Viernes, 23 de julio de 2010
Láiase hoxe Miguel Anxo Fernán-Vello no seu caderno aberto de que os mercados financeiros mundiais actúan como un Goberno Mundial na sombra, e de como os Gobernos “dun tempo a esta parte, adoitan renderse ao xugo imposto e seguiren as pautas marcadas polo Fondo Monetario Internacional e polos señores que, á par, dirixen os mercados financeiros”. E non lle falta en absoluto razón. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo banco mundial, especulación, FMI, neoliberalismo
Martes, 25 de mayo de 2010
As dúas cuestións centrais sobre as que vén xirando o devir político e económico nos últimos tempos veñen demostrar que a suposta modernidade democrática e social acadada polo Reino de España nos últimos 30 anos, ten pouco que ver cunha visión obxectiva do que é esta fráxil unión (forzada) de nacións, e moito que ver coas teses que fixeron do apelido de Nicolás Chauvin un ridículo apelativo, ben inserido no pensamento españolista do antedito período. Isto é, a crenza narcisista, case paranoica e ben mitómana, de que España é un Estado de modélica e consolidada democracia, moi moderno e cunha sociedade madura que vive nunha situación moi achegada ao ideal da igualdade. Xa non queda lugar para tal chauvinismo. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo españa, FMI, garzón, globalización, neoliberalismo, zapatero
Miércoles, 28 de abril de 2010
Os chamados programas de axustamento estrutural fan fundamentalmente referencia ás condicións impostas polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e/ou o Banco Mundial a un país para darlle respaldo financeiro en forma de axudas –que realmente son créditos a intereses abusivos– para afrontar un problema de pagamentos internacionais e, deste xeito, non ficar fóra do sistema. Xurdiron a comezos da década de 1980 como resposta das institucións de Bretton Woods á crise da débeda, e sobre o papel tentaban corrixir o que se consideraban excesivos déficit dos orzamentos públicos e das balanzas de pagamentos. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo FMI, globalización, Unión Europea