecoloxía social, movementos sociais, sindicalismo, sindicato labrego galego
Martes, 24 de mayo de 2011
O resultado dos comicios municipais que se veñen de celebrar na Galiza –e a análise, con salvedades, podería servir tamén para case todo o Estado español, Euskal Herria á parte– confirma fundamentalmente dúas cousas. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, democracia, especulación, movementos sociais, nacionalismo
Lunes, 23 de mayo de 2011
Hai unhas semanas escribía aquí sobre as dúas eivas, ou ausencias, que eu detectaba nas propostas de movementos como o 12 de Março portugués, o Uncut británico ou o 15M no Estado español. Todos nacen contra a ineficacia política, os recortes e esa ditadura dos mercados que crea lexións de precarios e precarias con mínima capacidade decisoria. De aí o de “Democracia Real Xa!”. Porén, por agora afondan pouco en cuestións como a xustiza social co Sur e a xustiza ambiental, piares primordiais para a mudanza social do sistema-mundo. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, capitalismo, ecoloxía social, movementos sociais
Jueves, 19 de mayo de 2011
Nesta semana que remata deixounos, coa mesma dignidade coa que viviu, Ramón Fernández Durán, fundador de Ecoloxistas en Acción e todo un faro-guía, compás quizais, para quen concordamos en que cómpre superar este sistema capitalista, xerador da maior crise socioambiental da historia da humanidade, ou da historia natural. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, ecoloxía social, movementos sociais
Jueves, 19 de mayo de 2011
Que a supervivencia do capitalismo, malia que sexa en estado comatoso, depende en boa medida da socialización das perdas e a privatización dos beneficios -acompañadas, claro, dun déficit democrático cada día máis abraiante- é un feito irrefutábel e sobradamente demostrado dende que se inventaron os cartos, mais especialmente nestes tempos de fascismo financeiro e mediocridade política. Porén, é evidente que esta salvaxe práctica de espremer o común sería imposíbel sen unha dose ben aplicada de adoutrinamento -e tamén escravismo- social. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, decrecemento, movementos sociais
Domingo, 1 de mayo de 2011
O pasado 12 de marzo a mocidade portuguesa saiu ás rúas para protestar pola súa situación de precariedade, que inclúe o desemprego e o “quinhentoseurismo”, e para esixir a políticos, empregadores e a si mesmos actuacións conxuntas para mudar unha realidade insustentábel, como definía o breve pero exitoso manifesto da Geração à Rasca. A protesta xurdiu dunha convocatoria de tres mozos e unha moza no Facebook e disque xuntou a 500 mil persoas. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, democracia, movementos sociais, política, Unión Europea
Viernes, 1 de abril de 2011
Mentres no Norte se produce unha agresiva recesión ou total perda de moitísimas conquistas sociais adquiridas no último século; en moitos países do Sur, co indiscutíbel liderado dos latinoamericanos, avánzase coma nunca antes na historia na liberación social. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, foro social mundial, foros sociais, movementos sociais, neoliberalismo, Unión Europea
Domingo, 27 de marzo de 2011
Os movementos altermundistas levan denunciando dende hai xa tres lustros os perigos do capitalismo especulativo e financiarizado -ou virtual- que, como se augurou dende os foros sociais mundiais, rematou mergullado nunha desfeita económico-financeira que afecta sobre todo aos máis pobres do planeta.
Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, ecoloxía, foro social mundial, imperialismo, movementos sociais
Lunes, 21 de marzo de 2011
Galiza Contrainfo: Falamos sobre descrescimento com Manoel Santos, director da revista digital Altermundo. Palestra completa. Un par de vídeos: Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, decrecemento, movementos sociais